domingo, 30 de mayo de 2021

Escornabots saudables!🤖

 Unha forma divertida de traballar a linguaxe e a adquisición de novo vocabulario, é facelo utilizando os escornabots.

Na sesión de estimulación da linguaxe na aula de infantil recibimos a visita de Bluebot.

O xogo que nos propuxo consistía en lanzar un dado xigante, que tiña árbores froiteiras, dependendo o que tocase había que asocialo a unha froita do taboleiro.

Bluebot moveuse con moita soltura, vai mellorando!

Por cada acerto o alumnado recibía un “escornapunto”…CONTINUARÁ!




Mochilas viaxeiras🌈🎒

 Para esta fin de semana temos a Fiz, un dos nosos pequenos de infantil, que ten moi claro que libros da mochila viaxeira lle gustaron máis, cal lle gustou menos e cales lle gustaron igual, jejejej!

Moitas grazas Fiz e familia!🎒🌈⭐️



miércoles, 26 de mayo de 2021

Letras galegas 2021

 Xela Arias escribiu “Tigres como caballos”, en 1990, dentro desta obra atopábase un poema chamado “Indecisión”, que se traballou dentro das aulas, e escolléronse uns versos, que foron os que inspiraron esta actividade conxunta de busca, creatividade, emocións e ledicia.

O nosos alumnado aproveitando un xogo de descubremento da natureza que levan a cabo durante os recreos, buscar pedriñas e tesouros, elexiron unha, que pintaron e marcaron cun nome especial…

Hoxe esta montaña de pedras amadas, decora o noso patio!

“Vas poñer pedras sobres pedras, e sobre as pedras un nome amado”.



martes, 25 de mayo de 2021

As nosas palabras

 Como xa sabedes,o noso Lerín que lle gustan moito os retos, propuxonos un para conmemorar o Día das Letras Galegas!

As familias e o noso alumnado achegaron moitas palabras bonitas, compostas por diferentes elementos da natureza e outros obxectos, que ideas tan bonitas!

Moitas grazas unha vez, por participar!!!

Aquí vai o resultado!! Vivan as nosas verbas! 


 

 

lunes, 24 de mayo de 2021

Rematando primaria💫


 O alumnado de sexto visitou a semana pasada o Ies A Pinguela, xa que pouco a pouco o curso remata, estes e estas rapazas van che@s de ilusión a coñecer o lugar no que pasaràn os próximos anos da súa vida de aprendizaxes!

Cantas ilusións e cantos proxectos por facer!!!

A seguir camiñando!!💪🏻🥰





martes, 18 de mayo de 2021

Mochilas viaxeiras🌈🎒

 A mochila de terceiro tamén anda de visita, esta vez foi a casa de Mencía, que nos conta con moito xeito e moi ben acompañada que libros lle chamaron máis a atención!

Grazas Mencía e familia!⭐️🎒🌈



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Neste video Jimena de segundo conta que ben o pasaron facendo receitas dun dos nosos libros favoritos, que desta vez ía de viaxe na mochila!

Grazas Jimena e familia!🎒🌈⭐️



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Mateo, de segundo, recibiu a mochila viaxeira estes días e contounos canto lle gustou cada libro.

Grazas Mateo e familia!👏🏻🌈🎒



martes, 11 de mayo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Hoxe Tomàs de terceiro xa recibiu de segunda volta a mochila viaxeira, que lle gustaría máis desta vez? E cales libros serían os que xa coñecía?

Moitas grazas Tomás e familia!🎒🌈⭐️



lunes, 10 de mayo de 2021

Reto das letras galegas

 Como xa sabedes o vindeiro 17 de Maio è o día das Letras Galegas, un día especial no que salientar a nosa lingua, a nosa cultura, os nosos bailes e as nosas tradicións.

Para celebralo e poñer en coñecemento de tod@s as nosas verbas favoritas, Lerín lánzavos un reto, para que enviedes unha fotiño coa vosa palabra en galego preferida, traballando a conciencia fonolóxica, a imaxinación e a creatividade.



Podedes enviar de dúas formas: 

- Utilizando elementos da natureza.



- Utilizanso obxectos que empecen por cada unha das lestras que forman a palabra.



Aquí vos deixamos uns exemplos!!!

Ánimo e a participar!!💙🤍

miércoles, 5 de mayo de 2021

Mochilas viaxeiras🌈🎒

 Hoxe a nosa compañeira Laia de terceiro cóntanos varias cousiñas sobre os libros da mochila viaxeira, dende un sitio moi particular, que recuncho máis chulo!

Moitas grazas Laia e familia!🎒🌈⭐️



domingo, 2 de mayo de 2021

@s nosos lector@s📚

 Para rematar coas actividades relacionadas co 23 de Abril, propúxose unha actividade dende e Biblio, na que Lerín invitaba ós nenos e nenas a enviar unha foto cos seus libros, ou recunchos de lectura, ou con ligares especiais onde lles gusta ler…

Aquí o resultado, moitísimas grazas de novo as familias por praticipar!



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...