miércoles, 27 de febrero de 2019

Os Bolechas visitan a nosa Biblio


Con eles aprendimos que os RAEE non se deben tirar no monte, nin ao lixo senón que deben levarse ao punto limpo ou ben, que poden ser recollidos na tenda onde se compran os novos electrodomésticos.

Ademais, todos nós recibimos un súper agasallo de parte dos Bolechas e un carné RAEE dos Bolechas para nos converter en pequenos e pequenas embaixadores da reciclaxe dos RAEE.


Se queres saber máis información, fai click no seguinte enlace:





Comadres e compadres





Co galo do Entroido, acudimos ao Centro de Día de Pantón a elaborar as nosas comadres e compadres.



Unha bonita tradición que quixemos manter un ano máis pero esta vez coa axuda dunhas mans expertas, grazas ao Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, no cal participamos.









Pasamos unha moi agradable mañá en compañía dos maiores da nosa vila, que nos estiveron contando moitas anécdotas e historias sobre o Entroido na Vila.




lunes, 25 de febrero de 2019

Día de Rosalía - 24 febreiro






O pasado 24 de febreiro conmemoramos o 182 anos do nacemento de Rosalía de Castro, destacando durante a celebración a súa faceta como muller emprendedora e adiantada ao seu tempo.

Durante este día, elaboramos un mural por parte de tódolos nenos e nenas do centro coas distintas caroutas cedidas polo grupo de traballo  OZOCOgz.







Bibliotecas Escolares Solidarias


Este curso 2018/19 o noso centro está a participar no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias promovido pola Consellería de Educación.

Dito programa ten por obxectivo fomentar o voluntariado cultural así como de estimular a experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.

Nesta ocasión, o alumnado está a participar no deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura co Centro de Día de Pantón así como coa Escola Infantil da Galiña Azul da nosa vila.

A última actividade que fixemos o pasado martes foi mostrarlles o traballo que habíamos preparado para o Día da Paz co teatriño de marionetas de "La guerra de los ratones".










domingo, 3 de febrero de 2019

La guerra de los ratones

Os nosos compañeiros e compañeiras, prepararon para o Día da Paz un pequeno teatro de títeres que levaba por título " La guerra de los ratones".

Unha bonita historia que resalta os valores de paz e respeto entre todas as persoas do mundo.



Día da Paz dende a Biblioteca

O pasado mércores, 31 de xaneiro,  celebramos na escola o Día da Paz e da Non Violencia. 

A Biblioteca é un dos eixos máis importantes da nosa escola e por iso, dende aquí lanzamos varias actividades:

- Certame de contos pola paz, onde os premiados nos deleitaron coa lectura das súas historias.

- Teatro de títeres " Guerra de ratones"

- Interpretación da canción "Moving" polos nosos alumnos e alumnas.

- Solta de pombas pola paz

E ademáis, todo o cole foi ao Centro de Día para interpretar a canción que durante tanto tempo estivemos a ensaiar.

                                     

Booktubers Xaneiro


As nosas alumnas Cristina e Sofía, explícannos en que consistiu o "Amigo Invisible" e nos dan a súa opinión acerca desta actividade.

Facendo click no seguinte enlace, tamén poderemos ver como os máis cativos do cole nos explican cales son os seus contos favoritos.


viernes, 1 de febrero de 2019

Contos pola paz


Co eido da Día da Paz, dende a Biblioteca levamos a cabo o "Certame de contos pola paz", o cal consistía na elaboración dunha pequena historia que transmitese os valores de paz e convivencia.

Para isto, aproveitando o "Apadrinamento Lector" cada parella foi escribindo a súa pequena historia.

O día 31 de xaneiro, como parte da celebración do Día da Paz,  escollimos aos gañadores do certame, limos para todos as súas pequenas obras e agasallámolos cun pequeno presente que lles servirá para seguir inventando moitas máis historias.












Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...