jueves, 28 de enero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈


 Esta semana a mochila viaxeira de terceiro pasou pola casa de Paulo, e con moito xeito contounos que lle pareceu...aqui vos deixamos a súa aportación!

Moitas grazas Paulo e familia!🎒🌈📚


miércoles, 27 de enero de 2021

Red Bot🤖🤖

 E de pronto, co traballo en equipo, con coidado, hixiene e moita ilusión, aqui temos xa ao noso segundo robot, bautizado polos seus creadores e creadoras como Red Bot!

Que divertido e emocionante foi ver como comezaba a funcionar!🤖👏🏻👏🏻



Pequenas historias de paz🕊✌🏼

 Hoxe temos dúas historias novas!



Pequenas historias de paz🕊✌🏼

 Seguimos coa nosa semana de contos e historias de Paz, cheas de sabedoría e leccións moi importantes que nos fan reflexionar...

Grazas



martes, 26 de enero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Seguen as nosas mochilas visitando as casiñas e ensinándonos moitas cousas!

Fiz, con moito xeito, explícanos que cousas chulas ían na mochila, e xa nos deixou claro que o inlgés...jijijij!

Moitas grazas Fiz a familia!🌈🎒🥰



Pequenas historias de paz🕊✌🏼

 Seguimos ca segunda historia con mensaxe, moi ben contada!

Moitas grazas chic@s!





lunes, 25 de enero de 2021

Pequenas historias de paz✌🏼🕊

 Os nosos e as nosas biblioaxudantes deixannos estes contos que buscaron pola rede, traduciron e reinterpretaron, aquí tedes o resultado!

Que ben contan!




martes, 19 de enero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒📚

 Voltamos coas nosas mochilas viaxeiras que xa andan nesto 2021 percorrendo as casiñas dos nosos alumnos e alumnas.

Hoxe Xena de catro anos, explicanos o importante que é ler e o que lle gustaron os libros que levaba a mochila viaxeira!

Moitas grazas Xena e familia!🌈⭐️




jueves, 14 de enero de 2021

Concurso de fotografía

 Este ano para celebrar o Día Mundial da Paz e da non Violencia, que se data a 30 de Xaneiro, imos a propoñervos un concurso de fotografía!

Como andades de obxectivos? de cámaras? de ideas e creatividade xa sabemos que ides moi che@s...

A proposta é moi sinxela, todas e todos temos lugares, persoas, momentos, mascotas,...é dicir, cousas que nos fan sentir calma, tranquilidade e PAZ.

Teredes que enviar unha foto na que se plasme iso, algo que para vós sexa VER PAZ!

Enviadelo ao mail da biblioteca que aparece no cartaz, co voso nome e curso, e un TÍTULO para a fotografía!

Con todas elas faremos unha exposición e observaremos moitas posibilidades e circunstancias nas que a PAZ nos rodea e nos enche profundamente!

Ánimo a participar tod@s! 💓

 

como se ve a paz? de Moyla Pekena

miércoles, 13 de enero de 2021

Empezamos con forza!


 E aqui estamos de novo, neste 2021, pero con màis ilusións, proxectos e enerxías se cabe!

Comezamos o ano montando aos nosos robots, hoxe tocoulle o turno ao alumnado de cuarto, que seguindo todas as medidas de hixiene pertinentes, empezaron a montar a “Yellow-bot”, aínda nos queda un pouquiño para rematar!! 

Como nos gusta “fedellar” coa tecnoloxía!🤖🤖🤖👾👾👾


TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...