lunes, 30 de noviembre de 2020

25 de NOVEMBRO

Boas de novo!!!
Aqui estamos co prometido, durante esta semana realizáronse diferentes actividades co motivo do día 25 de Novembro en contra da Violencia de Xénero.
Aqui vós deixamos un pequeno resumo do traballiño que o  noso alumnado, en colaboración coas súas familias, fixeron, tan bonito e tan especial...


jueves, 26 de noviembre de 2020

Dani e Iria






 O 20 de Novembro foi o día dos Dereitos d@s Nen@s, coma todos os días, @s nos@s cativ@s precisan do amor, coidados e alimentos que precisen, aínda que somos conscientes de que existen realidades nas que isto non existe...

Nós escollemos ese día tan especial para lembrarlle ó alumnado a importancia e privilexio dunha alimentación saudable e equilibrada, e tivemos uns excelentes “mestres de ceremonias” para isto, Dani e Iria.

A través do seu libro “Grandes receitas. O raposo Rufo”, no que ademáis de coñecer a Rufo, achéganos dunha forma moi divertida receitas para toda a familia, de doada elaboración e moi pero que moi saudables.

Despois analizamos diferentes productos en función da súa cantidade de azúcres e graxas, para pasar a analizar diferentes anuncios publicitarios, dun xeito crítico, sobre alimentos non moi saudables.

Por último cada quen realizou o seu “prato saudable personalizado”!

Foi unha actividade moi enriquecedora e divertida, coma sempre, que sorte temos de telos tan cerquiña, unha vez máis GRAZAS Iria e Dani!!!



miércoles, 25 de noviembre de 2020

Rosa Caramelo

 Con motivo das nosas actividades enmarcadas no 25 de Novembro,  esta semana 

Lerín visitou a clase de infantil,  para contar un conto moi especial, Rosa Caramelo.

Despois estivemos reflexionando sobre todas as cousas que lle pasaban a elefantiña...ata que unha vez máis descubrimos, cada un e cada unha debe facer e ser aquelo que o/a fai FELIZ!

Na sesión de psicomotricidade todas e todos xogamos a bailar, a correr, ó fútbol, a imaxinar que por encima de todo, é preciso o RESPECTO, palabra que @s nos@s cativ@s, comprenden xenial!

Que grandes persoiñas sodes!🌈💜🤸🏻🏃🏻‍♂️🏃🏻‍♀️



Incluteca!


 Tal e como empezamos o ano pasado, seguimos ampliando os recursos da nosa incluteca, esta vez non son libros, nin material para a mesa de luz....son uns xogos moi divertidos para seguir aprendendo dun xeito distinto!!!

Magosto!!!

 Este ano, como moitas outras cousas, o magosto foi diferente, pero non menos divertido, comemos castañas e chourizos asados, bailamos, xogamos, fixemos talleres de manualidades, pero sobretodo gozamos un pouquiño polo San Martiño!!!🍂🍁🍄🥓🌰🌰





lunes, 23 de noviembre de 2020

As nosas mulleres

 Este ano aínda que as nosas conmemoracións serán máis multimedia que nunca, non podiamos deixar pasar un día tan importante coma o 25 de Novembro, no que celebramos o día en contra da violencia de xénero.

Dende o equipo de biblioteca prouxéronse diferentes actividades, unha delas era a entrevista a unha muller maior que tiveramos cerca, avóa, veciña, gardando as distancias, ou incluso por teléfono...

Os compañeir@s de quinto e sexto, deberán contestar a unha serie de cuestións sobre a vida e traballo, as diferenzas coa actualidade, etc.. 

@s máis pequen@s aportarían unha foto ou un debuxo, no que conten curiosidades sobre a persoa entrevistada.

Un traballo reflexivo sobre o rol da muller nas diferentes épocas, as circunstancias diversas de cada unha, coñecer máis a xente que nos rodea, e compartir un tempiño enriquecedor con esa gran muller!

Prontiño iremos cargando as diferentes entrevistas, que coma sempre, non nos deixarán indiferentes, xa que estes cativos e cativas son xeniais e sempre nos sorprenden!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!💜




Mochilas viaxeiras!

 Empezamos a semaniña con esta xoia que nos envía Curtis de 5º, cóntanos con moito detalle que libros lle gustron máis e cales lle gustaron un pouquiño menos!

Moitísimas grazas Curtis e familia!



viernes, 20 de noviembre de 2020

Apúntate ao violeta!

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Dende Biblio Baliño, Lerín sigue propoñendo actividades, principalemente as que nos gustan moito, son aqueles relacionados coa visibilización das inxustizas sociais.

O próximo día 25 de Novembro conmemórase o Día en contra da Violencia de Xénero, ese día aportaremos o noso pequeno detalle levando todas e todos algo de cor VIOLETA!

Sabedes por que ese é a cor que se utiliza como simbólica en favor das mulleres? Pois mirai, conta unha lenda que o relaciona coa cor das camisas que fabricaban as "shirtwaists", que eran 146 mulleres que morreron nun incendi que se deu na fábrica textil na que traballaban. Contaban que o fume que se vía era de esa mesma cor e que se podía ver dende moi lonxe...

En 1908 as mulleres que loitaban pola igualdade, adoptaron esa cor na súa vestimenta.

Xa sabedes, o mércores o Ceip Monte Baliño, apúntase ó violeta.

Recreos diferentes!



 Esta situación que estamos a vivir segue a ensinarnos moitas cousas, unha delas é a creatividade e capacidade que teñen os cativos e as cativas de adaptarse a todo, e facernos ver, que o seu modo de entender o mundo é moito máis sinxelo, pero sempre máis práctico! 

Estas pequenas de terceiro, de maneira espontánea, reflexan que sempre hai unha greta pola que entra o sol!

Sodes xeniais!🌈😍


miércoles, 18 de noviembre de 2020

Mochilas viaxeiras

 Boas amiguiñ@s!

Seguimos coas nosas super mochilas viaxeiras, que tamén chegan ó alumnado de 6º!

Celia, unha das nosas maiores, explica moi ben porque o libro de “Hipatia” foi o que máis lle gustou.

Grazas Celi!🎒🌈




lunes, 16 de noviembre de 2020

Mochilas viaxeiras!

 As mochilas viaxeiras tamén visitan as casiñas dos máis pequen@s do cole! 🎒📚🌈

Aixa de 6º de infantil, cóntanos que libros foron os que máis lle agradaron!

Moitas grazas por participar familia!🤩



Mochilas viaxeiras!

 O noso alumnado e as súas familias non deixan de enviarnos os seus vídeos sobre os tesouros que chegan as casiñas de mans das mochilas viaxeiras!

Martina de terceiro, envíanos esta super montaxe, chea de orixinalidade, maxia e moito xenio!

Grazas Martina e familia!



domingo, 15 de noviembre de 2020

Mochilas viaxeiras!

 A mochila viaxeira visitou a casiña de Jimena de 2º, e aqui nos conta que cousiñas lle gustaron máis e cales menos!

Moitas grazas unha vez máis ás familias, porque esta actividade sen a vosa axuda non sería posible!


sábado, 14 de noviembre de 2020

Ciencia no cole!!!

 Esta semana tivemos de novo a visita duns científicos moi “guais” que nos ensinaron como funcionan e como reaccionan moitos aspectos da nosa vida diaria.

Neste taller deixaron claro que a ciencia, como todas as cousas na vida, non depende de ser home ou muller, só de traballar duro e perseguir as nosas metas!!!




jueves, 12 de noviembre de 2020

Mochilas viaxeiras!

 Aldán, uns dos nosos maiores do cole, cóntanos hoxe que foi o que máis lle gustou do que hai na mochila viaxeira de sexto e quinto, aqui vós deixamos a súa aportación!

Unha vez máis moitas grazas por participar!



lunes, 9 de noviembre de 2020

Mochilas Viaxeiras!

 Bos días amiguiñ@s!

Empezamos a semana con Thiago de 3º que nos conta que  libros lle gustaron máis e cales menos da mochila viaxeira que lle tocou levar esta semana!

Grazas por participar!📚🎒


sábado, 7 de noviembre de 2020

Entrega de premios monstrosos!

 Temos un cole cheo de artistas, de escritores e escritoras marabillos@s, de meiguiñas e bruxos que fan conxuros estupendos, de moita creatividade que consegue unha vez máis sorprendernos, participando en todo que lle propoñemos!⭐️🌈👻🕸🕷🧙🏼‍♀️

Grazas profe Cris, por facernos esta reportaxe tan chula!🥳🤩

Noraboa ós premiad@s e tamén a tod@s por participar!




Mochilas viaxeiras!

 Seguimos coas nosas mochilas cheas de mundos literarios, aqui Nerea de 5º cóntanos o que máis lle gustou e o conto do que màis aprendeu!

Grazas por participar!


Mochilas viaxeiras!

 As nosas mochilas xa andan de visita polas casas!

Este ano, iremos alternando dúas diferentes por aula, de tal xeito que cando unha mochila regrese ó cole, quedará unha semaniña de “corentena” no cole, e enviaremos outra!

De este xeito poderemos seguir facendo esta actividade que tanto nós gusta, cumplindo as medidas hixiénicas.

Tamén comzamos a recibir as vosas aportacións multimedia sobre o que máis vos gustou da mochila!

Hoxe é o noso compi Mateo de segundo, que nos fai chegar esta reflexión!

Moitas grazas como sempre, por participar en todo familias!🌈☀️😃



jueves, 5 de noviembre de 2020

Un agasallo moi especial!

 Hoxe chegounos a Biblio Baliño un agasallo moi especial!

O super libro de “Grandes receitas do raposo Rufo”, tivemos o gran privilexio que os seus creadores, Iria e Dani, nos adicaran esta obra tan linda e feita con tanto xeito, con receitas saudables, apetitosas e para facer en familia!

Moitas grazas, ocupará un lugar especial na nosa biblio....ah, tamén en breve nos acompañarán no cole para facernos unha desas actividades súas que tanto nós prestan!

Pronto haberá novas, estai atent@s!



Comezamos a robotizarnos!

 Este ano estanos moi contentas e contentos, por fin chegaron as nosas mans os ESCORNABOTS!

Despois dunha xornada de formación e montaxe da nosa profe, agora tócanos a nós! Para comezar a entender a linguaxe da programación, empezamos a traballar con Scratch, creando as nosas propias animacións e xogos!

Agora toca “fuchicar” nas novas tecnoloxías para seguir aprendendo!





lunes, 2 de noviembre de 2020

Terrorificamente divertido.

 Que ben, que ben, e....que medo! 

Foi un día estupendamente medorento!

Aínda tendo moito coidado e cumplindo as normas hixiénicas como facemos a diario, celebramos e divertímonos nesta data que tanto nos gusta...

Fixemos talleres de manualidades e froita terrorifica, bailamos cancións de medo, escoitamos contos e historias e xogamos a cousas moi divertidas!




O noso Samaín

 E así, facendo uso da nosa “maxia”, recorremos un montón de lugares monstrosos durante a nosa celebración do Samaín.....que medo!🧙🏼‍♀️🧙‍♂️


Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...