Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2026

Club de lectura

 Pecha as portas o noso club de lectura por este ano!!!

Lerín agasallou ao noso alumando cunha sorpresa moi especial, par despedir este curso aue nos levou a través das letras a facer un percorrido cheo de novas historias!

Para o ano seguiremos descubrindo mundos xuntxs!!!




viernes, 8 de mayo de 2026

III XUNTANZA GASTROLITERARIA CLUB LECTURA:

 Os rapaces e rapazas do noso Club de lectura do Lerín Lerán, remataron outra lectura e como non celebraron a súa xuntanza para intercambiar opinións sobre a mesma. Neste caso o libro entorno ao que xirou a conversa foi "Bruxas e dragóns" de Ledicia Costas. un lúdico libro no que quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. 

A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.

Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe!

Acompañaron esta xornada realizando un beberaxe saboroso e saudable batido de amorodos e espinacas... de cor verde....

Chámavos a atención??? 

Pois é curioso mesturar froita e verdura pero asegurámosvos que non estaba nada mal. Podedes probar a facelo na casiña cando gustedes!!

PLAN PROXECTA NUTRIESCOLAS 25-26






martes, 3 de febrero de 2026

Club de lectura

 Desta volta no noso super club de lectura tivemos unha xuntanza moi chula!

O noso libro que nos acompañou, “El bosque de los mil ojos” de Frances Hardinge, unha historia sobre a natureza, a sociedade e o coidado do que e de quen nos rodea!

Fixemos un zume con arandos e zume de naranxa que nos amenizou o coloquio, baseado nunhas froitas especiais que comía un personaxe do libro!

Logo comezamos a construir a nosa propia muralla, con ladrillos de maqueta, falamos sobre os muros e as barreiras e reflexionamos sobre a importancia de respectarnos e de respectar a natureza!

Cal será a seguinte aventura?…



viernes, 21 de noviembre de 2025

I Xuntanza gastroliteraria 25-26: Dona problemas, rescatadora de mascotas e piruletas crunchy de queixo con sementes

O alumnado de 5º e 6º de primaria, celebrou o venres 21 de novembro a súa primeira xuntanza gastroliteraria do curso 2025-26 arredor do libro "Dona Problemas, rescatadora de mascotas". autor El Hematocrítico.

Dona Problemas enfréntase a un novo reto..que pasou? Como o soluciona? A estas e outras cuestións deronlle voltas os participantes no club, pero para facer funcionar a mente, tamén alimentaron o corpo, preparando uns aperitivos moi creativos: Piruletas de queixo crunchy con sementes
Relacionaron así o clube de lectura da Biblioteca co plan proxecta Nutriescolas.

Velaquí vos deixamos momentazos da xuntanza!

Graciñas rapaces e rapazas.


Seguide lendo e alimentando mente e corpo. 

lunes, 27 de octubre de 2025

Club de lectura!!


 Un ano máis arranco o noso club de lectura Lerín Lerán!

Xa achegamos a todos e todas as participantes o seu sobre de traballo imprescindible para unha boa lectura e eleximos a nosa primeira obra…

“Dona Problemas rescatadora de mascota” do Hematocrítico e da editorial Xerais… que nos deparará esta nova aventura?


miércoles, 5 de marzo de 2025

III XUNTANZA Clube de lectura "Milú e o edificio das persoas extraordinarias" e BATIDO de plátano e vainilla

Os nosos compis máis maiores, os de 5º e 6º, organizaron a III Xuntanza do Clube de lectura, novamente nunha xornada GASTRO-LITERARIA, arredor do libro "Milú e o edificio das persoas extraordinarias".

O libro é unha fábula sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. O optimismo e a fantasía convértense no antídoto contra a intolerancia e o odio. 

E como acompañamento para amenizar a xornada de intercambio de opinións, anécdotas e pasaxes do libro, prepararon e disfrutaron dun delicioso BATIDO DE PLÁTANO E VAINILLA, feito por eles/elas mesmos.





viernes, 24 de enero de 2025

II XUNTANZA CLUBE DE LECTURA

 O noso alumnado de 5º e 6º, participantes no CLUBE DE LECTURA reuniuse de novo arredor da lectura nun entorno gastro-literario na biblioteca de LERÍN no Baliño.

A lectura elixida tiña por título "Apestoso tio Muffin" de Pedro Mañas Moreno. Unha divertida e irreverente historia que nos amosa a importancia de superar os nosos medos e nos ensina a deixar de lado os prexuizos e as falsas experiencias.

Baixo a moderadora, a súa mestra Laura, crearon un clima moi distendido e natural no que intercambiaron opinións sobre a lectura do libro en cuestión.

Nesta historia foilles complicado relacionala coa alimentación, así que inxeniosamente recurriron ao título e prepararon uns riquísimos MUFFINS para amenizar o coloquio sobre o libro.


Agradecésmoslles que non se esqueceron do resto de alumnado e elaboraron suficientes muffins para todos e todas que comemos durante o tempo de ocio acompañados do leite do programa de reparto do FOGGA (Plan proxecta Nutriescolas)

Grazas rapaces e rapazas!

Coma sempre compartimos receita e ingredientes:

  • 200 g de fariña
  • 75 g de panela
  • 1 culler de esencia de vainilla
  • 1/2 sobre de levadura en pó
  • 40 g de cacao puro en pó
  • 1 culler de bicarbonato
  • 130 g de leite sen lactosa
  • 120 g de auga
  • 90 g de aceite

Prequecemos o forno a 200º e engrasamos un molde de muffins ou poñemos cápsulas de papel. Reservamos

Mesturamos fariña, azucre, levadura, cacao puro e bicarbonato.

Engadimos leite, auga e aceite e mesturamos.

Botamos mestura nun molde ata encher 3/4 partes da súa capacidade.

Levamos ao forno durante 25 min(200º)

Retiramos os muffins do forno, deixamos templar e servimos ou conservamos nun recipiente hermético.






jueves, 12 de diciembre de 2024

1ª XUNTANZA DO CLUBE DE LECTURA

A mestra Laura e o noso alumnado de 5º e 6º, participante no Clube de Lectura, celebrou este xoves a súa primeira xuntanza arredor do título literario "La musaraña que robó una montaña" de Iban Barrenetxea, unha divertida historia onde descubrir que o enxeño é o tesouro máis valioso. 

Na historia, o protagonista o "rei Misérrimo" todas as mañás almorzaba unha sardiña frita, así que facendo un guiño a este dato do libro, e combinando a actividade do clube de lectura novamente co noso proxecto Nutriescolas, o alumnado degustou unha deliciosa merenda composta por tapiñas de pan centeo con sardiña....


Aiiii que gusto e que goce da,
 ler e comer!!!


martes, 26 de noviembre de 2024

Club de lectura!


O club de lectura Lerín Lerán, abre de novo as súas portas!

Por segundo ano comezamos con moita ilusión e enerxía tendo en conta o bo sabor de boca que nos quedou do curso anterior.

Este anos somos menos pero con moitas ganas de devorar historias e sumerxirnos en mundos fantásticos n compañía dos nosos compañeiros e compañeiras!

Como primeira xuntanza recibimos un agasallo do esencial para poder ler e esmiuzar un libro, cortesía de Lerín!

E tamén se entregou o primeiro exemplar que imos a desfrutar, a obra chámase “La musaraña que robó una montaña”, de Iban Barrenetxea, unha divertida historia na que o inxenio é o máis importante!

Ala imos ca aventura!!!






miércoles, 12 de junio de 2024

Pechando club!

 Este ano estreámonos co noso primeiro club de lectura, foi unha experiencia marabillosa, digna de repetir en vindeiros cursos por suposto!

Rematamos este primeiro ano do club Lerín Lerán por todo o alto, facendo un video forum sobre “El niño del pijama de rayas”.

Comezamos lendo unha histori con apariencia de conto que di moitas cousas…”Fume”, o alumnado reflexionou sobre el, a temática que aborda e deunos para un bo debate…

Posteriormente comezamos o visionado da película, da que despois comentamos e desgranamos en moitos aspectos relevantes sobre a época histórica que nela se tratan, increíble todo o que aprendemos!

Como despedida aos nosos clubs literarios e gastronómicos, sempre tentamos relacionalos co noso programa de aliméntate ben, desta volta probamos “Pretzel” un alimento alemán, relacionado ca situación xeográfica da película a traballar.

A seguinte recomendación lectora por suposto, é a obra en dixital ou papel, para ler durante este verán!

Por último, para pechar este curso tan fantástico de lecturas, Lerín preparoulles a todos os membros do club un “kit” de gran lectora e lectora, canto nos gustou!!

Para o ano…máis e mellor!




jueves, 16 de mayo de 2024

3ª XORNADA LITERARIA ALIMENTARIA DO CLUBE DE LECTURA "LERÍN LERÁN"






 Este luns 13 de maio, o alumnado do Clube de lectura Lerín Lerán de 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha nova xuntanza literaria para debatir e falar sobre o libro "ALMA DE ELEFANTE" de Andrea Maceiras (Premio Anaya infantil 2022); unha tenra historia de crecemento e amor polos animais.

Unha historia desenvolta no país africano que trasladou á rapazada a un novo país sen moverse da súa terra, simplemente a través da imaxinación. Velaí o superpoder dos libros e da lectura.

E por suposto, para amenizar a xornada, elaboraron unha receita típica de África e descoñecida en sabor por todos e todas: o Alloco, tamén chamado Aloco ou Aloko), popular sobre todo en África occidental e central, e elaborado a base de plátanos macho fritos. Pola súa sinxeleza, é considerado unha comida rápida vendido nas rúas da Costa do Marfil entre outras. Faise fritido en aceite e mesturado con xenxibre.

Gustoulles? Pois a uns sí e a outros non...Alomenos seguro que non o olvidarán.

Lerín Lerán

máis lectura

no verán.


martes, 12 de marzo de 2024

Club de lectura!

 Hoxe martes tivemos o segundo encontro do club de lectura Lerinlerán!

Desta volta e recollendo as suxerencias do alimnado escolleuse un libro de aventuras, que certamen encantoulles, “O misterio de Portomarín”, de Antía Yañez, unha novela de misterio que dende o minuto un fíxose moi doada de ler!

Para “baixar” as nosas conversas do club, e relacionado co noso programa de Aliméntate ben e Eco-saúde, elaboramos unha limonada e degustamos unha tarta de Santiago, especialidade de Portomarín, alimentos dos que se fala no libro, menuda experiencia tan chula para o padal e para as nosas  aprendizaxes literarias!






miércoles, 31 de enero de 2024

Club de lectura “Lerín lerán”

 A semsna pasada tivemos a nosa primeira reunión do clib de lectura, que experiencia tan xenial!

O alumnado que participa nesta iniciativa estivo moi implicado na conversa e posta en común deste primeiro libro “Xela volveuse vampira” de Fina Casadelrey, un descubrimento de obra que tratat a violencia de xénero dende os ollos dun cativo.

Quedamos con ganas de máis!

Agora estamos preparad@s para a seguinte aventura!



Día das bibliotecas 2026

 Este ano para conmemorar o día das bibliotecas, botamos man de novo do noso PDI, de tal xeito que as crianzas gozaron por aulas de diferent...