jueves, 19 de diciembre de 2019

Recomendacións Lectoras

As mellores viaxes e as mellores aventuras están nos libros, estas datas sempre son un bo momento para agasallar con libros, pedir nas nosas cartas un cómic, conto, audiolibro, novela, etc...
Aqui vos deixamos algunhas recomendacións de LERÍN que podedes atopar na nosa BIBLIO BALIÑO e en calquera librería máxica que atopedes!
A seguir navegando polas letras durante o 2020

Mochilas viaxeiras!

Aqui temos a outra cativa que se animou a contarnos a súa experiencia coa mochila viaxeira e os seus libros!!!
Moitas grazas Lila e familia por este documento tan bonito e feito con tanto agarimo!

Nadal en Monte Baliño!

Asi de bonito e de fermoso é o Nadal no noso cole...despois dunha árbore chea de libros, coronado con Rosalía de Castro, decidimos crear uns desexos moi especiais que todas as familias recibiron a través dun código QR persoal, pero ainda quedaba o máis especial...OS AGASALLOS!
Toda a comunidade educativa participou nesta iniciativa, sorteamos @s nos@s amig@s invisibles!
O agasallo só tiña unha consigna, debía ser ELABORADO por cada un e cada unha, entendendo deste xeito que o importante non está no económico senon no emocional e no tempo adicado a realizalo, educando asi nun consumo razoable, sobretodo en estas datas.
Mañá é o gran día!
Moitas grazas a todas as familias por implicarse e colaborar dun xeito tan marabilloso!

jueves, 12 de diciembre de 2019

Biblioaxudantes!

Hoxe recibimos un agasallo moi especial!
Os nosos e nosas BIBLIOAXUDANTES, gozaron coa súas novas libretas, nas que poderán anotar todes ese mundos marabillosos que se atopan nos libros, Grazas!!!

Xogando a cuberto!

A biblioteca debe ser un " VIVEIRO DE CIDADANÍA", por iso moitas recreos énchese de alumnado que busca pasar un rato tranquilo, lendo ou xogando!
Así estaba hoxe!

Recreos diferentes

Esta semana temos na BIBLIO-BALIÑO obradoiro de elaboración de adornos de Origami, para a nosa Festa de Fin de ano do vindeiro venres día 20.
Non hai nada mellor que crear nós mesm@s!!



lunes, 9 de diciembre de 2019

Mochilas viaxeiras!

Este ano como novidade as nosas mochilas viaxeiras, achegaban a dirección mail para poder aportar archivos multimedia, aqui tedes a Aixa unha gran “influencer”, contándonos como foi a súa experiencia coa mochila de infantil!
Grazas Aixa e familia por esta aportación tan especial!

martes, 3 de diciembre de 2019

GAÑADORA DO CONCURSO

Xa temos gañadora do concurso da viñeta sobre a violencia de xénero, levado a cabo co motivo da conmemoración do 25  de Novembro, día en Contra de Violencia de Xénero!
Aquie tedes o resultado, despois das votacións, a nosa compañera Celia de 5º curso, presentou este debuxo gañador, que recolle o sentir e o pesar que nos produce este gran problema social.
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Recreos diferentes

Dende o venres pasado, xa comezamos o noso seguinte obradoiro, esta vez de ....PULSEIRAS e MACRAMÉ!
Anímate a vir á BIBLIO-BALIÑO e vive un recreo diferente!
A BIBLIO un lugar cheo de VIDA!




3 de decembro, CAPACIDADES DIFERENTES!

Hoxe é un día especial, no que no Ceip Monte Baliño traballamos as diferentes capacidades que teñen as diferentes persoas, o respecto e a aceptación da diversidade que nos enriquece e nos acompaña!
Os máis cativos e cativas do cole, estiveron lendo e traballando este fermoso conto, "Por cuatro esquinitas de nada", que con poucas palabras, explica ben claro as barreiras que forman parte da nosa vida, é que debemos romper e mirar máis alá de cada un e cada unha, entendendo as grandes CAPACIDADES que cada persoa ten!

O alumnado máis maior visionou esta curtam, que nos lembrou o importante que é aceptar, coidar, entender, empatizar, acompañar e xogar!







Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...