lunes, 29 de abril de 2019

O Patrimonio Cultura de Pantón

Seguimos coa nosa andaina na Radio

Paseniño, paseniño está a supoñer unha gran experiencia para o noso alumnado.

Desta vez, as alumnas de 5º de Primaria: Sofía, Blanca e Cristina, atrevéronse a indagar no mundo da radio e fixeron elas mesmas a ESCALETA DO PROGRAMA. 

O tema escollido por elas, nesta ocasión foi o Patrimonio Cultural do noso Concello.

Con este podcast, participarán no I Concurso de Podcast - Radio na Biblio.

Ogallá teñan moita sorte!!

Podedes escoitalo premendo no seguinte enlace:


martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro - 23 de abril



Por mór do choiva, tivemos que aplazar  a nosa Feira do Libro de Segunda Man pero isto, non nos impediu que os máis cativos da escola, celebrasen o seu particular Día do Libro, da man das personaxes do libros máis clásico da literatura infantil.

viernes, 12 de abril de 2019

Egg Hunter

   Aproveitando que Jamaica, a nosa auxiliar de conversa, aínda está no cole con nós... Fixemos un clásico xogo nestas datas... "A búsqueda dos ovos de Pascua" ou como se coñece nos países de fala inglesa "Egg Hunter".
Por equipos, cada un dos alumnos e alumnas do cole tivo que ir na busca dos seus ovos de Pascua, axudados por un mapa... 



Coa axuda de todos, conseguiron achar tódolos ovos sen que antes se derretisen!!


Unha doce maneira de comenzar estas vacacións!!

Vémonos á volta!



Visita a "Os Trollos"

O pasado xoves 11 de abril, todo o alumnado do cole visitou o Vivero Forestal de Os Trollos ( Concello de Bóveda) onde puidemos disfrutar dun estupendo día na natureza.









Na aula forestal, aprendimos cal é o ciclo completo da producción de madeira, dende a recolección e a sembra de sementes, pasando polos traballos de poda, desbroce...e finalizando co producto resultante deste proceso, a pasta de papel ou chapeados.


Ademáis, os maiores puideron facer un fermoso percorrido a pé polo viveiro forestal onde foron coñecendo as variedades vexetais cultivadas neste terreo.






jueves, 11 de abril de 2019

Premios da Olimpiada Interxeneracional



Os premiados durante a pasada Olimpiada Interxeneracional, organizada en colaboración co Centro de Día de Pantón, recibiron a visita do noso alcalde Jose Luiz Álvarez, quen lle otorgou as súas preciadas medallas.






Ademáis, os máis pequenos da primaria, animáronse a grabar un pequeno programa de radio, falando da súa experiencia nesta emotiva xornada. Coa que ademáis participarán no I Concurso de Podcast impulsado dende Bibliotecas Escolares.

Podedes escoitalos premendo no seguinte enlace:



miércoles, 10 de abril de 2019

Olimpiada Interxeneracional

Unha das iniciativas ás que nos acollimos este curso escolar dende a Biblioteca, foi a de participar  no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, promovido pola Consellería de Educación.
Do fruto desta iniciativa, estableceuse unha moi boa relación cos usuarios e usuarias do Centro de Día, o cal nos brindou a oportunidade de compartir o pasado martes, un momento de ocio grazas ás Olimpiadas Interxeneracionais organizadas no Pavillón de Ferreira por parte do Centro de Día, pola conmemoración do seu XX Aniversario.
Todos xuntos, maiores e pequenos, poidemos desfrutar dos xogos tradicionais galegos: a corda, a chave, a ra, o tres en raia....
Os nosos cativos disfrutaron de grandes momentos xunto aos usuarios do Centro de Día .
Dende aquí, queremos agradecer públicamente ao Centro de Día por esta invitación. 
No enlace seguinte podedes ver un pequeno vídeo recopilatorio destes momentos.

Que o disfrutedes!







martes, 9 de abril de 2019

Cartas de volta e ida!



Seguimos co noso proxecto de enviarnos cartas co CEIP San Clodio
Desta vez, aproveitando as datas nas que estamos, o noso alumnado elaborou unhas bonitas postais de Pascua en inglés, ademáis da carta escrita en galego onde os comentarios que máis se podían ler eran do tipo....

"Cando nos imos coñecer?"
Quedamos á espera de recibir as súas respostas de novo!







Concurso Debuxo Infantil Sober


Un ano máis, o Concello de Sober co galo da súa coñecida XXXIX Feira do Viño de Amandi, convidounos a participar no  V Certame de Debuxo Infantil.


Neste Certame tamén participou alumnado doutros centros como: CEIP Virxe do Carme de Pantón e do CEIP de Currelos. 



A nosa alumna Celia, de 4º de EP, acadou un áccesit polo seu bonito debuxo.




Dende aquí, dámoslle a nosa NORABOA por ese premio!! 









miércoles, 3 de abril de 2019

Cartas de ida e volta!


Non podedes imaxinar a ilusión que lles fixo recibir un sobre cheo de cartas para cada un deles.


Dende o mes de Marzo, o alumnado de 5º e 6º do noso cole, estase a cartear co alumnado do CEIP San Clodio .



Cartas escritas tanto en galego coma en inglés, para fomentar o uso de ámbalas linguas e as boas prácticas da escritura.


Para moitos deles, está a supoñer unha nova experiencia o feito de ter que esperar a recibir respostas non tan inmediatas así como traballar a estructura que deben ter as cartas.



Unha moi boa iniciativa por parte de ámbolos centros para conseguir tender pontes entre o alumnado.











martes, 2 de abril de 2019

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Resultado de imaxes para 2 abril 2019 día libro infantil
Dende o ano 1967, o día 2 de abril, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Nesta data, búscase promocionar os bos libros infantís e xuvenís así como promocionar a lectura entre os máis novos e novas.


Co fin de seguir espertando emocións a través dos contos, durante as semanas previas, os máis pequeniños do noso cole, estivéronnos a organizar unha bonita sorpresa relacionada co conto de Elmer, de David McKee.

Aquí vola deixamos! Que a disfrutedes moito!



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...