miércoles, 29 de junio de 2022

Biblio Baliño pecha as súas portas!

 Non podiamos irnos sen a despedida do noso Lerín, aque agora a final de curso ensina de novo o seu sorriso, e con dúas das próximas biblioaxudantes, deséxanos unhas boas vacacións!

E lembrai: Non deixedes para mañá o que poidades ler hoxe!



Fin de curso!

 O Monte Baliño pecha as súas portas ata o seguinte curso, pero antes fixemos un montón de cousas para despedilo, fomos ao cine, como colofón final do noso PDI, e o último día pasámolo xenial grazas as actividades programadas pola ANPA, hinchables, mago e xeados, mmmmm!

Ah, e grazas a nosa cociñeira e encargada de comedor, por unha comida pic-nic tipo buffet libre, que fixo que o pasaramos en grande coa tripa chea!

Ata o ano familias e cativada, desexando voltar a vervos pero antes….A GOZAR!



lunes, 20 de junio de 2022

Recomendacións lectoras📚

Chega o verán, remata un ano complicado de novo, cheo de retos de todo tipo, agora toca descansar e desconectar, divertirse e gozar dunhas boas vacacións máis que merecidas!
Aqui, xunto co colectivo Lemos Le, vos deixamos unhas recomendacións lectoras, porque esta época estivel tamèn se prèsta para seguir desfrutando dun bo libro!

viernes, 17 de junio de 2022

BATIDO DE ESCORNABOT

A rapazada de 1º e 2º de primaria preparou un delicioso batido de amorodos, piña e plátano 🍓🍌🍍 para refrescarse tras as altas temperaturas desta semana.

Saíulles riquísimo!!

Tras a elaboración, propúxoselles un reto robótico...Bluebot pretendía que nenos e nenas lle desen instruccións e o programasen para ir recompilando polo taboleiro os ingredientes e os pasos de elaboración do citado batido.Tiveron que pór en marcha todas as súas dotes lectoras e finalmente alcanzaron o obxectivo con éxito. 

Aprender xogando é moito máis divertido!!  





miércoles, 15 de junio de 2022

Mochilas viaxeiras 🎒🌈

 E asi remata un curso cheo de viaxes literarios as casiñas do noso alumnado…


Pero antes de despedirnos, a nosa última achega, con un montón de bos desexos da nosa compañeira Mencía!
Moitas grazas familia! Felices vacacións para tí tamèn e para todxs!




Unha noite no colexio

 O alumnado de terceiro e cuarto facendo alarde da súa creatividade e o seu gusto polas artes escénicas, crearon coa profe Maite na hora de libre disposición unha película terrorífica....

Primerio fixeorn a labora de crear, redactar, ensaiar, gravar utilizando a nosa radio e por último, a radio película inicial, converteuse nunha peli con todos os seus efectos especiais!!

Noraboa nenos e nenas e a profe Maite, por esta super curtametraxe!



ESCORNABOTS DE VACACIÓNS

UFF QUE CALOR!!!!😅 Estamos chegando ao final deste curso e os nosos escornabots querían despedirse de nós porque se van de vacacións en nada....Coma nós!!! 

Ben merecidas que as teñen!!

Os nosos amiguiños robotizados acompañáronnos nunhas sesións co alumnado de 4º e 5º de Infantil e coa rapazada de 1º e 2º.

Bluebot preparounos un taboleiro con vocabulario do verán no que ademais de recoñecer pictogramas e mellorar a conciencia fonolóxica (dando palmadas para comprobar cantos golpes de voz tiñan as diferentes palabras), traballamos orientación espacial, programar as ordes para os movementos e espera de quendas (algo que nos custa moito). Os máis pequenos e pequenas ían seguindo o camiño para rematar o taboleiro, sumerxíndose na piscina (última palabra que capturaba Bluebot)






Os máis maiores, complicoúselles un "pouquichiño"máis. Tiñan que inventar oracións coas palabras dadas(conciencia léxica e sintáctica), fomentando así a expresión oral e a creatividade.

Que divertido é aprender xogando!









sábado, 4 de junio de 2022

Bibliotecas escolares solidarias!

 Dende a nosa biblio participamos dende fai varios cursos xa, no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, realizando actividades inclusivas, tarefas de voluntariado por parte do alumnado de quinto e sexto, que son o verdadeiro motor da nosa biblio.

Elas e eles encárganse de organizar os fondos, de preparar as explicacións para formar aos pequenos e pequenas na utilización dos recursos e orientación dos espazos.

Hoxe recibiron o seu agasallo, pola axuda e traballo que realizan durante todo o ano, moitas grazas cativada, sen vós Bibliobaliño non funcionaría!



Mochilas viaxeiras 2022

 Pois a poucos días de rematar este curso, as nosas movhilas seguen visitandos ó alumnado, hoxe Tomás de cuarto, explícanos que había dentro da que chegou a súa casa, e canto lle gustou un dos libros que ía dentro!

Grazas tomás e familia!🌈🎒



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...