sábado, 29 de octubre de 2022

A lenda do Gatipedro!

 Este ano para celebrar o día das Bibliotecas, organizamos unha super busca da apócema secreta que servirá para espantar ao gatipedro…

Seguindo co noso PDI, sobre a cultura galega, recuperamos a historia deste personaxe tan peculiar que forma parte da nosa mitoloxía.

O alumnado escoitou a historia wue guiaba toda a busca, e con axuda das lanternas máxicas e sabendo como se organizan os recursos da nosa biblio tiveron que buscar o cofre que contiña o remedio para espentar ao gatipedro.

Que ben o pasamos un ano máis!




Conto medo!

 Rematamos esta semana co último conto, “A miña amiga escuridade”, que Lai! Thigo, Jairo e Paulo, nos contaron con tanto xeito!

Estes rapaces e rapazas van para artistas! Grazas compis!



Madrugador@s creativ@s!

 O noso alumnado do plan madruga, traballa dende o primeiro minuto que chega ao cole, son uns artistas, e asi elaboraron unhas arañas xigantes durante estes días de Samaín, aqui vos deixamos o resultado, tamén lucidno os seus mellores disfraces!




jueves, 27 de octubre de 2022

Conto medo!


 Hoxe foi xenial, os rapaces de quinto xunto con un compañeiro de sexto, fixeronnos trepidar con este conto tan chulo sobre a rúa dos monstros, na que cada un ten unha cousa que ensinar e cada un conta unha historia!

Moitas grazas chicos, un pracer monstruoso!!!!

Conto medo!

O mércores deleitáronnos as chicas de quinto con este conto monstroso, que ben o fixeron e como nos gustou esta nova adquisición da biblio, "Un fantasma en la isla" de Blanca Millán e Paula Carballeira!

Moitas grazas chicas, que ben e que sorte de ter tan boas contadoras de historias!

martes, 25 de octubre de 2022

Conto medo!


 Seguimos coa nosa semana monstruosa, na que o alumnado de quinto e sexto nos deleite coas súas dotes de contacontos!👏👏👏

Hoxe foi o turno de Miriam e Vicky, que nos achegaron unha historia de medo e ledicia, protagonizada por Rufus de Tomy Ungerer, un morcego moi singular!!

Que ben o fan, moitas grazas chicas!!!



lunes, 24 de octubre de 2022

Conto medo!

 E hoxe comezou a nosa semana de Samaín, Manu e Adri foron os encargados de transportarnos a un mundo de medo a través do seu bo facer e da maneira tan especial que nos contaron este conto!

Os Esqueletos divertidos de Janet e Allan Alghberg foron a historia elexida para dar o pistoletazo de saída ao noso tempo terrorífico!

Que nos deparará mañá…

Grazas Amu e Adri porque o fixestes horripilantemente ben!!!!



Día das bibliotecas!

Esta data è para celebrar por todo o alto e como non podía ser menos dende o Colectico Lemos Le, tamé o festexamos!

Aqui voa deixamos a escolma dunha gran iniciativa e da xuntaza á que tantas ganas lle tiñamos por fin!!!

http://lemosle.blogspot.com/2022/10/dia-da-biblioteca-2022_24.html?m=1

Tamén deixamos por aqui a entrevista que lle fixeron a Anton Lopo, o autor so texto que figura este ano nos nosos marcapáxinas! Grazas!!!!

https://lemosle.blogspot.com/2022/10/anton-lopo-texto-agasallo-para-o.html?m=0

viernes, 21 de octubre de 2022

Conto medo!!!

Este ano por fin podemos volver as nosas lecturas de biblioteca, todos e todas xuntos que tanto nos gustaban!

Así que a programación é interesante, cada día teremos un contacontos na biblio, pola cortesía do noso alumnado de quinto e sexto...que vos deixarán os pelos de punta...


Poster Fiesta de Disfraces Halloween Ilustrado Divertido Morado Naranja de CEIP Monte Baliño

martes, 18 de octubre de 2022

CONCURSO DE SAMAÍN

Como todos os anos por estas épocas, chegan os nosos concursos de Samaín, como nos gusta esta celebración, ji ji ji!!!

Este ano, tendo como base o noso proxecto de centro, como é a cultura galega, lanzamosvos un reto!

Poñei na apózema un pouco de imaxinación, cunha pizca de historia galega, engadídelle uns cantos ollos de morcego, puñado de Santa Compaña, non esquezades tamén un chis de lobishome e por último, como toque final, unhas patiñas de Meiga!!!

Partindo do noso Samaín e dos seus personaxes, tedes ata o 26 de OUTUBRO, para traer ao cole a vosa personaxe mosntruosa,utilizando MATERIAL DE REFUGALLO, relacionada e creada dende as historias galegas de este día de mortos!!!


Póster Halloween Divertido Negro de CEIP Monte Baliño

Concerto de violín

🎻O venres 14 tivemos o pracer de asistir a un concerto de música de violín e de viloncello en Monforte!

A través dun recorrido pola pintura barroca, acompañado da melodía dun violín e un violoncello, fixeron vibrar ao noso alumnado!

Que boa e melodiosa mañá pasamos!



 

lunes, 17 de octubre de 2022

Día das escritoras

Este ano para conmemorar o día das escritoras o 17 de outubro, ademais de traballos de aula, lecturas e afondar sobre a vida de escritoras cercanas, preparamos unha pequena exposición, na que se recollen títulos que nos deixan ver claramente, a cantidade de obras e libros que están escritas por mulleres, aquí queda unha pequena escolma, pasai a botarlle un ollo!!!

 

As mochilas atacan de novo!!!!

 Aqui estamos de novo, Lerín tennos casi listas para empezar a visitar os fogares, as mochilas que veñen e van, cheas de libros, de descubrimentos, etc...este ano ademais levan algunha sopresa....

ATENT@S que en breve chamarán as vosas portas!!!


viernes, 7 de octubre de 2022

Ciencia e tecnoloxía!

 O noso alumnado de quinto e sexto converteuse en inxeñeiros e inxeñeiras, e deseñaron máquinas simples ou compostas con material de refugallo, coa sús correspondente explicación e demostración.

Aqui vos deixamos unha mostra!




Entrega dos novos carnets e un agasallo sorpresa!

 Lerín, este ano, preparounos uns carnets novos chulísimos!

Tamén foi a coñecer ao alumnado de tres anos que acaba de chegar ao cole, e como é moi bo e encántalle que leamos moito, agasallou a todo o alumnado cun exemplar do noso xornal escolar PAPAGAIO, que temos a sorte de ter na biblio para aprender e descubrir un montón de cousas novas!

Que ledicia nas súas caras!



Semana do libro!

  Dentro desta semana teremos diversas propostas relacionadas co 23 de Abril día do libro. Unha delas son as lecturas familiares, que nos en...