viernes, 30 de octubre de 2020

Contos de Samaín

 Aínda que xa chegamos ó venres hoxe temos dobe ración de contos...

Por un lado Angelis, Arailis e Celia van a presentarnos a súa amiga oscuridade tan peculiar...



Como segundo prato temos a Fabri, Clay e Saray que nos van a facer tremer cun curioso personaxe conocido como Grúfalo...



jueves, 29 de octubre de 2020

Contos de Samaín

 Xa é xoves pero os nosos contacontas seguen mandándonos un montón de creacións e lecturas moi divertidas, hoxe é o día de Raúl e Nerea que nos van a explicar se os monstros choran...ou non choran???



miércoles, 28 de octubre de 2020

24 de Outubro. Día das bibliotecas

 Así, seguindo coa temática do noso proxecto de centro, a nosa biblio transformouse nun lugar cheo de pistas que seguir, libros que atopar, títulos que recolectar, para chegar ao final do xogo, colaborando e traballando en equipo, sempre seguindo as normas de hixiene, evitando tocar os libros, con encargad@s para cada labor...aínda así, pasámolo xenial!

Celebramos, un ano máis, un día tan especial como o 24 de Outubro, lembrando a sorte que temos de contar con esta biblio chea de vida!




Contos de Samaín

 Seguimos coa nosa gran variedade contos e lectores....hoxe tócalles a Erea e Carmen, que nos van a contar unha historia moi bonita sobre a vida dos monstros...



martes, 27 de octubre de 2020

Contos de Samaín

 Hoxe e o turno de Claudia e Daniela que con moi bo gusto e moi bo saber facer, achégannos esta versión tan divertida de esa cabaciña tan especial que moito nos presta!



lunes, 26 de octubre de 2020

Contos de Samaín

 Comezamos coa nosa semana de Samaín...este ano non podemos gozar dos contos monstrosos na biblio, que tanto nos gustan...pero os nosos e as nosas biblioaxudantes transformáronse en contacontos e viaxaron a diferentes lugares para achegarvos unhas bonitas historias de Samín!

Hoxe tócalle o turno a Candela e Marta, que nos van a contra a verdadeira orixe do Samaín!




domingo, 25 de octubre de 2020

Día das bibliotecas

 Hoxe 24 de outubro celébrase o "Día das bibliotecas", e nós non podemos estar máis orgullosos e orgullosas da nosa Biblio Baliño, onde atopamos sempre unha chea de libros e hitorias, de xogos e de recunchos creativos, onde se atopan os nosos xornais e revistas, e onde pasamos sempre moi bos momentos grazas as actividades e visitas que enchen as súas paredes.

Este ano é un pouquiño máis complicado realizar  moitas das actividades e xogos que sempre se facían, pero pouco a pouco imos adaptándonos aos novos tempos, e imos plantexando varias tarefas que nos achegan ao mrabilloso mundo da literatura e da cultura. 

O mércores celebraremos este día tan especial, con un xogo de pistas por "Grupos de convivencia" baseada nas "Xeografías dos contos populares" posto que ese é o noso PDI de curso, sempre respectando as normas de hixiene e o protocolo da biblioteca, sen perder o obxectivo principal, coñecer e gozar da nosa Biblio Baliño.



Había unha vez un cole...

 Aqui estamos, así de felices, así nos vemos todos os días, para lembrar os nosos sorrisos, ocultos baixo os tapabocas, pero aí seguen, sempre alumeando os nosos corredores, para lembrarnos que pronto poderemos ensinalos!!

Viva Monte Baliño!!!





Moitas novidades...

 Pouco a pouco imos acercando novidades, novos e increíbles mundos por descubrir...non vos esquezades de visitar a Lerían que ten moito por ensinarnos...







sábado, 17 de octubre de 2020

Xa se achega o Samaín...

Sempre por estas datas, a nosa biblbio convírtese un recuncho monstruoso e terrorífico....este ano non podía ser menos, aínda que as actividades e concursos serán un pouco diferentes...

Imosvos deixando un adianto, animaivos a escribir, a crear, a inventar mundos e historias que nos transporten as noites escuras e tétricas de Samaín...






jueves, 15 de octubre de 2020

Os Nosos Sorrisos

 Boas amiguiñ@s!

Este curso por motivos sanitarios temos que esconder os nosos sorrisos cos tapabocas, pero...SEMPRE ESTÁN AÍ!

Así que quixemos facer un conto para que todos poidamos vernos, descubrir que sempre hai un sorriso por baixo das nosas proteccións e para lembrar que pronto volveremos a ensinalos!

Moitas grazas as familias, unha vez máis, pola súa participación.





sábado, 10 de octubre de 2020

ESTAMOS EN MARCHA!

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Comezamos a andadura das nosas lectura, por fin! Volta a mergullarnos nas lindas historias que nos brindan os libros!



Hoxe repartimos as nosas lecturas para este trimestre, grandes “Beste sellers” para cada curso, axeitado as súas preferencias e gustos, ademáis de que en cada un se esconden moitos aprendizaxes relacionadas coa amizade, o respecto, a curiosidade, a familia....



Lerín preparou para o alumnado uns marcapáxinas personalizables para utilizar nas nosas lecturas de aula, facendo uso dos mandalas que tantos nos gustan neste cole!



Tamén empezamos a encher o noso panel de novidades, imos con enerxía literaria!


viernes, 2 de octubre de 2020

FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

 Os nosos e as nosas Biblioaxudantes de quinto e sexto, fixeronnos esta curta tan especial, para explicarnos como debemos utilizar a biblioteca este novo curso!

Aqui vos deixamos a estes marabillosos actores e fantásticas actrices!





PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA

 Este ano, temos que ter moi presentes unhas cantas cousas para poder utilizar a Biblioteca e os espazos que nela hai.

Xa sabedes, moito coidadiño e asi gozaremos máis!

PROTOCOLO DA BIBLIOTECA CURSO 2020-2021

OS NOSOS SORRISOS

 Bo día amiguiñ@ e familias!

Este curso vai a ser un poquiño especial, cada ano temos algo novo que descubrir e que reinventar!

Pois veredes, desde este momento ata que remate o curso imos traballar o mundo dos "CONTOS POPULARES!

Con relación a isto, a primeira proposta que lanzamos é...


O CONTO DOS NOSOS SORRISOS

Estimadas familias: este curso dende a Biblioteca propuxemos traballar o mundo dos “Contos populares”.

Para comezar o curso a primeira proposta que lanzamos está relacionada con un conto que imos escribir…o dos nosos sorrisos!

Pedimos a vosa colaboración para que nos enviedes unha foto do neno ou nena SEN TAPABOCAS e cun bo sorriso, ao mail: ceip.monte.balinho@gmail.com . Data límite, 7 de Otubro.

De este xeito contruiremos o noso propio conto, cos sorrisos que este ano temos un pouco escondidos!


Moitas grazas!

Un saudiño!

jueves, 1 de octubre de 2020

NOVOS CARNETS

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Xa fixemos entrega dos carnets ós novos alumnos e alumnas, ultimando detalles para que moi pronto poidamos empezar coa visita á biblio e o préstamo de libros, sempre tendo en conta as NORMAS DE HIXIENE!

Estade atentas e atentos que pronto desvelaremos máis novas!

Saudiños!



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...