domingo, 29 de enero de 2023

Lecturas de PAZ

 Para rematas esta semana de lecturas, poemas e cancións pola Paz, o alumnado de primeiro e segundo cantounos unha canción preciosa sobre “Campás aue soan pola paz”, apoiada en linguaxe de signos, fixéronnos cantar a tod@s!


Lecturas de PAZ

 O xoves foi o turno do alumnado de segundo, que nos achegou este poema-canción de Jhon 

Lennon, Imagine, feita conto!


Muv no cole!

 Esta semana rematamos o proxecto do MUV, durante tres semanas puidemos achegarnos o arte mediante a tecnoloxía, foi unha experciencia xenial, a cativada e o profesorado desfrutámola moito, estas iniciativas son moi enriquecedoras, sobretodo en centros rurais que quedan alexados dos núcleos culturais das grandes cidades.

Moitas grazas!



miércoles, 25 de enero de 2023

Acrosport!

 O alumnado de quinto e sexto, todos os anos fan unha composición, con todo o que aprenden durante a Unidade didáctica de Acrosport e habilidades ximnásticas no área de Educación Física.

Elas e eles se organizan seguindo uns criterios mínimos marcados pola mestra para facer estas cousas tan chulas!


martes, 24 de enero de 2023

Pájaro Amarillo

 O noso segundo día de lecturas vén en formato dixital!

Co libro de Pájaro Amarillo de Olga de Dios, os cativos e cativas do cole, volven a deixarnos coa boca aberta!


8


Poema: Solo tres letras.

 Hoxe as crianzas do noso cole, deileitáronos con este poema tan bonito e especial de Gloria Fuertes, no que so con tres letras podemos mover montañas: PAZ.

Moitas grazas pequech@s!!




lunes, 23 de enero de 2023

Lecturas de PAZ

 Hoxe comezamos coa nosa semana da Paz, esta vez son os máis pequenos e as máis pequenas do cole que nos van a deleitar cada día con unha sorpresa, poemas, cantigas, obras, lecturas…

E hoxe toca…


CARREIRA POLA PAZ!

Dende o CEIP MONTE BALIÑO poñémonos en forma para unha das carreiras anuais que máis nos gustan!

O día 30 de Xaneiro celebramos a nosa carreira solidaria pola Paz, como xa é tradición, baseámonos na idea da axuda e compromiso social próximo, asi que pedimos a vosa colaboración para recadar material escolar para aqueles nenos e nenas que o precisan, e que non dispoñen dos medios económicos necesarios para obtelos.

No cole temos unha caixa destinada a este fin, se tedes libros vellos, cadernos, cores, bolígrafos, etc,... ou calquera outro material escolar que queirades doar, estaremos encantad@s!

Moitas grazas por participar sempre!


Arco Iris Hippie Signo de la Paz Contra la Guerra Póster de CEIP Monte Baliño

martes, 17 de enero de 2023

Día da Paz e a non violencia!

 Un ano máis toca lembrar que ainda existen neste mundo moitas inxustizas, moitas guerras e disputas, moita dor, moitos nenos e nenas sen infancia…

Dende o Ceip Monte Baliño denunciamos estas situacións a diario, e reflexionamos sobre elas todosos días, hoxe máis que nunca queremos mandar unha mensaxe de paz!

Queres participar? Anímaste a poñerlle voz a todos e todas aqueles que non poden?

Grava un pequeno vídeo soa ou acompañado e envíao antes do 30 de xaneiro ao correo da biblio: ceip.monte.balinho@gmail.com, no que mandes unha mensaxe de paz ao mundo, un desexo, unha frase positiva! 

Esperamos as vosas creacións!



Brown Vintage International Peace Day Poster de CEIP Monte Baliño

viernes, 13 de enero de 2023

O MUV xa está no noso cole!


 O luns tivemos unha visita moi especial, que vai a quedar con nós durante tres semanas, nas que poderemos desfrutar dun percorrido virtual por un museo, sen necesidade de movernos do cole e sen esperar colas!

O MUV é un proxecto que achega as diversas artes que existen aos centro do rural galego, coa idea de ofrecer á cativada a posibilidade de contactar cun museo real dun xeito moi motivador e tecnolóxico.

Aqui vos deixamos a información sobre esta iniciativa, ademáis dunha serie de fotos das nosas primeiras visitas!!!

Proxecto MUV no rural







 


Gañadora!

  Pois xa temos gañadora do noso pack saúde, Toña desexamos que o desfrutes moito! Moitas grazas ao club de futbol de Ferreira por cedernos ...