lunes, 30 de octubre de 2023

Unha lectura misteriosa…

 E seguindo cas nosas actividades de Samaín aquí vai outro desafío… quen se adentra e crea unha historia ou lenda fantasmagórica que nos faga berrar ben alto?

Lerín propón outro concurso, no que cada neno ou nena cree un conto que debe entregar antes do 3 de novembro, inspirándose nas criaturas dos montes galegos, nas lendas, nas criaturas da noite…

Despois de lelas, un xurado do máis terrorífico que pode haber no Monte Baliño, procederá a lectura das máis horripilantes nun lugar ambientado para tal fin…👻👻🧙‍♂️🧙‍♂️🧙‍♂️


halloween instagram story de CEIP Monte Baliño

jueves, 26 de octubre de 2023

LECTURAS TERRORÍFICAMENTE MEDORENTAS

No Baliño estamos xa inmersos na festividade que tanto nos gusta que se celebra a finais deste mes de Outubro: o Samaín.

O noso demo Lerín recordavos que podedes visitar o seu castelo encantado " a Biblioteca", botar unha ollada e levar de empréstito algunhas lecturas de medo para facer arrepiar os vosos corpiños!!!




miércoles, 25 de octubre de 2023

24 DE OUTUBRO: "Día das Bibliotecas" TECENDO CREATIVIDADE

Para celebrar o Día das Bibliotecas, o martes 24 de Outubro, este ano preparamos unha actividade ben bonita! 

Sabendo que as bibliotecas están cheas de libros e moreas de aventuras, os nenos e nenas do Baliño, elixiron o seu libro favorito e fixeron un debuxo da portada ou relacionado coa historia ou tamén unha foto orixinal co seu seleccionado. 

Este ano na escola do Baliño, o noso PDI é "Coñecendo a provincia: LUCUS AUGUSTI", e basándonos nos traballos de pescadores das beiras do río Sil, decidimos TECER A NOSA CREATIVIDADE nunha rede pesqueira.

Así que quentamos as nosas mans e concentramos a nosa atención para preparar esta REDE DE LIBROS. Podedes ver do que falamos no video que tedes a continuación.

GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!!

E para finalizar tivemos unha sorpresiña, recibimos uns fermosos marcapáxinas diseñados por @estudiognomo (Iria Iglesias e Dani Viéitez)  para o Colectivo Lemos Le.







lunes, 23 de octubre de 2023

Xa chega o Samaín!

 Ohhhhhh a noite máis terrorífica do ano estase acercando, jo jo jo, quen ocupará a nosa biblio este ano? Que tipo de criaturas percorrerán os nosos pasillos…

agudizai o inxeño e a preparar as vosas creacións!

Este ano propoñémosvos o reto de crear un animal dos montes galegos con materiais da natureza, atrevédesvos!

Ánimo, a ver cal é o que máis nos arrepía o corpo!


E este foi o xenial resultado de esta proposta! Grazas unha vez máis por participar e axudar ao alumnado dende as casas nestas medorentas creacións!




Dark Illustration Halloween Movie Night Poster de CEIP Monte Baliño

lunes, 16 de octubre de 2023

Día das bibliotecas

 O próximo 24 de Outubro celébrase o Día das bibliotecas, e como non, nós temos a sorte de ter a biblio Baliño, fogar de Lerín no que agarda por toda a comunidade educativa cunha chea de aventuras e mundos fantásticos para que poidamos gozar do pracer da lectura.

Aínda que a nosa biblio é un mundo cheo de maxia, no que tamén temos unha chea de aparellos electrónicos nos que fedellar, xogos, mesa de luz e sensorial, recuncho de creatividade…

Asi que hoxe, deixámosvos o reto deste anoatrevédesvos!


Biblioteca Foto Donación Póster de CEIP Monte Baliño

jueves, 5 de octubre de 2023

Vaca-mundi!

Que ben o pasamos onte!

A nosa primeira excursión de este ano foi moi especial, coñecimos o mundo vacuno, démoslle de comer aos xatiños, amasamos queixo, “munguimos” unha vaquiña e sobretodo desfrutamos moitísimo!

Moitas grazas o ANPA por esta saída e ao persoal do Palomar en Láncara que nostrataron de marabilla e explicaronnos todo moi ben!



martes, 3 de octubre de 2023

Abrindo o mundo libros!!!!




 Hoxe a nosa biblio volveu a vibrar con todo o noso alumnado rebuscando nos andeis a aventura que máis lle gustaba para comezar a súa viaxe literaria neste curso 2023-2024!


Tamén utilizaron os seu marcadores de lugar, pars que todo este no seu sitiño e sexan conscientes de que cads libro ocupa o seu lugar!


Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...