jueves, 29 de noviembre de 2018

❎ 25 N - Día contra a violencia de xénero ❎


Durante estes días estivemos lendo un libro na biblioteca do colexio (ARTURO E CLEMENTINA). Isto fixémolo lendoo todos xuntos, a través do apadriñamento lector, poñéndonos un maior cun pequeno .
Logo fixemos uns carteis con palabras positivas e negativas de Arturo e Clementina.

Os nenos e as nenas máis pequenos/as fixeron unhas bonitas tartarugas e pintáronas.

Os carteliños que fixemos pegámolos na tartaruga correspondente segundo a súa forma de ser.




Os nenos e as nenas de 3· e  4·cantaron unha canción titulada "Una puerta violeta", de Rozalen .


Ademáis,  fixemos un corto mudo sobre momentos nos que se exerce violencia de xénero.




Xa todos sabemos que hai que respetar aos nosos compañeiros , a nosa familia ,aos/as profesores e profesoras, E SOBRE TODO AS MULLERES


!Porque todos somos iguais SEXAMOS COMO SEXAMOS!


                                            NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.!!!!!!     


Editado por Cristina e Brais 5° de Primaria




jueves, 22 de noviembre de 2018

🔊🔊Audioconto " O capitán Pirata" 🔊🔊



Aquí vos deixamos o audioconto gravado polo alumnado de 3º e 4º con motivo do Día da Biblioteca..." O capitán Pirata"


¡Que o disfrutedes!



📖📖 DÍA DA BIBLIOTECA 📖📖

O 24 de Outubro de 2018 celebramos o día da biblioteca no C.E.I.P. Monte Baliño.

Os de Infantil fixeron unha obra de teatro coas personaxes de diferentes contos.

Os nenos-as de 4º  narraron un conto mentres facían uns barquiños de papel.
O conto titulábase "O capitán pirata".
O
s nenos e a nena de 6º fixeron unha obra de teatro sobre dous xemelgos que se chamaba "Alex e Axel"

Os nenos-as de 5º e 6º gravamos unha recomendación lectora (BOOKTUBERS de Outubro) para ensinarlle aos nosos compañeiros.

Tamén organizamos o apadriñamento lector que consiste en que un maior se sente  cun pequeno na hora de ler para que mellore a súa lectura. E repartimos os carnets da  biblioteca aos nenos novos.

Editado por: Blanca González  e Rubén Pedrido. (5°EP)

martes, 20 de noviembre de 2018

👦👧20 N Día mundial da infancia👧👦

Como cada ano, o 20 de novembro celébrase o Día Universal do Nen@, un día para recordar non só is nosos Dereitos, tamén os nosos Deberes.
No día de hoxe, reflexionamos sobre as situacións dos nenos e nenas máis desfavorecidos.

lunes, 19 de noviembre de 2018

👻👻 Recuncho do Samaín 👻👻

Entre tanto ir e vir, esquecémonos de subir ao blogue o noso pequeno recuncho da Biblioteca adicado ao Samaín.
Este terrorífico castelo recomendaba aos máis cativos algún dos títulos favoritos desta época. 
E ti, atreveríaste a vivir todas as escalofriantes aventuras que se recollen nestes libros?

martes, 13 de noviembre de 2018

Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...