martes, 26 de noviembre de 2019

"Libres e salvas"

O alumnado de quinto e sexto, axudantes da biblioteca, crearon un "Rap", para deixar ben claro que non están dispostos a aturar a violencia de xénero baixo ningún concepto.
Letra: Alumnado de quinto e sexto.
Voz: Todo o alumnado.
Música: beat hip hop instrumental saxophone.


25N

Cada 25N berramos ben alto "NON A VIOLENCIA DE XÉNERO", dende a biblioteca preparáronse diferentes actividades.
O alumnado participou nun concurso de viñetas que recolleran mensaxes relacionados coa problemática da violencia.


Tamén se montou na biblioteca unha exposición con libros de temática relacionada co respecto, a non violencia, en contra dos tópicos e estereotipos, etc...
Que se completou con traballos realizados polo alumnado de quinto e sexto sobre deportistas femininas, no que observaron as diferencias máis que evidentes...






Remodelando a Biblio!

A nosa Bilio-Baliño cada vez ten máis recursos tanto bibliográficos, coma lúdicos, xornais, revistas, rincóns artísticos, etc...
Os nosos "Papagaios" xa teñen un lugar privilexiado, aqui os podedes ver todos colocadiños e ordeados!

Coñecendo a Cocorico

A semana pasada o alumnado de infantil coñeceu a "Cocorico"!
Utilizando este fermoso conto da Editorial OQO, traballamos moitas destrezas e habilidades artísitcas, ó mesmo tempo que utilizamos a cantiga que acompaña a esta obra, para traballar ritmo e psicomotricidade fina, introducindo pequenos movementos en cada unha das súas partes.
As cativas e cativos estiveron encantados e felices descubrindo o marabilloso mundo que hai nos contos e nos libros!

martes, 12 de noviembre de 2019

Estoxos rematados!

Durante estes venres dende que comezamos o curso, estivemos realizando un obradoiro de elaboración de estoxos con material de refugallo, no que o alumnado acudía de maneira opcional, para pasar un recreo diferente e observar as diferentes posibilidades que nos pode aportar o espazo da biblioteca.
Aqui vos deixamos unha mostra das super creacións que fixeron!

lunes, 4 de noviembre de 2019

Actividade interxeneracional

Estes dous luns tivemos unha actividade moi especial...acercámonos ó Centro de día que temos moi pretiño, e pasamos unha xornada estupenda e preciosa, compartindo momentos e historias, incluso algunha cantiga cos usuarios e usuarias do centro.
Voltamos co corazón cheo de enerxía e con moitas historias preciosas sobre a vida de cada unha das persoas que nos acompañaron.
Moitas grazas por unha mañá tan emotiva!

TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...