miércoles, 29 de septiembre de 2021

Agasallo de inicio de curso

Dende o centro este ano agasallóuselle ao alumnado de quinto e sexto, cun pen drive para cada alumn@ e unha nova funda para os seus ordenadores.

De este xeito seguimos co noso proxecto de Edixgal, ampliando os recursos materiais necesarios para este proxecto tan enriquecedor!

Así de felices e contentos estaban!💻💻💻



Organización da Biblio Baliño

 Como todos os anos por estas datas, a nosa biblio comeza a espertar das vacacións!📚📚📚

Este ano vén cheo de moitas NOVIDADES, prestai moita atención a todo o que nos contan os rapaces e rapazas de quinto e sexto, @s biblioaxudantes, son quenes se encargan de que todo funcione correctamente, que os libros esten no seu sitio, que todo esté listo para cando vaidades a visitar a nosa biblio!🌟🌈

Moitas grazas rapazas e rapaces de sexto!👏🏻👏🏻👏🏻🎬📚





O nosos actores e actrices

Dende o ano pasado, debido a situación sanitaria, estamos obrigad@s a levar máscara mentras estamos no colexio!

Pero iso non quita que sigamos sorrindo cada día! 

Como precisamos vernos, no noso centro temos un mural precioso repleto de caras alegres de todos e todas cantos convivimos a diario!




martes, 28 de septiembre de 2021

O cine Baliño!

 Este ano afondaremos no mundo do cine, a través de diferentes propostas e actividades iremos dando forma a esta nova película que é o curso 2021-2022.

Para coñecer o reparto desta nova entrega, facemos un adianto e poñémoslle un sorriso a cada actor e actriz!

Rodando!🎬🎬🎭



jueves, 23 de septiembre de 2021

Kinetiko

 Volve a actividade ao Monte Baliño!

A semana pasada asistimos por turnos e grupos de conviencia a unha exposición moi peculiar, “KINETIKO”.

O proxecto parte dunha asociación entre un xogueteiro e un titiriteiro, que con moita creatividade e materias naturais, transpórtannos a un mundo de xogo autómata, como eles o definen, cheo de poleas, pancas e moito inxeño!

Moitas grazas, encantounos!



lunes, 13 de septiembre de 2021

A bibilioteca escolar ten a palabra

Este curso 2021-2022 estará guiado por esa premisa que nos chega dende bibliotecas escolares, "A Bibilioteca escolar ten a palabra". 

Con estas coordenadas navegaremos polas distintas augas das verbas, da sonoridade da palabra, da escoita, do silencio, da lectura, do podcast, etc... ampliando o noso repertorio de recursos orais, escritos e multimedia.

Este cartaz de Pablo Otero, acompañaranos durante todo o curso, asi que navegantes, agarrense ben as súas butacas de cine, que un novo ano da Biblio-Baliño comeza de novo!!


 


miércoles, 8 de septiembre de 2021

Un Curso de Alu-CINE!

 ...Mochilas cheas de ilusións e novos retos chegarán mañá ó Ceip Monte Baliño, despois dunhas vacacións máis que merecidas, de desconectar e deixar atrás un curso canto menos complicado, voltamos a abrir as portas do noso cole...

Lerín e todas as mestras e mestres, están coas pilas cargadas, cunha chea de proxectos e aprendizaxes esperando para ser descubertos...

Cada ano que empeza é especial e diferente, este  curso 2021-2022 non vai a ser menos, por iso imos a darvos uns cantos "conselliños" para comezar e seguir o camiño que se nos abre diante, con moito xeito e éxito:

-Enerxía positiva para afrontar a película de cada día!

-Oídos e ollos ben abertos para non perder detalle do guión...

- Destrezas de investigación para descubrir os diferentes retos que requiren ser descifrados.

- Moito respecto, compañeirismo e axuda para chegar entre tod@s a vivir dun xeito irrepetible este "ano de cine"

Asi que a espera de que a música sone de novo no Monte Baliño, abrimos a taquilla para a entrada dos actores e actrices, colocamos as luces e o pasillo para as estrelas, e só queda dar a voz de saída...

EN 3, 2, 1...ACCIÓN!!







Semana do libro!

  Dentro desta semana teremos diversas propostas relacionadas co 23 de Abril día do libro. Unha delas son as lecturas familiares, que nos en...