lunes, 27 de febrero de 2023

Compadres e comadres pequeniñ@s!



 Os pequenos e pequenas do cole fixeron un compadre e unha comadre celta, coma o sei disfraz, e pasaron unha xornada moi divertida de convinecia, cando llo foron a levar aos nos@s amig@s da galiña azul!!!

Aqui vos deixamos os documentos!


domingo, 26 de febrero de 2023

Agasallos!!!

 Hoxe repartimos os agasallos achegados pola Asesoría de bibliotecas aos nosos e as nosas biblioaxudantes!! Moitas grazas pola labor que facedes, sen vós a biblio non funcionaría!!!




viernes, 24 de febrero de 2023

CIENCIA EN MOVEMENTO NA NOSA BIBLIO

Hoxe tivemos unha actividade moi interesante no Baliño. A nosa biblio converteuse nun Museo Interactivo de Ciencia no que o alumnado participou activamente empregando todos os seus sentidos achegándose ao funcionamento dos motores das máquinas de vapor, motores eléctricos...
Trátase dunha actividade enmarcada dentro dos programas educativos de Plan de mellora INNOVA  e que teñen por obxectivo a achega de experiencias educativas ao alumnado, o fomento da súa curiosidade, o aumento da motivación e o gusto pola Ciencia e a investigación, coñecemento dos avances da Ciencia ao longo da historia... entre outros aspectos.
Observamos, fixemos hipóteses, manipulamos, sacamos conclusións...Tanto Lerín coma todos os participantes gozamos dunha xornada de aprendizaxe práctico e sobre todo moi divertido APRENDENDO FACENDO.
Aquí vos deixamos a reportaxe gráfica...   

NON É MAXIA, É CIENCIA








miércoles, 22 de febrero de 2023

Entroido 2023

 E asi o pasamos o día de Entroido, desfilamos ata a praza a ritmo de samba lucindo os nosos traxes!





viernes, 17 de febrero de 2023

Comadres 2023

 E este xoves tocoulle o turno as comadres, o mércores fomos ao centro de día a compartir un tempiño cos nosos amigos e despois corremos o xoves, ata que quedaron algunhas comadres sen romper, que ben que ben!


jueves, 16 de febrero de 2023

Xoves de mandadiños!






 E seguimos para bingo!!! Hoxe foi o mellor da semana, con todo o que levabamos encima agora tocou o que máis lle gusta, pixama!!!!


Mandadiños de Lerín

 Agora si que si, chegou o venres, Entroido!!!

Hoxe queda festaxar e uns días de troula e diversión!

Pasaino moi ben e desfrutai moitos destes días!




lunes, 13 de febrero de 2023

IMPRESIÓN 3D: FORMACIÓN DO PROFESORADO

 O profesorado do Baliño intentamos estar actualizados e en constante formación, así que, velaquí nos tendes aprendendo e fedellando no mundo das tecnoloxías. Desta volta, sumerxémonos no apaixonante ámbito da impresión 3D.

 A que vos sona xenial??

Pois a verdade é que a sesión nos encheu de ilusión e nos fixo ver todas as posibilidades de aplicación educativa nas nosas aulas cos nosos pequenos e pequenas aprendices.

Xa estamos a darlle voltiñas ao coco para levalo a práctica e facer do proceso de ensino aprendizaxe un camiño emocionante e motivador.





Conto cooperativo!

 O alumnado de primeiro e segundo dentro da hora de Proxecto curricular, realizaron unha actividade moi especial, coa axuda dun acetato debuxaron unha historia, despois utilizando a mesa de luz, crearon de maneira espontánea un conto cooperativo,  no que as diferentes viñetas se ían comoletando dentro dunha mesma historia!


Mandadiños de Lerín

 Hoxe martes…




Compadres 2023

 Ai que ledicia temos desta vez! 

Este ano puidemos retomar de novo as actividades cos amigos e amigas do centro de día, que ledicia, que emoción, que bonito ver convivir as diferentes xeracións de novo!

Fomos cas alumnas do cole, como manda a tradición, a facer os compadres na maña do mércores, o xoves fíxose no cole o esperado roubo e destrozo dos mesmos, so dous acabaron sendo indultados!

Moitas grazas ao persoal do Centro de día e as súas usuarias por tratarnos tan ben e facernos pasar un rato tan bonito!


viernes, 10 de febrero de 2023

Mandadiños de Lerín

 Chega o Entroido! Como nos presta!!!

Aqui chega Lerín coas súas suxerencias, que tramaría este ano….

O único que sabemos e que cada día non podemos esquecer o do día anterior…

Asi que o luns comeza a festa!




jueves, 2 de febrero de 2023

As nosas mensaxes de paz!

Neste vídeo recollemos unha serie de mensaxes de paz preicosos, que o noso alumnado e as súas familias nos fixeron chegar através dunha iniciativa plantexada polo equipo de biblioteca.

Moitas grazas a tod@s por participar, seguro que con estas ideas que nos plantexan @s pequech@s chegaremos a un mundo moito mellor!



miércoles, 1 de febrero de 2023

50 anos…

 Algo se anda cocendo no cole…co gallo do aniversario dos 50 anos do Monte Baliño, a cativada de cuarto e sexto anda entre tecnoloxías preparando algunha cousiña…




30 de Xaneiro de 2023

 Este ano, coma todos os demais días, celebramos e conmemoramos o día da Paz e da Non Violencia!

Fixemos moitas actividades, pero neste pequeno vídeo recollemos unha escolma, do Noso carballo de Paz, da carreira solidaria que xa vai polo cuarto ano e a solta de pombas, tradición de cada curso neste 30 de Xaneiro!



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...