jueves, 20 de diciembre de 2018

Amigo invisible


Nestas datas tan especiais cheas de ledicia, bos desexos e agasallos... Lanzamos dende a Biblioteca a proposta do "Amigo Invisble", onde cada un dos nenos e nenas da escola, deben recomendar un libro para o Nadal ao seu amigo Invisible.

Unha boa forma de coñecer un pouquiño máis da organización da Biblioteca e tamén aos nosos compañeiros.




🔖🔖 Novo sistema de organización 🔖🔖

Ás veces, non sempre é doado para os máis pequenos coñecer a orde alfabética para poder colocar o libro no lugar que lle corresponde. 

É por iso que, deseñamos estas tarxetas para poder facelo un pouquiño máis sinxelo ao poder clasificar os libros segundo o nivel de lectura (azul, vermello, verde e amarelo) e tamén pola inicial do autor/a do libro.










👴🧓Xornada de Nadal no Centro de Día🧓👴

Durante o día de hoxe, tivemos a oportunidade de compartir panxoliñas e cantigas cos usuarios e usuarias do Centro de Día de Pantón.


Foi unha experiencia moi gratificante para todos nós.



Seguro que a repetiremos moi pronto!




https://youtu.be/o4jFFJpbv6E

martes, 18 de diciembre de 2018

domingo, 9 de diciembre de 2018

🎄☃️Obradoiro Decoración Navideña ☃️🎄


Quen dixo que a Biblioteca era solo para a lectura?

Este ano queremos impulsar a Biblioteca como espazo creativo, onde pintaremos, crearemos manualidades, faremos papiroflexia, escribiremos....e todo aquelo que se nos ocurra!!



lunes, 3 de diciembre de 2018

Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...