viernes, 29 de mayo de 2020

Cómics e Mitos

E como vai rematando a semana, aqui vos deixamos un traballo feito polo alumnado de quinto e sexto, no que nos contan algún cómic e algún mito que fixeron para a clase de lingua castelá
MOITAS GRAZAS!🎬🗿

jueves, 28 de mayo de 2020

A EMIGRACIÓN

Bos días!
Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto, fainos chegar un traballo precioso e cheo de cercanía sobre a emigración, e as situacións que levan as persoas a ter que abandonar o seu fogar, algunhas e algúns cóntano dende unha perspectiva moi cercana, que gusto da escoital@s!
GRAZAS CHIC@S!


miércoles, 27 de mayo de 2020

Ricardo Carvalho Calero baixo as TICs

O alumnado de quinto e sexto, domina a perfección os ordenadores a as novas tecnoloxías, son uns cracks!
Durante esta semana, e despois de facer unha serie de actividades previas e buscar información en internet, elaboraron varias presentacións sobre o autor, a súa vida e a súa obra.
GRAZAS SUPER TECNOLÓXICOS!










martes, 26 de mayo de 2020

Retratos de Carvalho Calero

Este cole está cheo de artistas!
Durantes estes días o alumnado de primeiro e segundo, despois de ler o conto que Os Bolechas lle adicaron a Ricardo Carvalho, debuxaron e plasmaron nas súas composicións artísticas todo o que o conto lle transmitiu!
GRAZAS ARTISTAZ@S !

lunes, 25 de mayo de 2020

As Pitas Baixo a Choiva...dende INFANTIL!

Os cativos e cativas de infantil, recrearon a portada desta marabillosa obra de Ricardo Carvalho Calero, dende a súa perspectiva, deixando clara a súa creatividade e expresión plástica!
GRAZAS PEQUEN@S!

viernes, 22 de mayo de 2020

Semana das letras galegas

E para rematar esta semaniña...
Un “Escaperoom” e unha boa partida da dardos, nas que se poñen en xogo todos os coñecementos sobre Ricardo Carvalho Calero.
Así termina unha semana chea de actividades, lecturas e xogos relacionados con este autor, que nos deixa unha gran obra e moitas historias para ler!

jueves, 21 de mayo de 2020

Semana das letras galegas

Seguimos a nosa semaniña de actividades adicadas a Ricardo Carvalho.
Despois de ver o vìdeo e de seguro que xa buscastes informaciòn sobre o autor, agora toca xogar un pouquiño...
Aqui vos deixamos algúns xogos interactivos para seguir aprendendo e descubrindo a este fabuloso escritor.
Actividades interactivas, a divertirse!

miércoles, 20 de mayo de 2020

Semana das letras galegas

Unha das obras para cativos e cativas que escribiu Ricardo Carvalho Calero, foi “As pitas baixo a choiva”.
Aqui vos deixamos un recurso moi completo para vela, escoitala e facer actividades divertidas sobre esta historia tan ben contado.
As pitas baixo a choiva.

martes, 19 de mayo de 2020

Os bolechas con Ricardo Carvalho Calero

Os Bolechas sempre nos achegan información e historias moi interesantes sobre lugares, festas, persoas, pois hoxe de maneira especial, fixeron un conto adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

domingo, 17 de mayo de 2020

Verbas dende a xanela


Hoxe 17 de maio, é o Día das Letras Galegas, dende as nosas casiñas, abrimos as nosas xanelas para berrar ben forte e con moito orgullo, as nosas palabras favoritas na nosa lingua.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!




Música: Guadi Galego. “Chea de vida”

viernes, 15 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas

Bos días a todas e todos!
O vindeiro 17 de Maio é o Día das letras Galegas, alguén sabe por que se celebra o día da nosa cultura e do noso idioma nesa data?...
Pois ese día no ano 1863 publícase en Vigo o primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro, "Cantares gallegos", momento moi importante para a nosa fala e a nosa cultura, que rexurdiría de novo.
Cada ano dende 1963, adícase este día a homenaxear a persoas que destacasen na creación literaria no idioma galego ou polo seu compromiso en defensa da nosa lingua.
Este ano, adícase ó autor ferrolá, Ricardo Carvallo Calero.
Aqui vos deixamos un vídeo, para ir coñecendo máis cousas de este escritor galego, que iremos ampliando e traballando durante a vindeira semana.
Apertas dende o bosque!!




Tamén vos deixamos esta bonita composición da cantante Uxía, sobre á lingua galega!

jueves, 14 de mayo de 2020

A XOGAR E MOVERSE

Bos días!!
Como vai a semana familias?, pois hoxe par amenizala un pouco e movernos nas nosas casiñas, temos unha proposta moi chula, é unha oca de exercicios físicos e retos motrices, que vos parece? Animádesvos?
Pois veña, A XOGARRRRRRRRRR


martes, 12 de mayo de 2020

PAPAGAIO

Ainda que estemos na casiña, a biblio xa sabedes que non deixa de funcionar, e as súas revistas e xornais educativos non deixan de chegarnos!
Así que aqui vos deixamos un novo número de "PAPAGAIO"  cheo de novas e divertidas noticias!
APERTAS DENDE A FRAGA!!!

domingo, 10 de mayo de 2020

Día da Educación Física

O día 28 de Abril foi o Día Educación Física na rúa...pero nós celebrámolo en casa!
Propuxemos ao alumnado un reto no que tiñan que practicar ioga, unha disciplina que require moi pouco material, e pouquiño espazo...
Aqui vos deixamos un vídeo do resultado!!
Mirai que cousas tan difíciles fan os nosos alumnos e alumnas!



MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR!

jueves, 7 de mayo de 2020

Día do libro 23 de Abril

Bos días!
Xa imos rematando cos nosos contiños...hoxe tócalle a ALEXANDRA de segundo que nos conta esta historia de "Galofoguete", un conto cheo de aprendizaxes e sabedoría!
MOITAS GRAZAS ALEXANDRA!

Día do libro 23 de Abril

Bos días!
Xa estamos rematando de recibir so voso contiños, pero seguimos moi contentas por poder contar con estes videos e con estas historias tan bonitas que nos mandades!
Hoxe tócalle a VIKY de terceiro, que dende a súa casiña, lenos con tanto xeito e tanta ledicia este contiño tan chulo!
MOITAS GRAZAS VIKY!

miércoles, 6 de mayo de 2020

Día do Libro 23 de Abril

Boooossssss Díasssssss!!
Ainda que o día do libro xa o deixamos atrás, todos os días son marabillosos para poder ler uncont,, unha historia, unha novela, etc, que no faga voar lonxe e vivir aventuras fascinantes!
Hoxe temos dous "auidocontos", MATEO e ANA de primeiro fannos chegar dende as súas casiñas estas bonitas historias.
GRAZAS MATEO E ANA!


martes, 5 de mayo de 2020

Móvete na casa

Bos días!
Hoxe poñemos a vosa disposición unha iniciativa que nos chega dende a Consellería.
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa "Móvete connosco na casa". 
Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación Primaria a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

É fundamental que nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a sáude (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas...

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

Aquí vos deixamos os vídeos para que practiquedes!
⛹🏻⛹🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🤸🏻🦿🦿🦿🦿🦾🦾🦾🦾🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♂️🏃🏻‍♂️🏃🏻‍♂️🏃🏻‍♂️







Día de libro 23 de Abril

Bos días!
Aqui seguimos recibindo un motón de contiños, moitas grazas a todos por participar, é unha marabilla!
Hoxe  JAIRO de segundo a lernos unha historia de superación de "Achmat Hassiem", un nadador que despois dunha situación moi drástica na súa vida...conseguiu acadar o seu soño, porque loitou e traballou por el!
MOITAS GRAZAS JAIRO! 

lunes, 4 de mayo de 2020

Día do libro 23 de Abril

Que hai hoxe?
Pois increible! Creaividade ó poder! SOFÍA, alumna de sexto, traénos unha historia de títeres, da rá LOLA, unha rá moi, moi artista, coma a nosa alumna!
MOITAS GRAZAS SOFÍA!

domingo, 3 de mayo de 2020

Día do Libro 23 de Abril

MES DE MAIO FRORIDO!
E nós seguimos a recibir contiños e historias, que gusto da escoitalas na voz das pequenas e dos pequenos!
Para hoxe temos un dúo, CLAUDIA de cuarto e MARTINA de segundo, cóntanos con moito xeito esta historia cargada de "cores e amig@s"!
MOITAS GRAZAS CLAUDIA E MARTINA!
LIBRO: Leotolda.
AUTORA: Olga de Dios.
EDITORIAL: Ag libros.

sábado, 2 de mayo de 2020

Día contra

Hoxe è o día contra o bullying e o acoso escolar! Aqui vos deixamos unha curta, na que se poden entender moitas cousas...

Día do libro 23 de Abril

Bos días dende a Fraga di Lerín!
Hoxe LILA de segundo, vainos a contar o SEU PRIMEIRO LIBRO, esta nena é unha caixa de sorpresas!!
Que bonito e que emocionante Lila, segue asi e agardamos que pronto nos envíes o segundo!
MOITAS GRAZAS LILA!
LIBRO: Verduris.
AUTORA: Lila.
EDITORIAL: Lila Creacións.

viernes, 1 de mayo de 2020

Día do libro 23 de Abril

E para hoxe....unha nova entrega das nosas e os nosos contacontos favoritos.. o noso alumnado!!

LAIA de segundo fainos chegar esta historia tan bonita e tan ben contadiña, para quenos vaimos a camiña a pensar e a soñar!
MOITAS GRAZAS LAIA!

LIBRO: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.
AUTORA:Elena Favilli.
EDITORIAL:Francesca Cavallo.

Gañadora!

  Pois xa temos gañadora do noso pack saúde, Toña desexamos que o desfrutes moito! Moitas grazas ao club de futbol de Ferreira por cedernos ...