Se a imaxinación queres deixar voar, en Biblio Baliño, Lerín, vaiche axudar!
miércoles, 10 de abril de 2019
Olimpiada Interxeneracional
Unha das iniciativas ás que nos acollimos este curso escolar dende a Biblioteca, foi a de participar no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, promovido pola Consellería de Educación.
Do fruto desta iniciativa, estableceuse unha moi boa relación cos usuarios e usuarias do Centro de Día, o cal nos brindou a oportunidade de compartir o pasado martes, un momento de ocio grazas ás Olimpiadas Interxeneracionais organizadas no Pavillón de Ferreira por parte do Centro de Día, pola conmemoración do seu XX Aniversario.
Todos xuntos, maiores e pequenos, poidemos desfrutar dos xogos tradicionais galegos: a corda, a chave, a ra, o tres en raia....
Os nosos cativos disfrutaron de grandes momentos xunto aos usuarios do Centro de Día .
Dende aquí, queremos agradecer públicamente ao Centro de Día por esta invitación.
No enlace seguinte podedes ver un pequeno vídeo recopilatorio destes momentos.
Que o disfrutedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.