A semana pasada foi moi, moi intensa...todo o alumnado do cole nos escapamos de excursión!!
Dende infantil a 4º de primaria, puideron disfrutar dun fermoso día de convivencia coñecendo algúns recunchos da Ribeira Sacra a bordo do seu catamarán para despois rematar na fermosa Praia da Cova.
Unha xornada preciosa en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras.
Pola outra banda, os máis maiores do cole nos fomos de ruta polo norte de España...
Puidemos coñecer lugares tan fantásticos como: Santander, o parque natural de Cabárceno, as covas de Altamira, as Covas de El Soplao, o forestal park e máis o Museo do Xurásico...
Sen dúbida fermosísimas lembranzas que permanecerán na
Velaquí vos deixamos o traballo realizado polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, coa axuda do seu mestre de música, reivindicando a lingua galega no noso día a día.
O pasado xoves 16 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, con todo o alumnado do centro, celebramos un festival para homenaxear as nosas letras.
O festival comezou cunha exposición do alumnado de 5º e 6º de primaria, quen nos contou a vida e obra do escritor homenaxeado neste 17 de Maio de 2019, Antón Fraguas Fraguas.
O festival continuo coa representación dunha obra teatral adaptada do libro de "Iriña, bailarina", (escrito por Cristina Justo e Paloma Rodríguez, dúas escritoras galegas), por parte do alumnado de infantil. Esta obra reinvidica a importancia de eliminar os estereotipos de xénero asociados aos xogos infantís e ao deporte.
A continuación, foi o turno do alumnado de 1º e 2º de primaria que nos deleitaron cunhas bonitas cancións tradicións galegas e máis un baile rexional.
Así como tamén o alumnado de 5º e 6º interpretou un trap "Fala galego, fala" que reivindica a nosas orixes lingüísticas.
O que deu paso a interpretación do alumnado de 3º e 4º de primaria da obra "Non me contes, contos"; recollendo dun xeito moi gracioso os problemas que teñen os protagonistas dos contos populares no seu día a día.
E xa por último, o alumnado de 5º e 6º fíxonos rir á esgalla co seu número de Natación Sincronizada, aínda que previamente nos estiveron a deleitar coas súas dotes ximnásticas durante unha exhibición de Acrosport.
Este festival coas familias, serviunos para mostrar os distintos traballados realizados no segundo e terceiro trimestre coas novas tecnoloxías:
- Grabamos o programa de "Zapeando no Monte Baliño"
- Contamos o conto de "Sopa Verde" coa axuda do croma.
- Pasamos un diaporama con fotografías de todo o curso.
- E ademáis....aproveitamos un chisquiño para "despedir" ao alumnado de 6º de Primaria a través dunha bonita presentación de fotografías dende que chegaron á escola.
Xa para rematar esta intensa mañá, agasallamos a dous dos nosos alumnos (Alejandro e Cristina) cunhas fotos que meses atrás foran premiadas no concurso de fotografía da Ribeira Sacra.
" Son este tipo de vivencias o que fai que a nosa escola teña vida e que todo o traballado pague a pena".
Víchedes que way nos quedou o noso programa de televisión??
O alumnado de 4º de Primaria a 6º de Primaria estiveron preparando un divertidísimo programa de televisión "Zapeando no Monte Baliño", dende o cal, cun guión moi traballado, conseguiron sacarnos unha sonrisa a todos os presentes.
Eles mesmos participaron no proceso de redacción do guión así como tamén na grabación dos diferentes contidos a través do Chroma.
E o resultado...non podía sermellor...
AQUÍ VOLO DEIXAMOS!!
ESPERAMOS QUE O DISFRUTEDES TANTO COMO NÓS, FACÉNDOO!!
Os premiados durante a pasada Olimpiada Interxeneracional, organizada en colaboración co Centro de Día de Pantón, recibiron a visita do noso alcalde Jose Luiz Álvarez, quen lle otorgou as súas preciadas medallas.
Ademáis, os máis pequenos da primaria, animáronse a grabar un pequeno programa de radio, falando da súa experiencia nesta emotiva xornada. Coa que ademáis participarán no I Concurso de Podcast impulsado dende Bibliotecas Escolares.
Unha das iniciativas ás que nos acollimos este curso escolar dende a Biblioteca, foi a de participar no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, promovido pola Consellería de Educación.
Do fruto desta iniciativa, estableceuse unha moi boa relación cos usuarios e usuarias do Centro de Día, o cal nos brindou a oportunidade de compartir o pasado martes, un momento de ocio grazas ás Olimpiadas Interxeneracionais organizadas no Pavillón de Ferreira por parte do Centro de Día, pola conmemoración do seu XX Aniversario.
Todos xuntos, maiores e pequenos, poidemos desfrutar dos xogos tradicionais galegos: a corda, a chave, a ra, o tres en raia....
Os nosos cativos disfrutaron de grandes momentos xunto aos usuarios do Centro de Día .
Dende aquí, queremos agradecer públicamente ao Centro de Día por esta invitación.
No enlace seguinte podedes ver un pequeno vídeo recopilatorio destes momentos.
Non podedes imaxinar a ilusión que lles fixo recibir un sobre cheo de cartas para cada un deles.
Dende o mes de Marzo, o alumnado de 5º e 6º do noso cole, estase a cartear co alumnado do CEIP San Clodio .
Cartas escritas tanto en galego coma en inglés, para fomentar o uso de ámbalas linguas e as boas prácticas da escritura.
Para moitos deles, está a supoñer unha nova experiencia o feito de ter que esperar a recibir respostas non tan inmediatas así como traballar a estructura que deben ter as cartas.
Unha moi boa iniciativa por parte de ámbolos centros para conseguir tender pontes entre o alumnado.
Dende o ano 1967, o día 2 de abril, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Nesta data, búscase promocionar os bos libros infantís e xuvenís así como promocionar a lectura entre os máis novos e novas.
Co fin de seguir espertando emocións a través dos contos, durante as semanas previas, os máis pequeniños do noso cole, estivéronnos a organizar unha bonita sorpresa relacionada co conto de Elmer, de David McKee.
Durante esta semana, co galo da 8ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, estivemos a traballar sobre a importancia do coidado do noso medio ambiente, facendo un especial fincapé na importancia da conservación da nosa natureza.
Para iso, grazas aos materiais doados pola Deputación de Lugo, estivemos a ler os libros:O poder da augade Xose A. Perozo, para o alumnado de primaria.
A camiñada de Pin e Gas de Xose A. Perozo, para o alumnado de infantil.
Ademáis, aproveitamos para plantar un fermoso bidueiro o que lle puxemos de nome "Chirri"
Como cada 21 de marzo, dende a escola celebramos o Día Mundial da Poesía, decretado pola UNESCO no ano 1999, co fin de fortalecer a cultura, especialmente dende a arte.
Coincidindo co mes adicado ás mulleres, os/as maiores do cole, recitaron algúns dos poemas que eles mesmos elaboraron durante as semanas previas.
O alumnado de 1º e 2º de primaria, recitou en grupo o poema "Mulleres", creado por Rubén Pedrido, un dos nosos alumnos de 5ºEP..
E os máis pequechos do cole, conseguiron recitar unha pequena poesía que converteron en canción sobre un dos contos que estamos a traballar neste días na aula, "Elmer" de David McKee adaptado por Juan Rafael Muñoz Muñoz.
Todo o cole, no día de hoxe, acudimos ao Centro Cívico de Monforte, convidados polo CIM e en colaboración co colectivo "Lemos Le" para a presentación do libro de Genoveva González Prieto, o cal xunto cos centros educativos e as bibliotecas tanto de Monforte como da comarca de lemos, axudamos a ilustrar durante o ano pasado.
Este ano, a muller escollida para conmemorar no Día da Muller, foi Genoveva Gonzalez Prieto, unha mestra de Bóveda que loitou polos dereitos de todos os cativos e cativas da comarca a ter unha educación de calidade.
Cómpre dicir que o próximo ano, o 8 de Marzo será adicado a Inés Fernández, abadesa na nosa vila no século XV.
Unha moi boa iniciativa que consegue
poñer en valor ás mulleres máis destacadas da nosa Comarca.
Aquí vos deixamos un pequeno podcast onde se recolle o traballo realizado polo alumnado de 5º e 6º de educación, destacando a distintas mulleres da nosa historia.
Con
eles aprendimos que os RAEE non se deben tirar no monte, nin ao lixo
senón que deben levarse ao punto limpo ou ben, que poden ser recollidos
na tenda onde se compran os novos electrodomésticos.
Ademais, todos nós recibimos un súper agasallo de parte dos Bolechas e un carné RAEE dos Bolechas para nos converter en pequenos e pequenas embaixadores da reciclaxe dos RAEE.
Se queres saber máis información, fai click no seguinte enlace:
Co galo do Entroido, acudimos ao Centro de Día de Pantón a elaborar as nosas comadres e compadres.
Unha bonita tradición que quixemos manter un ano máis pero esta vez coa axuda dunhas mans expertas, grazas ao Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, no cal participamos.
Pasamos unha moi agradable mañá en compañía dos maiores da nosa vila, que nos estiveron contando moitas anécdotas e historias sobre o Entroido na Vila.
Este curso 2018/19 o noso centro está a participar no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias promovido pola Consellería de Educación.
Dito programa ten por obxectivo fomentar o voluntariado cultural así como de estimular a experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.
Nesta ocasión, o alumnado está a participar no
deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura co Centro de Día de Pantón así como coa Escola Infantil da Galiña Azul da nosa vila.
A última actividade que fixemos o pasado martes foi mostrarlles o traballo que habíamos preparado para o Día da Paz co teatriño de marionetas de "La guerra de los ratones".
Co eido da Día da Paz, dende a Biblioteca levamos a cabo o "Certame de contos pola paz", o cal consistía na elaboración dunha pequena historia que transmitese os valores de paz e convivencia.
Para isto, aproveitando o "Apadrinamento Lector" cada parella foi escribindo a súa pequena historia.
O día 31 de xaneiro, como parte da celebración do Día da Paz, escollimos aos gañadores do certame, limos para todos as súas pequenas obras e agasallámolos cun pequeno presente que lles servirá para seguir inventando moitas máis historias.
Durante estes días estivemos lendo un libro na biblioteca do colexio (ARTURO E CLEMENTINA). Isto fixémolo lendoo todos xuntos, a través do apadriñamento lector, poñéndonos un maior cun pequeno .
Logo fixemos uns carteis con palabras positivas e negativas de Arturo e Clementina.
Os nenos e as nenas máis pequenos/as fixeron unhas bonitas tartarugas e pintáronas.
Os carteliños que fixemos pegámolos na tartaruga correspondente segundo a súa forma de ser.
Os nenos e as nenas de 3· e 4·cantaron unha canción titulada "Una puerta violeta", de Rozalen .
Ademáis, fixemos un corto mudo sobre momentos nos que se exerce violencia de xénero.
Xa todos sabemos que hai que respetar aos nosos compañeiros , a nosa familia ,aos/as profesores e profesoras, E SOBRE TODO AS MULLERES