viernes, 29 de octubre de 2021

Biblio conto presenta…👻🧙🏼‍♀️📚🧙‍♂️💀

 Desta volta Manuel e Fabrizio narran a historia de Rufus, un morcego que descobre as cores…aue lle acontecerá? Como remata a historia?…

Atrévete a descubrilo!

Libro: Rufus, un morcego que adoraba as cores. Tomi Ungerer.





Biblio contos presenta…👻💀🧙🏼‍♀️

 Como todos os anos por esta época medorenta, o noso alumnado biblioaxuandante préstase a contarnos novas historias de medo!

Fano con moito xeito e moita ilusión, esperamos que desfrutedes destas historias terroríficas e deste día tan terrorificamente monstruoso!🧙‍♂️🧙🏼‍♀️👻💀👹

Angelis, alumna de quinto, cóntanos : Un pesadelo no meu armario. Un libro de Mercer Mayer.




jueves, 28 de octubre de 2021

Mochilas viaxeiras📚🎒🌈

 Aqui nos chega o vídeo de Jimena, alumna de terceiro que desfrutou  da mochila viaxeira e de todos os libros e revistas que había nela!

Grazas Jimena e familia!



Entrega de marcapáxinas!📚

 Durante esta semana traballamos o Día das bibliotecas, dende diferentes propostas e materias.

Com sempre dende o colectivo Lemos le, tamèn se fixo un proxecto conxunto moi especial, no que se abordou a obra dunha escritora cercana, como è Noa Moreira.

O alumnado de quinto e sexto afondaron na súa obra e vida, e despois elaboraron unha serie de preguntas que lle formularían a autora se puidesen…e así foi!

Elexírinse tres, que se gravaron e enviaron, xunto cos compañeiros e compañeiras do Colectivo Lemos Le. Despois Noa Moreira, contestou con moito agrado a cada unha desas cuestións! Moitas grazas Noa!

Elaboraronse tamén uns marcapaxinas moi chulos, cun texto moi especial da autora, que se lle entregou a todos nenos e nenas do cole!

Vivan as Bibios e a nosa Biblio- Baliño!






 


miércoles, 27 de octubre de 2021

Cine-Baliño🎬👹


 Como xa adiantamos cos nosos retos, o alumnado do Ceip Monte Baliño hoxe asistiu a unha sesión de cine na Biblio, para celebrar o día das bibliotecas escolares, ampliando as actibidades que se poden facer neste espazo tan especial!

Pasámolo de medo!!!🎉🎬🎭




lunes, 25 de octubre de 2021

Apócemas de bruxa🤖👻

🧙‍♂️Apócemas de Bruxas con escornabot_ 

Na gran semana do medo no Baliño, durante a sesión de estimulación da linguaxe en Infantil, levamos a cabo unha actividade feiticeira.

Coa inestimable colaboración de Bluebot e a participación activa dos pequenos e pequenas da aula, preparamos unhas apócemas de bruxa seleccionando os mellores ingredientes: vermes, ratas, mazás mordidas, morcegos, pés,  cornos de unicornio, moscas, escorpións, zume de cabeza de xigante, viño verde de ogro, esencia de unllas, ollos, setas velenosas e moitos máis.

Traballamos vocabulario temático de Samaín, seguimento dunha receita, orientación espacial, programación sinxela, agardar quenda de xeito paciente, colaboración, traballo en equipo...

Foi unha clase terroríficamente divertida! 

Grazas rapazada por axudar á bruxa!👹💀






Mochilas viaxeiras🎒📚🌈

 Arrancanos coas nosas mochilas viaxeiras!🎒🎒🌈📚

Esta semana comezaron a chegar os primeiros videos do noso alumnado, nos que explican todas as novedades que aparecen nelas, que ben falan, que ben contan, canto xeito teñen os noso pequenos e pequenas!

Dende infantil ata sexto, aqui están as súas reflexións!

Unha vez máis grazas as familias, porque sen vós non serían posibles estas actividades!🥰








viernes, 22 de octubre de 2021

Samaín🎃🤖👽☠️💀👻

 Xa chegou Samaínnnnnnnn! Uhhhhhhhh!

Esta festa ben nos presta!

Este ano de cine pedímosvos uns personaxes monstruosos que serán os protagonistas da nosa película! Non vos esquezades que deben ter un nome terrorííííficooooo!

Utilizai material de refugallo, creatividade e moita orixinalidade e a crear!🐗👽🎃🤖👻






Festa do cine

 O vindeiro 24 de Outubro celébrase o día das Bibliotecas, coma sempre, nós tamén adicaremos esa semaniña a traballar e coñecer un chisco máis a nosa Biblio- Baliño.

Este ano seguindo co noso proxecto de centro, Un ano de Alu-Cine, imos a convertir a biblio nun auténtico salón para ver películas, pero como ben sabedes antes hai que mercar as entradas…

Nesta ocasión teredes que superar uns cantos retos para poder conseguila, e así acudir a nosa sala de cine para ver a proxección no horario e días indicados!

Que comence o xogo, en 3, 2, 1…🎬🎬


festa do ciNe de Moyla Pekena

miércoles, 20 de octubre de 2021

Sorpresa...lectura!

 Durante o día de hoxe o alumnado recibiu unha sorpresa moi curiosa e poética...durante alguna das súas clases e de maneira espontánea recibiron a visita dunha mestra que sen mediar palabra leu un texto seleccionado previamente dunha escritora galega.

A sorpresa e a experiencia foi moi gratificante, o alumnado quedou abraido buscando unha explicación e atendendo atónito ao que estaba pasando!

Posteriormente o mestre ou mestra que estaba na clase, explicou e comentou a actividade e o texto.







martes, 19 de octubre de 2021

Día das escritoras




 Hoxe o alumnado de infantil comezou a descubrir o mundo dos libros e indagar en quen os escribe…

Visionamos minicontos e descubrimos quen se adica a escribilos: as escritoras!

 Buscamos os nomes nas portadas dos contos e presentamolos ós compañeiros e compañeiras!📕📔📙


lunes, 18 de octubre de 2021

Concursos en Biblio-Baliño!!!

 Empezan os concursos na nosa biblio!!!!!

Como todos os anos achégase o día das bibliotecas, así que este ano imos a propoñervos dous retos:

Para o alumnado de infantil e primeiro e segundo, imos a elexir o debuxo máis especial, creativo e divertido, que recolla a primeira película que viron os vosos avós ou avóas! Lembrai, debuxar e pintar con el@s e pasar moito tempiño aprendendo e desfrutando da súa compaña!


O alumnado de segundo en adiante, deberá deseñar un lema para a nosa biblio, que invite a ler, a descubrir e a crear ganas de ir a visitala!

Pensai en Lerín, nas cousas que facemos na biblio, en todos os espazos novos que hai este ano, e veña a crear!

Como último día para entregar tedes ata o vindeiro luns 25 de Outubro!

 

 


domingo, 17 de octubre de 2021

Día das Escritoras

O vindeiro luns 18 de outubro, celébrase o día das escritoras, baixo o lema "Ler as idades da vida".

No Ceip Monte Baliño, en conxunto e coordinación co colectivo Lemos lé, afondamos na obra da escritora da contorna, Olga Novo, partindo dun dos seus textos "O pequeno Petrucio e a naiciña nena", realizáronse diversas actividades en cada un dos cursos, relacionados coas temáticas que neste documento tan bonito nos deixa a escritora.

Iremos poñendo nesta entrada todas esas achegas de cada unha das nosas clases!

Mentras tanto deixámosvos cun pequeno fragmento de Xela Arias, que queda recollido no blog de Bibliotecas escolares, que fai referencia a esta idade tan bonita que temos entre mans, @s cativ@s!

"Vou ser vella. De nena quédame pouco. Oínllelo dicir ás miñas tías: “¡Como pasa o tempo! Nun visto e non visto, agora a nena logo se ha facer muller. ¿Que lle poden quedar? ¿Un ano, ou dous?E parece que foi onte cando naceu, coma se fose onte...”
Si. É terrible.
Converterse en muller é converterse en adulto. Certamente recoñezo que non teño présa ningunha. Ademais, paréceme bastante perigoso ser adulto."
Xela Arias "Non te amola!" (Editorial Galaxia) 

Nesta presentación queda recollido todo o que fixemos en cada grupo, según o tema traballado:

O alumnado de cuarto de infantil fixo un traballo precioso no que afondaron nas relacións familiares, facendo as súas árbores xenealóxicas e establecendo unha analoxía coas árbores e as súas raíces.

Que bonito lles quedou!

 O alumnado de quinto e sexto de infantil e mais os de primeiro e segundo, estiveron vendo e creando diferentes xogos feitos con materiais da natureza, como conta Olga Novo no seu texto.

A xogar!


Os nenos e nenas de terceiro e cuarto, deixaron voar a súa imaxinación e a súa creatividad e elaboraron  uns papaventos preciosos, que percorrerán o ceo como as avionetas das que fala a nosa autora.
Que artistas!

O alumnado de quinto e sexto, afondou nuns temas máis amplos, que Olga Novo reflicte moi bien no texto, o fenómeno da emigración e os cambios que sufriu a escola ao longo destes anos.
Recrean unha conversa de lareira, que xeito lle dan!


Colorido Abstracto Patrón Plan de Estudios Presentación de Educación de CEIP Monte Baliño

Gañadora!

  Pois xa temos gañadora do noso pack saúde, Toña desexamos que o desfrutes moito! Moitas grazas ao club de futbol de Ferreira por cedernos ...