martes, 25 de junio de 2019

Semana de excursións



A semana pasada foi moi, moi intensa...todo o alumnado do cole nos escapamos de excursión!!

Dende infantil a 4º de primaria, puideron disfrutar dun fermoso día de convivencia coñecendo algúns recunchos da Ribeira Sacra a bordo do seu catamarán para despois rematar na fermosa Praia da Cova.


Unha xornada preciosa en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras.
Pola outra banda, os máis maiores do cole nos fomos de ruta polo norte de España...
Puidemos coñecer lugares tan fantásticos como: Santander, o parque natural de Cabárceno, as covas de Altamira, as Covas de El Soplao, o forestal park e máis o Museo do Xurásico...




Sen dúbida fermosísimas lembranzas que permanecerán na 
nosa memoria durante moitos, moitos anos!! 

De paseo polo noso Concello!


Durante este último mes, o alumnado de 1º e 2º de primaria, estivo a investigar cales son os recunchos do noso Concello máis interesantes para podelos visitar durante estas vacacións.

Eles mesmos, colleron as rendas da investigación a través das tablets e do ordenador da aula.

Despois, foron quen de gravar as súas propias anotacións na radio, coidando moito a súa pronunciación e os contidos a tratar.

E por último...divertíronse moitísimo xogando coas posibilidades que o croma lles ofrece...


Toda unha experiencia que podedes visitar premendo no seguinte enlace:


Semana de excursións

A semana pasada foi moi, moi intensa... todo o alumnado do cole nos escapamos de excursión!! Dende infantil a 4º de primaria, puide...