miércoles, 31 de mayo de 2023

CHARLA SEPRONA GARDA CIVIL

Esta semana leváronse a cabo no Baliño unhas Charlas Educativas sobre o coidado e conservación do Medio Ambiente, levadas a cabo polo servicio de Protección da Natureza "Seprona" da Garda Civil.

A rapazada de primaria, estivo moi atenta a todo o explicado interactuando e preguntando ao Garda Civil, a quen dende aquí lle agradecemos a súa visita á nosa escola.

Foron moi interesantes, entretidas e motivadoras, tendo por obxecto inculcar no alumnado o espírito de Coidado do noso gran ben, a Natureza.









 

domingo, 28 de mayo de 2023

Agasallos de Bibliotecas solidarias


 No Ceip Monte Baliño traballamos por unha educación pra tod@s, igualitaria, non discriminatoria, integradora e cooperativa, estamos dende fai anos inmersos e participando no programa de Bibliotecas Solidarias, coma todos os cursos, a labor dos nosos Biblioaxudantes é inmensa, non poderiamos facer casi nada na biblio se non fose polo seu traballo.

Organizan, colocan, axudan, etc…, por iso, aqui está un praueno agasallo que chega dende Bibliotecas Solidarias, para recoñecer todo o esforzo que conleva ter a biblio organizada e dinamizada!

Grazas equipo un ano máis!

jueves, 25 de mayo de 2023

Isto é música!

Hoxe visitounos Pedro Iglesias,  un músico que nos achegou un montón de instrumentos descoñecidos, con sons e electrónicas moi curiosos, experimentamos e ata intentamos gañar un concurso!

Moitas grazas Pedro, fou unha mañá moi divertida e de moitas aprendizaxes!

Longa vida á música e aos sintentizadores!



miércoles, 24 de mayo de 2023

Instrumentos moi especiais


 Esta semana tivemos a visita de Legar, que achegou ao nosos alumnado unha chea de intrumentos obtidos da natureza, con sons increibles, tamén nos fixeron bailar e lembráronnos a tradición dos cabezudos!

Moitas grazas, foi unha mañá estupenda!



martes, 23 de mayo de 2023

Mochila vixeiras 2023

 Ainda nos seguen chegando videos das mochilas viaxeiras, en breves quedarán xa gardadiñas para o ano que ven…

Hoxe chéganos a visita de Aixa, moitas grazas familia!



lunes, 22 de mayo de 2023

Sorpresa sorpresaaa!!

 Aqui temos ó noso alumnado preparando un agasallo moi especial para todas as persoas que acudiran a nosa comida do 50 aniversario do Monte Baliño….que será será….



Ciencia na escola

 Esta semana tivemos unha visita dos nosos cientificos favoritos!!!

Desta volta tocaron actividades de auga!!

Que maxia fan cada vez que veñen!!!




Festival das letras galegas 2023!

 Un ano máis aquí están os nosos e as nosas artistas, deixándonos ca boca aberta, que xenio e poderío, para celebrar o día da nosa cultura, das nosas letras, da nosa arte e do noso ser e sentir coma pobo!

Moitas grazas as familias por poder facelo posible e vir a pasar un anaquiño con nós!

 

jueves, 18 de mayo de 2023

Para hoxe xogos de onte!!!





 Polas letras galegas sempre se enche o noso patio dos xogos populares e tradicionais, ainda que adaptados en material a hoxe en día!

Esta semana temos a sorte de poder xogar con eles todo o recreo!!

Tamén fixemos algún xogo con material de refugallo!






domingo, 14 de mayo de 2023

Algo se está cociñando…

 Dende hai uns días algo se está cociñando na nosa biblio, a impresora 3D a pleno rendemento, non deixa descansar aos axudantes que a programan!!!



miércoles, 10 de mayo de 2023

Festival das nosas letras!

 Como cada ano o día 17 de maio celebramos por todo o alto a nosa cultura, as nosas letras e tradicións, e dende o Monte Baliño queremos convidarvos a un festival que o nosos alumnado está preparando para esta data tan sinalada!

Levarase a cabo na Casa da Cultura de Ferreira de Pantón o día 16 de maio a partir das 11:00 da mañá, estaremos encantad@s de contar coa vosa presenza!

Viva a Nosa Terra Galega!


Post Instagram Día das letras galegas, día de las letras gallegas gallego galicia de CEIP Monte Baliño

TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...