martes, 28 de noviembre de 2023

25 de Novembro

 O 25 de novembro é un día marcado no noso calendario todos os anos para visibilizar, reivindicar e berrar ben alto que estamos en contra de calquer tipo de violencia, de discriminación, reixaitando todo aquelo que é contratio a comvivencia pacífica e respectuosa, ademais de afectividade e amor entre as persoas indepentientemente do seu sexo, raza, situación individual, social, etc…

Unha das propostas foi convertirnos en superherores e superheroínas e identificar todo tipo de conductas agresivas e contrarias ao respecto, convivencia e amor!

Elaboramos un atuendo especial para visiblizar ese día! Ademais de crear un vídeo no que se reflicte que comportamentos non debemos permitir e cales si!



Durante toda a semana a biblio saiu ao patio con libros relacionados coa temática que conmemoramos o 25 de Novembro.





Este ano ademais doutras actividades, o alumnado de quinto e sexto tivo a sorte de recibir unha formación moi especial a cargo de Ginko, comunicación e educación.

Durante toda a xornada o alumnado, previo escolla dun libro relacionado coa temática anteriormente citada, estiveron analizando, estructurando e montando un vídeo promocional para aconsellar sobre a lectura desa obra.

Este é o resultado, magnífico! Estamos moi agradecid@s a Roi e a María pola super formación que lle ofreceron ao alumnado e materia de creatividade audiovisual!

Videos de taller creativo

martes, 21 de noviembre de 2023

Ímonos de excursión!

 Dentro do noso PDI, coñecendo a provincia de Lucus Augisti, este ano estamos exeplorando as diferentes explotacións gandeiras que temos na nosa contorna, e observando a diferenza que existe entre a gandeiría intensiva e extensiva.

Esta semana acercámonos a Mañente, a unha pequena granxa na que vivimos un momento moi especial, a chega dunha nova vaquiña ó mundo! 

Ademais de poder coñecer aos burrus, cabalos, unha camada de pequenos manstins, as pitas e galos, e aos porquiños, tivemos a inmensa sorte de ter unha verdadeira clase de bioloxía en directo!

Pasámolo en grande, ata lle puxemos nome á pequena, dende agora será Baliña a vaquiña!

Mil grazas Xosé por este día tan chulo!



viernes, 17 de noviembre de 2023

Agradecementos e premios polos concursos do Samaín

Por fin e tras unha intensa votación, dada a afluencia de participantes e as súas fantásticas aportacións, Poñemos nome e cara aos premiados e premiadas….

Categoría MELLOR DEBUXO MEDORENTO:

*Irene (infantil)

*Enol (1º primaria)

*Xavi (2º primaria)

Categoría MELLOR LENDA TERRORÍFICA:

*Ronja (4º primaria)

*Jimena (5º primaria)

*Lila (6º primaria)

Categoría MELLOR CREACIÓN MONSTRUOSA:

*Kayuh (1º primaria)

*Ian (2º primaria)

*Mencía (6º primaria) 

Agradecementos para todos e todas os/as participantes e as súas familias por colaborar e NORABOA aos premiados/as desta volta.









domingo, 12 de noviembre de 2023

Magostoliño!

 Polo San Martiño… magosto queridiño!

E chegaron as castañas, ou chourizos, as brasas e a festa ao noso cole!

Un ano máis desfrutamos da nosa tradición e pasamos unha xornada preciosa de convivencia e compartir risas, xogos, bailes…nunha palabra..MAGOSTO!





miércoles, 8 de noviembre de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO!

 Na nosa biblio non faltan actividades este mes, non damos feito!

A semana que ven participaremos por aulas nunhas olimpíadas científicas para conmemorar o mes da ciencia en galego, preparadas polo equipo de biblioteca e adaptadas a cada unha das idades!

Preparaivos que pronto poremos en xogo o voso inxeño!



Post de Instagram Mujeres científicas dibujo vector lila de CEIP Monte Baliño

miércoles, 1 de noviembre de 2023

Samaín no Monte…

 Nesta festa sempre o pasamos de medo!,

O noso cole encheuse de personaxes monstrosas, zombis, dráculas e morcegos, catrinas, meigas e gatos negros, uuuuhhhhhhhh!

Despois de preparar a josas merendas medorentas baixamos todas e todos ao patio á xenial degustación, e ali todo o alumnado e profesorado desfrutamos dun momento terroificamente perfecto!

Despois de comer tivemos talleres de actividades moi horripilantemente divertidos, bailes, pinturas, actividades en inglés e xogos, acabamos facendo un gran baile de extrañas criaturas no patio e celebrando por todo o alto o noso Samaín 2023.



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...