jueves, 31 de octubre de 2019

Contos medorentos

E hoxe como colofón final, para poñer o broche de ouro dunha semana terrorífica, contounos unha historia moi bonita, Danielle, a nosa compañeira de Canadá, coa que contamos no centro dous días a semana, e que nos axuda coa lingua inglesa! Thank you Danielle!

martes, 29 de octubre de 2019

Contos medorentos

Vaise achegando Samaín e nós seguimos quentando motores cos nosos contos medorentos...
A mestra Cris deleitounos hoxe cunha historia fantástica..."A figueira de Pelostortos"...canto lle gustou aos cativos e cativas!


lunes, 28 de octubre de 2019

Contos medorentos

Hoxe a nosa compañeira Sara, agasallounos con un conto moi chulo titulado "Mortiña",  deixounos coa boaca aberta. Grazas profe Sara!


domingo, 27 de octubre de 2019

Busca do Tesouro

Hoxe, seguimos conmemorando o día da biblioteca, así que plantexamos unha pequena busca do tesouro, con premio incluido, coa finalidade de que todas e todos coñezan os recunchos e elementos clave utilizados na nosa biblio.
Dende o alumnado de infantil, ata o de primaria, participaron e pasarono pipa, buscando o tesouro do "Capitán Patacoxa"!



viernes, 25 de octubre de 2019

jueves, 24 de octubre de 2019

Subindo polas letras

Hoxe para celebrar o día da biblioteca, tamén fixemos un traballo en equipo moi especial...
Buscamos frases ou citas de libros que nos gustaran e representaran e decoramos as nosas escaleiras, de xeito que cada día sexa unha subida cara unha nova aventura!

Que é biblioteca?

Hoxe 24 de Outubro, celébrase o "Día da biblioteca", por iso durante a xornada de hoxe tivemos algunhas actividades relacionadas coa nosa BIBLIO-BALIÑO!
Queredes ver que é para nós a biblioteca?



Contos medorentos

Onte mércores, a nosa mestra Ana, foi a mestra de ceremonias, ela e o seu bó facer contoulle a todo o alumnado unha historia de medo...pero non tanto!

martes, 22 de octubre de 2019

Contos medorentos

Seguimos cos nosos recreos amenizados polos mestres e mestras contando unhas hitorias de medo moi especiais...

Hoxe visitaron o noso cole....
Resultado de imagen de os tres bandidos
Asi estaba de chea a nosa biblio!!!

Despois do conto tivemos a unha espontánea que se animou a contar unha graciosa historia de medo!
Canto arte tes Sofía!





lunes, 21 de octubre de 2019

Contos medorentos...

Como xa anunciamos, acércase Samaín, asi que todos os días nos recreos temos unha lectura moi especial, de un conto de medo...
Asi estaba hoxe a nosa biblio mentras unha das profes...contaba o conto de "Carabuñas"
UHHHHHHHH!


Biblioaxudantes!

Continuamos coa presentación dos biblioaxudantes deste novo curso, ainda que todo o alumnado bota unha man a hora de manter organizada e en perfecto estado a nosa biblio-Baliño!




XA TEMOS MASCOTA!

TACHÁN, TACHÁN!!
Xa temos unha super mascota, despois dunha votación de todo o colexio, e dun axustado escrutinio, a gañadora é.....LERÍN



A artista que o realizou foi Blanca, alumna de sexto de primaria, noraboa!
Moitas grazas a todas e a todos os que partcipastes nesta actividade tan especial!!!
Presentámosvos a LERÍN!

jueves, 17 de octubre de 2019

BIBLIO-MEDO

ATENCIÓN, ATENCIÓN...DENDE O CASTELO TENEBROSO DE MONTE BALIÑO, INFÓRMASE...

CARTEL DE CHEO

Hoxe os nosos biblioaxudantes tiveron moito traballo, a nosa biblio chea de novidades, colgou o cartel de completa, aqui vós deixamos unha mostra de como estaba na hora do recreo.
Vivan os libros e viva a biblio Baliño!

sábado, 12 de octubre de 2019

Venres diferentes

Este venres comezamos co noso obradoiro de estoxos e carteiras feitos con material de refugallo, esto marcha!

Biblioaxudantes!

Esta semana os nosos biblioaxudantes, volveron a asesorar, prestar e colocar os libros na biblioteca, menuda sorte temos con estes nenos e nenas!


miércoles, 9 de octubre de 2019

GRAZAS FAMILIAS!

Esta semana estamos de noraboa!, a biblioteca encheuse de novos libros e xogos que as familias mercaron para ampliar os fondos da mesma, tedes un montón de novidades, vide a biblio a velos!
MOITAS GRAZAS!!

lunes, 7 de octubre de 2019

Venres de obradoiro

E seguimos con mais novas!
Os venres estamos preparando diferentes obradoiros e actividades durante o recreo, ás que todas e todos estades convidados a prticipar.
O primeiro obradoiro que temos para vós é.... para aprender a facer estoxos ou carteiras con material de refugallo, esperámosvos na biblio!

Banda deseñada

Durante este ano traballaremos centrándonos na temática do "Cómic ou banda deseñada".
Utilizaremos este fío condutor para diferentes actividades e celebracións que se levarán a cabo durante este curso.
En primeiro lugar iremos ampliando o fondo lector da biblioteca con libros novos de este xénero literario, dende material específico para os nosos pequenos como material mais complexo para o noso alumado mais experimentado.

Biblioaxudantes

A bibilio está a pleno funcionamento xa, e o alumnado é o protagonista de isto!
Os compañeiros e compañeiras de quinto e sexto, xa empezaron a exercer de "BILIOAXUDANTES".
Todos os MARTES e XOVES durante a hora do recreo, poderedes acercarvos a coller ou consultar libros á biblio, estes rapaces e rapazas asesoraranvos en todo o que precisedes, son uns axudantes estupendos!
Durante esta semana os encargados foron...

Volta ó cole!

Setembro...toca volver ó cole! Un novo curso cargado de emocións, novas aprendizaxes, actividades, compañeiras e compañeiros, etc...
Dende a biblioteca tamén vos damos a benvida a este curso 2019-2020, no que pouco a pouco iremos desvelando moitas actividades e novidades lectoras...
Non deixedes de mirar o noso blogue...haberá noticias frescas!!
De momento para empezar, a bliblio busca mascota, queres participar? Anímate!! Aqui podedes ver as bases do concurso!

Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...