lunes, 16 de marzo de 2026

3 cumios!

 Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole, Tomás e Manuel achegáronnos o mundo do alpinismo e compartiron con nós unha experiencia marabillosa levada a cabo en Perú!

Con moito xeito contáronnos que é iso do alpinismo, que se precisa, como se preparan, e ensináronlle ao alumnado de primaria fotos e vídeos sobre a súa última expedición, observando a dureza e dificultade deste deporte, a importancia do equipo e da seguridade e planificación de todo o que fan!

Ao mesmo tempo tamén nos explicaron que despois de visitar un lugar tan incríble era necesario para eles poder compartir e agasallar con algo á xente e ao lugar que os estaba acollendo e que os estaba deixando desfrutar de esta experiencia.

Asi que movidos polo seu espíritu emprendedor e docente, decidiron facer unha lista de material necesario nas escolas da contorna e facerllo chegar, unha maneira excepcional de compartir, agasallar e convivir!


Grazas por facernos partícipes das vosas andanzas!












viernes, 13 de marzo de 2026

ACTIVIDADE SEMANA DA PRENSA

 Esta semana foi a semana da prensa e os máis cativos e cativas do noso Baliño, gozaron cunhas propostas sensoriais nas que deixaron voar a imaxinación e desbordaron creatividade. Empregaron xornais e rulos de cartón. 

Crearon prismáticos, fixeron bolsos, mascotas, trasvasaron, rasgaron, cortaron.... aprender xogando e desenvolvendo a motricidade fina con materiais cotiás. Novos usos e reutilización. Non o plástico!



Semana da prensa. Biblioteca creativa.

Proxecto Voz Natura.


8 de marzo

 Un día como hoxe conmemoramos e ensalzamos a figura da MULLER, reflexionamos sobre as diferenzas e inxustizas que a día de hoxe seguen existindo neste eido!

Durante esta semana realizamos diferentes actividades e propostas que puxeron de manifesto o noso sentir e o noso amor por aquelas muller que cambian e cambiaron o mundo ca súa voz e valentía, pero sen esquecernos primeiro das máis cercanas…

Entre outras propostas como lecturas, traballo sobre unha figura feminina concreta, elaboramos un chaveiro ca impresora 3 D, logo completámolo ca nosa pegada no caso de infantil e cunha palabra especial no caso de primaria, pensando nesa persoa que para nós é a muller máis especial do noso mundo!!


























Tamén gravamos un programa de radios especial no que cada alumno e alumna do cole puxo o seu gran de area neste 8 de marzo!


domingo, 1 de marzo de 2026

Día de Rosalía

 Este ano polo día de Rosalía leváronse a cabo diferentes propostas relacionadas co noso PDI, dende artes plásticas, ás poéticas e as musicais!

O alumnado de cuarto a sexto contounos a historia de Rosalía, a través dun libro precioso, Rosalía de Castro de Alba de Evan, Xabier Dominguez e Bea Gregores, ademais dunha gran inventiva e xeito elaborando e cantando regueifas sobre esta autora, que marabilla!



Concurso día do libro 2026

 Seguindo co noso PDI anual, este ano Lerín proponvos un reto creativo para o día do libro! Con exemplares que teñades por casa vellos, ou i...