viernes, 31 de marzo de 2023

ROBÓTICA CON DADOS E SUMAS EN INFANTIL

 A cativada da nosa escola segue a aprender xogando coa Robótica e co noso Blue-bot.

A actividade foi moi sinxela pero atractiva para os nosos nenos e nenas. Desta vez, tocaba robótica matemática

Precisamos dous dados e unhas tarxetas de números ata o 12 (que será a puntuación máxima que poden alcanzar, pódese complicar engadindo outro dado e máis tarxetas). A dinámica consiste en lanzar os dous dados, contar ou facer a suma dos puntos e programar a Bluebot para chegar ao número resultado. Se se chega sen pasarse da cuadrícula, conséguese a tarxeta... Gaña o que máis tarxetas obteña. Cando quedan números baixos hai que ir retirando dados, xa que non alcanzaremos o resultado obtido.

Deixámosvos fotiños! Animádevos a facelo!!








Saudiños

miércoles, 29 de marzo de 2023

2 ABRIL "DÍA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO"

No Monte Baliño seguimos de celebracións e cando son solidarias e por boas causas, aínda o facemos con máis gusto e satisfacción.

Achégase o 2 de Abril, Día de Concienciación e visibilización sobre o Autismo. Trátase dun trastorno de orixe neurobiolóxico que afecta ao funcionamento do cerebro e o sistema nervioso. Esta condición caracterízase por afectar a interacción co mundo exterior, o contacto coas persoas do entorno, así como problemas de comunicación verbal.

Este ano a campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autimo ten como lema #llamémoslo por su nombre

Queremos ser parte do cambio e axudar a construir unha sociedade máis respetuosa, polo que dende o CEIP PLURILINGÜE MONTE BALIÑO, pedimos a vosa colaboración. O venres 31 de marzo, elixide prendas ou complementos de cor azul e...

ILUMINAREMOS DE AZUL A NOSA ESCOLA.

Moitas grazas familias!!






martes, 28 de marzo de 2023

50 anos do Monte Baliño!

 Seguimos enfrascados facendo un montón de cousas relacionadas co 50 aniversario do noso cole, a rapazada de cuarto e sexto non deixa de sorprendernos, teñen todo organizadísimo e cantas cousas aprenden polo camiño, xa non so en como cambiou todo, senon tamén aspectos relacionados coa informática, os documentos multimedia, e o próximo…que será?

De momento aqui vos deixamos a cartelería do evento, e un super “trailer” que fixeron elas e eles sos, de pruncipio a fin, dende o guión, pasando pola direción, montaxe e edición, sobre como está o cole hoxe en día, convidandovos a todas e todas que estudiastes, traballastes ou simplemente queredes coñecelo, a que veñades ao evento de convivencia que terá lugar o 3 de xuño.

IMPORTANTE! NON ESQUEZADES MERCAR AS VOSAS ENTRADAS NO BANCO SANTANDER DE FERREIRA DE PANTÓN ANTES DO 26  MAIO.




domingo, 26 de marzo de 2023

Purple day 2023!

 Hoxe è o día mundial de concienciación sobre a Epilepsia, no noso cole o venres” puxèmonos morad@s”, cor que se asocia con esta afección.

Este ano enchemos o cole de globos morados!

Cada clase pintou unha latiña de cor morada, traballando o reciclaxe e facendo alarde do traballo en equipo.

Grazas a chegada da primavera aproveitamos para plantar flores no noso recuncho inclusivo, e como non podía ser menos, concienciamos a través da natureza, as nosas plantiñas moradas quedaron preciosas e pouco a pouco irán crecendo, facéndonos consicentes cada día da importancia da inclusión, do apoio e axuda, do acompañamento e da vida en inclusividade e empetía!

Un curso máis, o Monte Baliño conmemora o purple day!💜




Mochilas viaxeiras 2023

 Rematamos a semana cun video moi chulo sobre a mochila viaxeira de Samuel, alumno de sexto de infantil!

Moitas grazas Samuel e familia!



miércoles, 22 de marzo de 2023

Día da poesía

 O 21 de marzo celébrase o día da poesía, no Monte Baliño fixémolo a través das ondas de Ralerín, a nosa radio escolar!

Aqui queda recollida unha pequena mostra de todo alumnado e profesorado que se achegou en directo durante o recreo para recitar algunha composición lírica!

Viva a poesía e a primavera!!!





Tamén podedes escoitar o programa na nosa radio!!!

26 DE MARZO "PURPLE DAY"

Está preto o 26 de marzo e no Monte Baliño sabemos moi ben que día é ese? Recordades o que celebramos? Refrescámosvos a memoria... é o Purple Day.

Trátase do día de concienciación e sensibilización da epilepsia, un trastorno neurolóxico no que a actividade cerebral normal se ve alterada, provocando convulsións ou períodos de comportamento e sensacións inusuais. Calquera persoa pode padecer de epilepsia.

O CEIP PLURILINGÜE MONTE BALIÑO únese coma cada un dos últimos anos a esta gran iniciativa de visibilización.

O 26 de marzo é domingo, así que este venres 24 de MARZO, estaremos de pre-celebración. Buscade (NON compredes nada) ben nas vosas casiñas calquera cousiña (xersei, pantalón, cinta do pelo, camiseta, calzado, bufanda...) morada, violeta, púrpura... Cada pequeno gran conta polo que agradecemos a vosa colaboración! 

POÑÉMONOS MORADOS O 24 DE MARZO POR TODAS E TODOS OS/AS GUERREIRAS/OS PÚRPURA!!



lunes, 20 de marzo de 2023

Mochilas viaxeiras 2023

 Hoxe chéganos este vídeo de Martín de infantil, que xa recibiu de novo a mochila viaxeira con libros e xogos moi chulos!

Moitas grazas familia!



Ecomuseo de Arxeriz

 Dentro do noso PDI sobre Galicia, esta semana achegámonos ao Ecomuseo de Arxeriz, no que descubrimos unha chea de cousas sobre a nosa contorna, e como cambiaron os apeiros de labranza, de recoleción e traballo nas viñas, a pesca e o transporte de alimentos e persoas a través do río Sil e do río Miño, …

Pasámolo xenial, e aprendemos moitas cousas novas!



domingo, 19 de marzo de 2023

8 de Marzo no Baliño!

 Coma todos os anos nesta data, conmemoramos e visibilizamos a importancia do respecto, da igualdade, da aceptación e riqueza das diferenzas, da convivencia coas persoas e da importancia de todas aquelas cousas que ainda quedan por cambiar!

Dende o centro, organizáronse diferentes actividades, aqui nesta presentación deixámosvos unha pequena escolma de todo o acontecido durante estes días no noso cole!

Moitas grazas a tres mulleres moi especiais que nos adicaron o seu tempo e as súas palabras!


viernes, 10 de marzo de 2023

jueves, 9 de marzo de 2023

Recollida de material!


 Hoxe as compañeiras de Cáritas achegáronse a recoller o material que se recolectou na carreira solidaria, moitas grazas un ano máis a todas as familias por participar e aportar un pouquiño da súa axuda a aquelas persoas que máis o precisan!

Sodes un exemplo!!!


jueves, 2 de marzo de 2023

Lembrando a Rosalía…


 Coincidindo coa celebración do día de Rosalía o pasado 23 de febreiro, o alumnado do centro preparou varias actividades…

Aqui vos deixamos un bonito poema da autora recitado polo alumnado de infantil,acompañado de imaxes desta fermosa terra nosa, Galicia!




Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...