jueves, 22 de diciembre de 2022

Laretea na Lareira!

E un ano máis aquí vos deixamos coas nosas estrelas, son artistas dende a punta do pé ata a cabeza!

Non nos queda moito que dicir, só que moitas grazas polo día de hoxe, e por todos os días que facedes que a nosa labor sexa FANTABULOSA!

A toda as familias e a todo o alumnado desexarvos un moi bo Nadal e un 2023 cheo de cousas bonitas, agora toca desfrutar das vacacións e do calor da familia!

Actuación 5-6: https://www.youtube.com/watch?v=wh3eZEnz_P4
Actuación 3-4: https://www.youtube.com/watch?v=4nwS-QogHJ0
Actuación 1-2: https://www.youtube.com/watch?v=2SUamHoJqd4
Actuación mestr@s: grupo Pel e Pau. 

 

As nosas estrelas!!!

 Hoxe tivemos unha sorpresa das grandes, desas que enchen o corazón dos mestres e das mestras, desas que nos lembran cada día a marabilla e a preivilexio da nosa profesión...

O alumnado do cole preparou un festival sopresa, elas e eles soliños, prepararon as actuacións, ensaiaron, elaboraron un guión, unha lista de cancións necesarias para o evento, e de repente...ali estabamos vendo como a creatividade e a ilusión da cativada fai verdadeira MAXIA!!

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!!!! Sodes o mellor alumnado do mundo mundial!!




domingo, 18 de diciembre de 2022

BRILA BALIÑO!

 Este ano temos un final de trimestre por todo o alto e sobreto moi familiar!!

O día 22 o alumnado compartirá as nosas celebracións de inverno coas súas familias, con chocolatada, apertura dos amigos invisibles e como non, as nosas persoais badaladas!

Para iso, coma sempre, é preciso vir coas nosas melloras galas, che@s de enerxía positiva, de luz e de bos desexos para este novo 2023  que está por vir!

Non esquezades as purpurinas, os tocados, os peiteados e as lentejuelas, gravatas e paxariñas, e a gozar!!!!


FestI baliño martes 21 de decembro de CEIP Monte Baliño

Recomendacións lectoras

 Como cada ano por estas datas, dende o Colectivo Lemos Lé, elaboramos unha serie de recomendacións lectoras que sempre axudan no momento de escribir a carta ao Reis, porque un libro sempre é un agasallo cheo de mundos e fantasías para desfrutar!!!

Aqui quedan, desexamos que algún sexa parte das vosas peticións navideñas!!!

viernes, 16 de diciembre de 2022

Nadal máxico!

 A nosa bibliocreativa non para!!! Hoxe a profe Cris ensinoulles a Ian e Unax a maxia da luz negra para iluminar todo canto aparece!!!



Ciencia na escola!


 Esta semana tivemos se novo a visita d@s nos@s científic@s favoritos, que nos achegaron un montón de experimentos e volveronnos a lembrar a importancia das figuras femininas dentro de todos os descubrimentos importantes na historia!

Que ben o pasamos sempre que vides!!! Grazas!!!




viernes, 9 de diciembre de 2022

Amig@s invisibles!

Volve @ amig@ invisible!!!!

Este ano volvemos a propoñer a mesma actividade pero con un pequeno matiz: cada alumno e alumna elaborará un pequeno detalle, utilizando material de refugallo, que posteriormente colocaremos na nosa árbore no cole.

Os agasallos este ano non van dirixidos a ninguén en concreto, senon que cada quen, no seu turno, collerá un, ao azar. 

Tendo en conta que non sabemos a quen lle tocará, haberá que poñer en xogo a imaxinación e a creatividade que tedes! 

Os detalliños haberá que traelos antes do día 21 ao cole, e se pode ser envoltos.

 




AMIG@S INVISIBLES de CEIP Monte Baliño

jueves, 8 de diciembre de 2022

50 anos do Monte Baliño!

 Como xa levamos anunciando dende que comezou o curso, este ano o noso cole está de aniversario, asi que os nenos e nenas están facendo unha labor de recopilación, organización de documentos fotográficos, entrevistas, etc…

Hoxe tivemos unha visita moi especial, Antonino, mestre e director deste cole, achegouse a contarlles aos nenos moitas curiosidades de anos atrás…

Os nosos reporteiros e reporteiras nono deixaron ir sen facerlle unha boa entrevista!

Desfrutai das súas palabras!





miércoles, 7 de diciembre de 2022

Baliño di NON!

 Con moitivo da conmemoración do 25 de Novembro e partindo do noso PDI, centrado na nosa terra galega, quixemos adicar este día as nosas mulleres bravas do rura, visibilizar a súa fortaleza e valentía.

Apoíamonos na idea que espectacularmente plasmou Joseba Muruzábal, un pintor de Cambre, que cos seus murales espallados por toda a xeografía galega, pretendeu homenaxear a estas mulleres bravas, creando unha especie de exposición ao aire libre, “Fenómenos do rural”.

O alumnado recortou, coseu ou pegou un gran corazón morado nos diferentes mandiles que foron chegando das casas, así conseguimos recoller un pouco desta historia tan bonita cara esas nosas mulleres valentes do rural!

*Información e fotografías dos murais sacadas de https://viajandoelmapa.com/ruta-por-los-murales-de-las-superabuelas/




martes, 6 de diciembre de 2022

Mochila viaxeira 2022

 Hoxe chéganos un video moi chulo de Lila de 5º e da visita da mochila viaxeira a súa casiña, moitas grazas Lila e familia!🌈👏🏻🎒📚



Actividades na noso biblio

 Durante todo este mes, estivemos facendo un montonazo de actividades, saídas, visitas, etc…que ben volver a desfrutar de todas estas cousiñas!😃😃😃

Nestes días fixemos unha actividade moi chula de creación de espantallos a través de material de refugallo….aqui podemos ver as nosas crianzas en pleno proceso creativo!



Tamén recibimos unha charla moi interesante e formativa relacionada coa violencia de xénero, os consentemento e moitas cuestións relacionadas con este tema, moitas grazas ao Concello de Pantón por esta actividade, tan necesaria e importante para crear conciencia nas nosas futuras xeracións.



TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...