Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de octubre de 2024

Camiño de inverno!!

Pasiño a pasiño faise o camiño! Aqui vai un resumo do pedaciño de fixemos do camiño de inverno, nunha xornada de convivencia con moitos máis coles da contorna e descubrindo un anaco do Camiño de Santiago que pasa pola nosa zona!

As distancias variaron entre as crianzas máis pequenas que camiñaron 1km e o alumnado maior que camiño 4,5kms!i

Tod@s o pasamo en grande e tivemos un día estupendo para desfrutar da natureza e do sendeirismo!

Despois ao chegar ó cole ca nosa credencial, fixemos unha actividade relacionada co noso PDI, “Un monte de Emocións”, na que cada neno e nena pintou na súa cuncha de peregrín a cor e a emoción que sentiu facendo o camiño de inverno!



jueves, 23 de septiembre de 2021

Kinetiko

 Volve a actividade ao Monte Baliño!

A semana pasada asistimos por turnos e grupos de conviencia a unha exposición moi peculiar, “KINETIKO”.

O proxecto parte dunha asociación entre un xogueteiro e un titiriteiro, que con moita creatividade e materias naturais, transpórtannos a un mundo de xogo autómata, como eles o definen, cheo de poleas, pancas e moito inxeño!

Moitas grazas, encantounos!



sábado, 23 de marzo de 2019

Semana da Árbore e da Auga


Durante esta semana, co galo da 8ª Semana Escolar da Árbore e da Auga,  estivemos a traballar sobre a importancia do coidado do noso medio ambiente, facendo un especial fincapé na importancia da conservación da nosa natureza.
Para iso, grazas aos materiais doados pola Deputación de Lugo, estivemos a ler os libros: O poder da auga de Xose A. Perozo, para o alumnado de primaria.
  • A camiñada de Pin e Gas de Xose A. Perozo, para o alumnado de infantil.












Ademáis, aproveitamos para plantar un fermoso bidueiro o que lle puxemos de nome "Chirri"





Mochilas viaxeiras!

 As nosas mochilas viaxeiras xa comezaron a visitar as casas das crianzas do Monte Baliño! Cheas de sorpresas coma sempre! Van completiñas d...