viernes, 25 de febrero de 2022

Purple day💜

  Hoxe é un día moi especial!

No Monte Baliño apoiamos e queremos dar visibildade ao día de concienciación sobre a epilepsia.

Purple Day comeza con Cassidy Megan, unha nena con epilepsia que con 9 anos, conseguiu vestir de morado a tod@s @s senador@s canadienses.

Dende ese momento en 2008, millóns de persoas lembramos cada 26 de marzo que é preciso investir en investigación e ciencia, ademáis dunha chea de aspectos máis, necesarios para poder seguir mellorando a vida das persoas que padecen epilepsia e o seu entorno!💜

A través do conto de “Celia e Luna” de Nuria Díez e con ilustracións de Paco Ortega, achegannos esta historia de superación, de amor e das diferentes formas de comunicación que poden existir.

Como xa é un clásico por esta data, Ían e Eli facendo alarde do seu bo facer para contar historias, len este conto precioso para todo o cole!

Mil grazas Ían e Eli por este contacontos marabilloso!👏🏻👏🏻

Purple power!



jueves, 24 de febrero de 2022

Mandadiños de Lerín

 E por fin chegouuuuuuu o venres de ENTROIDO,

Agora so queda gozar, bailar, rir e sorprender a todo o cole co voso disfraz e super baile molón, que película elexistes? Que emoción!🤡🪅


Venres! de CEIP Monte Baliño

miércoles, 23 de febrero de 2022

Mandadiños de Lerín

E seguimos adornándonos e desfrutando!
Para mañá XOVES, Lerín gárdanos unha sorpresa que moito nos gusta…preparadas, listo..?
Aí vai!🤡🪅

Xoves de CEIP Monte Baliño

martes, 22 de febrero de 2022

Rosalía na memoría

 Hoxe 23 de febreiro, conmemoramos o día da gran escritora e defensora da cultura galega, Rosalía de Castro, concidindo coa data do seu nacemento tal día coma hoxe alá polo 1837.

Seguindo coa nosa viaxe polo cine, intentamos recrear unha pequena curta en homenaxe a súa vida.

Partindo de unha espectacular regueifa construida polo alumnado de sexto, todos os cursos traballamos na interpretación escénica, atrezzo, baile, etc…para rematar co recitado dun poema da inesquecible María Rosalía Rita de Castro.

Que gran traballo en equipo, grandes!🎬



XA TEMOS LOGO PARA A NOSA RADIO!

 VIVA,VIVA, VIVA! 🎉🎉🎉🎭🎤🎧

XA temos gañadora do concurso do logo para a nosa radio, NORABOA a ADRIANA de 5º que nos fixo chegar este logo e e este nome tan orixinal para a nosa radio.

Presentámosvos ao curmán de Lerín, RALERÍN!!!!



Gañadora da radio de CEIP Monte Baliño

Mandadiños de Lerín

 Xa imos na metade da semana, e que guapos e guapas estabamos onte eh!

Pois veña que a festa non pare, para maña MÈRCORES…..



Mércores de CEIP Monte Baliño

lunes, 21 de febrero de 2022

Mandadiños de Lerín

Que divertido vervos a todos e todas con eses calcetíns tan chulos! jijijiji Pois preparaivos para mañá MARTES, pero non vos esquezades do que traíandes hixe tamèn, xa que cada día iremos sumando algo novo!🤡🪅


CEHGOU O ENTROIDO! de CEIP Monte Baliño

viernes, 18 de febrero de 2022

Xoves de compadres!

Pero que ben que ben o pasamos esta semana montando os nosos compadres!

Como cada ano as nosas alumnas prepararon os compadres, un por aula, relacionados cos protagonistas de cada unha das películas que se seleccionaron por aula!

Moito rimos, canto nos presta esta festa, a ver a semana que ven von que nos sorprenden os rapaces coas súas comadres!


 

Mandadiños de Lerín

 A semana que ven empeza un ciclo que nos encanta….O ENTROIDO!!

Coma todos os anos o noso Lerín quere que gocemos estes días, que tanta falta nos fan, e preparou uns retos para cada día, asi que atentas e atentos e non deixedes nada atrás!

Veña, veña para o LUNS a ver que nos manda este pícaro!🪅🤡


Festa! de CEIP Monte Baliño

miércoles, 16 de febrero de 2022

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Hoxe unha das nosas maiores déixanos este video tan chulo no que explica que libros ían dentro da mochila viaxeira!

Grazas Viky e familia!🌈🎒



martes, 15 de febrero de 2022

Escornabot invernal!







 Na hora de estimulación da Linguaxe volvemos a ter a visita de Bluebot que tanto nos gusta.

Aprendemos xogando e traballamos diferentes aspectos relacionados coa Linguaxe e a comunicación:

-vocabulario do inverno

-comprensión de oracións orais

-expresión oral dando instrucións

-atención

E a maiores seguimos desarrollando o sentido da orientación espacial. 

Bluebot volve cando queiras!!🔬🤖


Día da ciencia e da nena



 Pola semana da muller e a ciencia coñecimos a Marie Curie e o descubrimento dos raios X. Investigamos sobre as radiografías e a importancia que teñen para diagnosticar e coñecer o noso corpo.

 Ademais fixemos a nosa propia radiografía do brazo y coñecimos diferentes elementos que hai nun laboratorio!🔬🩺🧬




lunes, 14 de febrero de 2022

Biblioteca creativa🤖

 Como sempre e a diario seguimos formándonos, aprendendo para atender aos novos retos que nos presenta o cambio social, nas novas tecnoloxías e todo iso levado á práctica educativa.

Asi que o venres pasado asistimos ao curso de formación de bibliotecas creativas en Santiago, no que aprendemos sobre o mundo STEM, as imoresións en 3D e a programación nas aulas, un mundo de tecnoloxía e aprendizaxes motivadores para levar a cabo no noso cole!





martes, 8 de febrero de 2022

Mochilas viaxeiras📚🎒🌈

 Hoxe temos ración dobre!

As mochilas visitaron as casiñas dos nosos pequenos de infantil, e mándannos estes vídeos tan chulos que nos explican que ben o pasaron lendo e gozando dos contidos das mochilas!

Grazas Jesus e grazas Iago, e como non, as súas familias!👏🏻👏🏻




jueves, 3 de febrero de 2022

Mochilas viaxeiras🎒🌈📚

 Alexandra de cuarto déixanos este video tan chulo, explícanos perfectamente cada un dos libros que ían na mochila, que ben fala!

Grazas Alexandra e familia!👏🏻🎒🌈



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...