viernes, 22 de mayo de 2026

PAPEL RECICLADO E LETRAS GALEGAS

Dende a nosa BIBLIOTECA CREATIVA de Lerín e en coordinación co PROXECTO VOZ NATURA no que participamos, realizouse unha actividade en todos os niveis adaptándonos ao grupo correspondente.

A proposta viña a colación da celebración das nosas LETRAS GALEGAS, adicadas este ano a Begoña Caamaño, e tendo en conta a súa obra Os fíos de Begoña realizamos uns atrapasoños que agora decoran os nosos pasillos e entrada.

Primeiro elaboramos papel reciclado, vaia experiencia observar como podemos transformar papel vello en papel novo para as nosas verbas. Despois, cada alumn@ na súa aula xunto cos titores e titoras, plasmaron en anacos de papel  novo, debuxos, palabras galegas, anacos ou fragmentos de libros.

Quedounos unha actividade ben vistosa e ademais educativa. 

Deixámosvos xuzgalo a vós mesmos/as.

BIBLIOTECA CREATIVA

PROXECTO VOZ NATURA






miércoles, 20 de mayo de 2026

OBRADOIRO DE RADIO 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Este mércores o alumnado de 4º 5º e 6º de primaria realizou un obradoiro de RADIO que resultou todo un éxito. Encántanos que as cousas saían ben.
Recibimos a Germán Díaz, para presenciar e formar parte dun obradoiro de instrumentos mecánicos. Que absoluta marabilla! 


Esta actividade forma parte da formación a que temos dereito por participar na Radio na Escola na Biblio.
Dividiuno en dúas partes, unha máis teórica e outra práctica na que os nenos e nenas foron axentes activos da formación elaborando unhas melodías ás que puxeron os títulos que esta lles suxería: "O sol da mañá", "lonxe da casa"...
Pero o mellor que podemos facer é compartilo mediante unha reportaxe visual para que vexades que en realidade foi brutal. 

Grazas Germán por "atrapar" o noso alumnado do Baliño 
na túa paixón.



viernes, 15 de mayo de 2026

I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026

 Hoxe anticipámonos a un día moi especial sinalado no noso almanaque: o 17 de maio DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS.

Que fixemos para celebralo?Pois este ano o Colectivo Lemos Le organizou para este día a I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. O noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria acudiu a esta xornada de festa, organizada nas dependencias do colexio veciño de Sober, onde acudiron máis colexios da contorna. Reuníronse nunha xornada na que se compartiron diferentes propostas musicais e artísticas poñendo en valor a cultura e a lingua galega que nos une. 

O noso alumnado preparou unhas regueifas moi lucidas que defenderon dun xeito espectacular.

Tan activamente participaron e se implicaron que ata elaboraron os seus propios bocadillos para degustar na xornada festeira. Empregaron para elo pan centeo e elixiron entre diferentes opcións e alternativas: aguacate, tomate, queixo, pavo e lacón. Como lles prestaron os bocadillos despois da súa actuación!Actividade que enmarcamos no Plan Proxecta NUTRIESCOLAS.

Grazas as bibliotecas de todos os centros por participar nesta xuntanza e grazas á nosa bilbioteca de Lerín por nos permitir gozar desta proposta. Esperamos repetir o próximo ano!!

Podedes formar o voso propio criterio visualizando o video que segue!



viernes, 8 de mayo de 2026

III XUNTANZA GASTROLITERARIA CLUB LECTURA:

 Os rapaces e rapazas do noso Club de lectura do Lerín Lerán, remataron outra lectura e como non celebraron a súa xuntanza para intercambiar opinións sobre a mesma. Neste caso o libro entorno ao que xirou a conversa foi "Bruxas e dragóns" de Ledicia Costas. un lúdico libro no que quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. 

A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.

Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe!

Acompañaron esta xornada realizando un beberaxe saboroso e saudable batido de amorodos e espinacas... de cor verde....

Chámavos a atención??? 

Pois é curioso mesturar froita e verdura pero asegurámosvos que non estaba nada mal. Podedes probar a facelo na casiña cando gustedes!!

PLAN PROXECTA NUTRIESCOLAS 25-26






martes, 5 de mayo de 2026

As receitas de Rufo: merendas literarias na semana do Día do Libro

 Na semana do día de libro realizamos unha morea de actividades e entre elas unha magnífica merenda literaria.

En que consistiu isto?? Pois no Baliño contamos cunha familia moi vinculada ao mundo dos libros e das ilustracións, os nosos benqueridos Iria e Dani. Como na biblioteca de Lerín temos os libros escritos por eles decidimos facer unha xornada gastroliteraria, mesturando unha exposición deste libros coa degustación dunhas deliciosas galletas, das que recollemos a receita do seu libro "As receitas de Rufo".

Así que mans a obra...

!. Entre todos os grupos de alumnado e os mestres, mestras e demais membros da comunidade educativa realizamos as galletas seguindo a receita no noso comedor.

2. Expuxemos os libros de Iria e Dani.

3. Presentamos a receita con pictogramas e debuxos.

4. Degustamos as nosas galletas nas merendas literarias no tempo de lecer.


Como nos gusta argallar e compartir momentos coma este!

Deixámosvos como sempre apoio gráfico visual da proposta.

Agardamos que vos guste!

Podedes consultar a receita no libro que temos na biblioteca.



sábado, 2 de mayo de 2026

Lecto-bot!

 Durante toda a semana seguimos tendo actividades relacionadas cos libros e cas historias que neles atopamos!

Houbo varios encontros interniveis, as crianzas de 3 aniños subiron á clase dos maiores a contarlle unha historia chea de mans, logo fixeron unha actividade moi interactiva...

Debuxaron as súas manciñas e logo grazas a Pepe, o noso robot, estivemos buscando onde se atopaban e iniciando a estes pequenos e pequenas no pensamento computacional!

 

Story Instagram Collage Fotos Planificador Feed Aesthetic Analógico Pastel de CEIP Monte Baliño

O alumnado de terceiro tamén foron onda os seus veciños e veciñas de infantil a compartir lectura!












 

5 de xuño: Día do Medio Ambiente

 As nosas compañeiras Celia, Aixa e Mavi elaboraron unhas fantásticas poesías con temáticas relacionadas coa natureza : a terra, o mar e o ...