Mostrando entradas con la etiqueta Día das letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das letras galegas. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de mayo de 2024

Para hoxe xogos de onte!


 Polas letras galegas retomamos xogos populares do noso acervo cultural que ainda hoxe en día seguen a ser un clásico que sempre nos fai pasar un bo rato e compartir cos compañeiros e compañeiras unha xornada de festa!

Despois do noso festival, aproveitamos á tarde para practicar diferentes propostas lúdicas, por estacións e en grupos interciclos, que tanto nos presta, pasamos a tarde de xogo en xogo e de estación en estación!



viernes, 17 de mayo de 2024

Celebración da nosa cultura!

 Un ano máis o Ceip Monte Baliño celebra por todo o alto a cultura galega e a homenaxe, neste ano 2024 a autora galega Luisa Villalta, através dun percorrido pola provincia de Lugo da man do alumnado do cole, cheo de paradas con actuacións estelares para deleite de todo o público.

Grazas por acompañarnos neste día tan especial para Galicia e todos e todas os galegos!

Grazas tamén a este gran acervo musical que temos en Galicia, da man de nosvas xeracións de musicos e musicas que inspiraron as nosas actuacións.

- Terbutalina: Filloa.

-La pegatina: Lacón con grelos.

- Fillas de Casandra: Lisitrata.

Letras Galegas 2024

lunes, 6 de mayo de 2024

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas!

Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, que con moito agarimo e traballo estiveron ensaiando!

Dende as o11:00 da mañá estaremos esperándovos na Cssa de Cultura de Ferreira de Pantón!

NON FALTEDES!!!!


Primavera Póster marron de CEIP Monte Baliño

lunes, 22 de mayo de 2023

Festival das letras galegas 2023!

 Un ano máis aquí están os nosos e as nosas artistas, deixándonos ca boca aberta, que xenio e poderío, para celebrar o día da nosa cultura, das nosas letras, da nosa arte e do noso ser e sentir coma pobo!

Moitas grazas as familias por poder facelo posible e vir a pasar un anaquiño con nós!

 

jueves, 18 de mayo de 2023

Para hoxe xogos de onte!!!





 Polas letras galegas sempre se enche o noso patio dos xogos populares e tradicionais, ainda que adaptados en material a hoxe en día!

Esta semana temos a sorte de poder xogar con eles todo o recreo!!

Tamén fixemos algún xogo con material de refugallo!






miércoles, 10 de mayo de 2023

Festival das nosas letras!

 Como cada ano o día 17 de maio celebramos por todo o alto a nosa cultura, as nosas letras e tradicións, e dende o Monte Baliño queremos convidarvos a un festival que o nosos alumnado está preparando para esta data tan sinalada!

Levarase a cabo na Casa da Cultura de Ferreira de Pantón o día 16 de maio a partir das 11:00 da mañá, estaremos encantad@s de contar coa vosa presenza!

Viva a Nosa Terra Galega!


Post Instagram Día das letras galegas, día de las letras gallegas gallego galicia de CEIP Monte Baliño

viernes, 13 de mayo de 2022

Para hoxe xogos de onte!

 Co gaio da celebración e conmemoración das letras galegas, esta semana o noso alumnado desfrutou de diversos xogos populares durante os periodos de lecer e recreos, distribuidos nos diferentes grupos e axeitados a cada idade.



lunes, 7 de junio de 2021

Faladurías en galego

 Este ano para celebrar as letras galegas, contamos coa axuda duns reporteiros e reporteiras moi especiais, que con moito tino e moito arte nos presentaron todas as actividades aue se realizaron durante esta semana de maio, tan importante para a nosa cultura!

Faladorías en galego, é un espazo moi peculiar, que nos levará de viaxe pola vida de Xela Arias, das súas vivenzas, obras e demais aspectos relavantes da súa vida, ao mesmo tempo que conta coa programación de diversos actos de achega a cultura galega!

Moitas grazas rapaces, rapazas e profesorado, que programa tan xenial fixemos! De hoxe, nun ano!


miércoles, 26 de mayo de 2021

Letras galegas 2021

 Xela Arias escribiu “Tigres como caballos”, en 1990, dentro desta obra atopábase un poema chamado “Indecisión”, que se traballou dentro das aulas, e escolléronse uns versos, que foron os que inspiraron esta actividade conxunta de busca, creatividade, emocións e ledicia.

O nosos alumnado aproveitando un xogo de descubremento da natureza que levan a cabo durante os recreos, buscar pedriñas e tesouros, elexiron unha, que pintaron e marcaron cun nome especial…

Hoxe esta montaña de pedras amadas, decora o noso patio!

“Vas poñer pedras sobres pedras, e sobre as pedras un nome amado”.



martes, 25 de mayo de 2021

As nosas palabras

 Como xa sabedes,o noso Lerín que lle gustan moito os retos, propuxonos un para conmemorar o Día das Letras Galegas!

As familias e o noso alumnado achegaron moitas palabras bonitas, compostas por diferentes elementos da natureza e outros obxectos, que ideas tan bonitas!

Moitas grazas unha vez, por participar!!!

Aquí vai o resultado!! Vivan as nosas verbas! 


 

 

lunes, 10 de mayo de 2021

Reto das letras galegas

 Como xa sabedes o vindeiro 17 de Maio è o día das Letras Galegas, un día especial no que salientar a nosa lingua, a nosa cultura, os nosos bailes e as nosas tradicións.

Para celebralo e poñer en coñecemento de tod@s as nosas verbas favoritas, Lerín lánzavos un reto, para que enviedes unha fotiño coa vosa palabra en galego preferida, traballando a conciencia fonolóxica, a imaxinación e a creatividade.



Podedes enviar de dúas formas: 

- Utilizando elementos da natureza.



- Utilizanso obxectos que empecen por cada unha das lestras que forman a palabra.



Aquí vos deixamos uns exemplos!!!

Ánimo e a participar!!💙🤍

miércoles, 27 de mayo de 2020

Ricardo Carvalho Calero baixo as TICs

O alumnado de quinto e sexto, domina a perfección os ordenadores a as novas tecnoloxías, son uns cracks!
Durante esta semana, e despois de facer unha serie de actividades previas e buscar información en internet, elaboraron varias presentacións sobre o autor, a súa vida e a súa obra.
GRAZAS SUPER TECNOLÓXICOS!










martes, 26 de mayo de 2020

Retratos de Carvalho Calero

Este cole está cheo de artistas!
Durantes estes días o alumnado de primeiro e segundo, despois de ler o conto que Os Bolechas lle adicaron a Ricardo Carvalho, debuxaron e plasmaron nas súas composicións artísticas todo o que o conto lle transmitiu!
GRAZAS ARTISTAZ@S !

lunes, 25 de mayo de 2020

As Pitas Baixo a Choiva...dende INFANTIL!

Os cativos e cativas de infantil, recrearon a portada desta marabillosa obra de Ricardo Carvalho Calero, dende a súa perspectiva, deixando clara a súa creatividade e expresión plástica!
GRAZAS PEQUEN@S!

viernes, 22 de mayo de 2020

Semana das letras galegas

E para rematar esta semaniña...
Un “Escaperoom” e unha boa partida da dardos, nas que se poñen en xogo todos os coñecementos sobre Ricardo Carvalho Calero.
Así termina unha semana chea de actividades, lecturas e xogos relacionados con este autor, que nos deixa unha gran obra e moitas historias para ler!

jueves, 21 de mayo de 2020

Semana das letras galegas

Seguimos a nosa semaniña de actividades adicadas a Ricardo Carvalho.
Despois de ver o vìdeo e de seguro que xa buscastes informaciòn sobre o autor, agora toca xogar un pouquiño...
Aqui vos deixamos algúns xogos interactivos para seguir aprendendo e descubrindo a este fabuloso escritor.
Actividades interactivas, a divertirse!

miércoles, 20 de mayo de 2020

Semana das letras galegas

Unha das obras para cativos e cativas que escribiu Ricardo Carvalho Calero, foi “As pitas baixo a choiva”.
Aqui vos deixamos un recurso moi completo para vela, escoitala e facer actividades divertidas sobre esta historia tan ben contado.
As pitas baixo a choiva.

martes, 19 de mayo de 2020

Os bolechas con Ricardo Carvalho Calero

Os Bolechas sempre nos achegan información e historias moi interesantes sobre lugares, festas, persoas, pois hoxe de maneira especial, fixeron un conto adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

domingo, 17 de mayo de 2020

Verbas dende a xanela


Hoxe 17 de maio, é o Día das Letras Galegas, dende as nosas casiñas, abrimos as nosas xanelas para berrar ben forte e con moito orgullo, as nosas palabras favoritas na nosa lingua.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!




Música: Guadi Galego. “Chea de vida”

viernes, 15 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas

Bos días a todas e todos!
O vindeiro 17 de Maio é o Día das letras Galegas, alguén sabe por que se celebra o día da nosa cultura e do noso idioma nesa data?...
Pois ese día no ano 1863 publícase en Vigo o primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro, "Cantares gallegos", momento moi importante para a nosa fala e a nosa cultura, que rexurdiría de novo.
Cada ano dende 1963, adícase este día a homenaxear a persoas que destacasen na creación literaria no idioma galego ou polo seu compromiso en defensa da nosa lingua.
Este ano, adícase ó autor ferrolá, Ricardo Carvallo Calero.
Aqui vos deixamos un vídeo, para ir coñecendo máis cousas de este escritor galego, que iremos ampliando e traballando durante a vindeira semana.
Apertas dende o bosque!!




Tamén vos deixamos esta bonita composición da cantante Uxía, sobre á lingua galega!

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...