Mostrando entradas con la etiqueta Voluntariado de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Voluntariado de lectura. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de febrero de 2019

Bibliotecas Escolares Solidarias


Este curso 2018/19 o noso centro está a participar no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias promovido pola Consellería de Educación.

Dito programa ten por obxectivo fomentar o voluntariado cultural así como de estimular a experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.

Nesta ocasión, o alumnado está a participar no deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura co Centro de Día de Pantón así como coa Escola Infantil da Galiña Azul da nosa vila.

A última actividade que fixemos o pasado martes foi mostrarlles o traballo que habíamos preparado para o Día da Paz co teatriño de marionetas de "La guerra de los ratones".










miércoles, 23 de enero de 2019

Día do usuario da Biblioteca

Así de ben o pasamos celebrando o Día do usuario da Biblioteca.

Con esta especial "caza do tesouro" ás agochadas puidemos recordar como se emprega o Meiga, como se chama a etiqueta que lle poñemos na biblioteca aos libros, a CDU, os distintos recunchos que hai na nosa Biblioteca...

Pasámolo en grande!





jueves, 20 de diciembre de 2018

👴🧓Xornada de Nadal no Centro de Día🧓👴

Durante o día de hoxe, tivemos a oportunidade de compartir panxoliñas e cantigas cos usuarios e usuarias do Centro de Día de Pantón.


Foi unha experiencia moi gratificante para todos nós.



Seguro que a repetiremos moi pronto!




https://youtu.be/o4jFFJpbv6E

Mochilas viaxeiras!

 As nosas mochilas viaxeiras xa comezaron a visitar as casas das crianzas do Monte Baliño! Cheas de sorpresas coma sempre! Van completiñas d...