sábado, 20 de junio de 2026

Misión Galicia

 Marlene é a mamá de Hugo, un dos nosos compañeiros de infantil!

Esta última semana preparou unha super actividade basesda na fauna de Galicia, converténdonos en detectives tivemos que buscar as pezas mediante pistas, que estaban agochadas en diferentes recunchos do cole!

Aorendemos moito sobre 5 animais da nosa contorna, que comen, onde viven, como son as súas pegadas…

Moitísimas  Marlene por este traballazo e esforzo, pasámolo en grande e agora…esperámoste para as seguintes!



viernes, 19 de junio de 2026

Club de lectura

 Pecha as portas o noso club de lectura por este ano!!!

Lerín agasallou ao noso alumando cunha sorpresa moi especial, par despedir este curso aue nos levou a través das letras a facer un percorrido cheo de novas historias!

Para o ano seguiremos descubrindo mundos xuntxs!!!




jueves, 18 de junio de 2026

Recomendacións lectoras para verán!

 Despedimos o curso cheiñ@s de novas aventuras, nas que aprendemos, equivocámonos, rimos, creamos, debuxamos…e tamén deboramos libros!

Agora chega o verán, época de dispersión e calma, na que gozar cas amigas e familia e sobretodo desconectar e coller forzas para o seguinte aprendizaxe!

Aqui vos deixamos as nosas tradicióna recomendacións lectoras de verán, elaboradas de maneira conxunta co Colectivo Lemos Le!

Bo verán crianzas e familias, aqui vos agardaremos con moita ilusión e ganas para o seguinte curso!

A gozar!!!!!!!


viernes, 5 de junio de 2026

5 de xuño: Día do Medio Ambiente

 As nosas compañeiras Celia, Aixa e Mavi elaboraron unhas fantásticas poesías con temáticas relacionadas coa natureza: a terra, o mar e o verán....as cales aproveitamos para facer un guiño ao noso medio ambiente no seu día: 5 de Xuño

Grazas rapazas pola vosa arte e por este agasallo versado!

Biblioteca Creativa

Proxecto Voz Natura



lunes, 1 de junio de 2026

Animación!

 Hoxe tivemos unha contacontos moi especial, co seu bo facer e co seu marabilloso contar estivemos unha hora gozando cos seus mundos cheos de maxia e fantasía! Volve pronto!




 


I Romaría das familias

 Este ano no Monte Baliño preparamos unha xuntanza con tas as crianzas e familias para celebrar o día da nosa cultura galega e o día da familia!

Tivemos de todo, o ambiente e participación foi inmellorable!

Estivemos elaborando o día anterior un pastel de plátano e unha limonada de Sandía, que logo ese mesmo día serviunos de merendola para todxs!

O cole estaba cheo de xogos populares espallados por diversas zonas, material do cole e materiais específicos prestados polo CFR de Lugo!

Mentras todas e todos xogaban os libremente, as familias ían pasando por titorías para pintar un super mural que xa tiñamos comezado.  Quedou estupendo! Agora só nos quedan os últimos retoques!

Para rematar unha xornada tan especial e emotiva, tivemos un obradoiro interxeracional de danza tradicional a cargo de Artur Puga, que nos fixo bailar e xogar ao ritmo da música!

Durante os días previos todas as crianzas elaboraron uns bastidores bordados e pintados con motivos relacionados coas súas familias, os cales logo de rematar o día levaron ás súas casiñas!

Esta será a primeira de moitas Romarías, foi un éxito, queremos agradecer a todas as familias a súa colaboración e a ANPA a súa axuda e apoio!



Misión Galicia

 Marlene é a mamá de Hugo, un dos nosos compañeiros de infantil! Esta última semana preparou unha super actividade basesda na fauna de Galic...