lunes, 19 de junio de 2023

O monstro de cores

 O alumnado de primeiro e segundo durante a materia de proxeto competencial traballaron durante todo o curso as emocións, os sentimentos, as actitudes, etc…

Despois eleximos o conto do “Monstro de cores” de Anna Llenas, e comezamos a adaptar o guión, repartir os papeis, elaborar traxes e atrezzo, e como non, a ensaiar!

Aqui tedes o magnífico resultado!

Desexamos sexa do voso agrado xa que estes pequenos e pequenas traballaron moi duro, que grandes artistas!


viernes, 16 de junio de 2023

Orientación e cartografía!

 Onte a rapazada de quinto e sexto convertéronse en axentes forestais en busca das coordeadaa axeitadas aue os levarían cara o tesouro!!!

Grazas á brugada forestal aprenderon a orientarse nun mapa, con gps, medir árbores con materil específico e a interpretar mapas.

Pasaron unha xornada de tarde estupenda, e encima, atoparon o premio!!! Moitas grazas pola actividade, encantounos!!















Pechando mochilas…

 Bueno pois outro cursiño que remata…asi que as nosas mochilas viaxeiras xa quedan gardadiñas e a espera de volver as vosas casas no videiro curso!!!

Encherémolas de novo de ilusións, de viaxes a mundos fantásticos, de misterios e poemas, de xogos e de macxia, de momento aqui quedan a cargo de Lerín que será o encargado de mantelas a bo recaudo todo o verán!!

Ata a volta!!!



jueves, 15 de junio de 2023

POEMA FIN DE CURSO GLORIA FUERTES

A cativada de 1º e 2º E.Primaria xunto coa súa mestra Nuria prepararon un fermoso poema da gran escritora Gloria Fuertes titulado "PAREJAS", no que traballaron a memoria e a dicción 

Velaquí tendes o froito do seu traballo e esforzo!

Xa non queda nada, 

este curso remata

non vos damos máis a lata

Esperámosvos a vindeira etapa!!!





miércoles, 14 de junio de 2023

Recomendacións lectoras

 Coma todos os anos por esta época dende a Biblio Baliño queremosvos enviar algunhas suxestións para ler este verán, lembrai que non hai mellor viaxe ca dun libro!

Aqui vos deixamos algunhas aventuras lectoras para surcar os mares, voar polos ceos e descrubrir tesouros na profundidade das montañas!

Bo verán e que as letras vos acompañen!

 

miércoles, 7 de junio de 2023

Discurso 50 aniversario

 O alumnado de cuarto foi o encargado de inaugurar a exposición que prepararon durante todo o ano xunto cos paraces e rapazas de sexto.

Hoxe fomos á radio, a gravar as palabras que con tanto cariño adicaron as 250 persoas que acudiron ó cole a celebrar un día tan especial para nós!

Se queres escoitalo, pinchai na foto e veredes que dominio teñen estes cativos e cativas da expresión oral!



50 aniversario do Monte Baliño

 Aqui queda un resumo da nosa xenial exposición dos 50 anos que preparou o alumnado de cuarto e sexto durante todo este curso na súa hora de libre configuración!

Grazas por este gran traballo rapazallada!



sábado, 3 de junio de 2023

Exposición interactiva 50 anos do Monte Baliño!

 Despois dun longo traballo durante todo o ano, conseguimos o noso obxectivo con creces, montar unha bonita exposición sobre o noso colexio e estes 50 anos de historia...

Hoxe 3 de xuño, celebramos por todo o alto e con toda aquela xente que se puido achegar a compartir un momento con nós, e que por algún xeito, durante este medio século, estivo ligada nalgún momento ó noso centro.

Queda inaugurada a nosa exposición, con fotografías, recreación dunha aula antiga, obxectos que formaron parte da nosa escola, etc...

Se no puideches vir á comida de celebración pero estarías interesada ou interesado en visitar a exposición, o alumnado de cuarto e sexto, grandes artífices de este feito, están encantados de ensinarcha en horario de mañá!

Chama ao centro con antelación para poder asistir a vela entre o día 5 de xuño ata o 14, ambos incluídos. Telf.:982828216/15

O horario de visita sería dende as 11:40 ata remate.

Moitas grazas e aquí seguiremos sumando anos e sementando coñecementos!






Primeiros auxilios!

 A nosa biblio segue ofrecéndonos actividades nesta recta final de curso! Hoxe tocoulle o turno aos primeiros auxilios, tivemos a rote de contar cunha enfermeira do Hula que lles explicou e ensinou ao alumnado de quinto e sexto a importancia de saber reaccionar ben cando algo ocorre preto de nós, ese primeiros segundos son decisivos para poder salvar vidas, menuda lección importantísima aprendemos hoxe!

Moitas grazas!





TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...