miércoles, 29 de abril de 2026

Lendo e contando!

Seguindo cas nosas celebracións do día do Libro, onte saimos á praza do pobo a gozar dunha boa lectura en compaña e nun lugar tsn emblemático da nosa contorna, onde nos reunimos, xogamos, ...e alí, despois dunhs boa camiñata ao sol, aproveitamos para compartir os noso libros!

White Minimalist Aesthetic Photo Collage de CEIP Monte Baliño

O alumnado de infantil tamén se achegaron a facer as súas lecturas e compartir un ratiño agradable cos compañeiros e veciñas da escola infantil!!!

 




 

martes, 28 de abril de 2026

Creando arte!

 Hoxe tivemos a nosa formación anual de biblioteca creativa!

Este ano seguindo co noso PDI, buscamos o xeito de aprender novas técnicas de pintura e exerimentar co mundo dos grafittis e murais artísticos!

Chegamos ao traballo de "Concepto circo" que nos brindaron unha xornada preciosa, cargada de técnicas, cor e creatividade!

O alumnado foi pasando por quendas para aprender sobre este tipo de arte e foron experimentando con pintura plástica e "spray"!

Decoramos o noso porche amarelo, no que cada neno e nena deixou a súa pegada, agora wueds rematalo!

Moitas grazas Marcos e Manu por este día tan chulo e divertido, e por achegarnos un chisquiño da vosa maxia artística!

 

Collage de Fotos Pareja Viaje Creativo Ordenado Colores Pastel de CEIP Monte Baliño

lunes, 27 de abril de 2026

Plan de Formación do Profesorado (PFPP): Patios dinámicos inclusivos e polos creativos.

 Os mestres e mestras seguimos aprendendo e formándonos para actualizarnos, aprender e por que non, para sacar a nosa vea artística.

Este pasado luns 27 de abril, visitáronnos Marcos e Manuel, dous grafiteiros que pasaron o día con nós. Durante a xornada lectiva como actividade da nosa Biblioteca Creativa, e gardando relación co PDI "Deseñar e crear, todo é comezar", co alumnado que en grupos puido ver o seu traballo, practicar e aprender desta ARTE URBANA, que non é de malotes, senón como ben dicimos ARTE E TRABALLO

Pola tarde, foi a quenda dos mestres e mestras, que dentro do PFPP "Patios dinámicos inclusivos e polos creativos", decidimos empaparnos deste arte para deixarnos ser artistas e aprender da liberdade, deixar voar a imaxinación e reflexionar sobre as posibles propostas educativas e lúdicas que puideran ter o seu inicio nesta sesión de docencia....e ...XA TEMOS A IDEA!!

En vindeiras entregas veredes o que faremos!

PFPP 2025-26



Día do libro 2026

 O 23 de abril é un día moi especial no noso calendario!

Celebramos por todo o alto o día do libro, o gusto pola lectura e aventuras que nos agardan nos exemplares que temos na biblio, festexamos os versos dos poemas que enchen os andeis das nosas casas, pero sobretodo aproveitamos para facer moitas actividades relacionadas ca lectura dun xeito diferente!

Entre todas as propostas que se levarán a cabo durante esta semana e a seguinte, unha delas foi un programa de radio en directo durante o recreo, que deixaremos aqui colgado, no que durante os 30 minutos de lecer, o alumnado e mestras e mestres do cole, foron pasando pola Radio Baliño, para ler un anaquiño do Quixote, libro a conmemorar por escelencia nesta data.

Primeiramente as crianzas de primeiro e segundo, contáronnos porque o 23 de abril se celebra o día do libro, que ben o fixeron e canta información nos deron!

Logo a modo de réplica do que se fai cada ano no Circulo de Belas Artes de Madrid, dende 1996, fomos lendo pequenos pasaxes desa obra tan importante de Miguel de Cervantes!

Grazas a todas e todos por compartir un anaquiño nas nosas ondas!!



Aqui vos deixamos algunhas fotos do momento!







miércoles, 15 de abril de 2026

Concurso día do libro 2026

 Seguindo co noso PDI anual, este ano Lerín proponvos un reto creativo para o día do libro!

Con exemplares que teñades por casa vellos, ou incluso pintados nalgunha transada dos pequechos e pequechas, libros esquecidos nos andeis...pódense convertir nas mellores e máis creativas obras de arte!

Aqui vos deixamos a información necesaria!

Moitas grazas pola vosa participación!!

Un saúdo de todo o equipo de bilioteca!


Flyer día mundial del arte ilustrado violeta y rojo de CEIP Monte Baliño

miércoles, 8 de abril de 2026

Visita moi especial!

 Hoxe si que tivemos sorpre no cole!!!!

Despois dun ano de terse ido do cole, os nosos alumnos e alumnas que marcharon o ano pasado para instituto, viñeron a pasar unha xornada chulísima con nós, traían preparadas unhas lendas, e un montón de historias sobre o instituto para achegarlles aos pequenos e pequenas a súa experiencia!

Pasaron por todas as clases, gozaron dun recreo cos seus excompañeiros e excompañeiras, xogamos un partidiño, e o alumnado de quinto e sexto aproveitou para fecerlles unha entrevista!

Moitas grazas, Assur, Mateo e Ana, por volver ao cole a ensinarnos tantas cousiñas!!!

Moita sorte e a seguir crecendo!













Lecturas ao sol

 Hoxe na nosa hora de lectura saimos a gozar do pracer dun bo libro, da compañía e do sol!

E asi despedimos este trimestre! 



OBRADOIRO DE RADIO 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Este mércores o alumnado de 4º 5º e 6º de primaria realizou un obradoiro de RADIO que resultou todo un éxito. Encántanos que as cousas saían...