miércoles, 3 de diciembre de 2025

Amig@ invisible!

 Chegando estas datas toca poñer a funcionar a imaxinación e creatividade para levar a cabo o noso esperado AMIG@ INVISIBLE!!!!!

Desta volta e pensando sempre no aforro e reutilización das cousas e obxectos que temos por casiña ou na nosa natureza, as consignas para deseñalo son as mesmas.

Con material de refugallo, elementos da natureza, creatividade aderezada con bos desexos e amizade, cada alumno e alumna traerá ao cole o seu agasallo invisible antes do 18 de decembro!

Despois todas e todos xuntos abriremos os paquetiños o día 19 na nosa gran festa de inverno, chea de sopresas, actividades, son e brillos, e sobretodo de moita ledicia e ilusión!!

Debido a tema de alerxias e intolerancias das crianzas, lembrai que debemos  evitar agasallar con alimentos!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR SEMPRE!


Invitación vertical Amigo invisible Fotografía Blanco de CEIP Monte Baliño

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Amig@ invisible!

  Chegando estas datas toca poñer a funcionar a imaxinación e creatividade para levar a cabo o noso esperado AMIG@ INVISIBLE!!!!! Desta volt...