Fai xa, un afastado mes de outubro...Jamaica, a nosa benquerida auxiliar de conversa chegou onda nós para axudarnos con isto do inglés e para ensinarnos moitas cousas da súa cultura.
Pero...entre xogos e diversión...o tempo foi pasando paseniño, paseniño
ata chegar o día que nos temos que despedir...
esperando que esto non sexa un adeus....senon....
un VOLVE PRONTO! E así o quixeron recoller os nosos nenos e nenas con este vídeo tan chulo que lle fixeron.
Ademáis, os nenos e nenas de 5º e 6º, non quixeron desaproveitar este momento para facerlle unha pequena entrevista preguntándolle acerca da súas vivencias e impresións na nosa escola.
O pasado xoves 16 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, con todo o alumnado do centro, celebramos un festival para homenaxear as nosas letras.
O festival comezou cunha exposición do alumnado de 5º e 6º de primaria, quen nos contou a vida e obra do escritor homenaxeado neste 17 de Maio de 2019, Antón Fraguas Fraguas.
O festival continuo coa representación dunha obra teatral adaptada do libro de "Iriña, bailarina", (escrito por Cristina Justo e Paloma Rodríguez, dúas escritoras galegas), por parte do alumnado de infantil. Esta obra reinvidica a importancia de eliminar os estereotipos de xénero asociados aos xogos infantís e ao deporte.
A continuación, foi o turno do alumnado de 1º e 2º de primaria que nos deleitaron cunhas bonitas cancións tradicións galegas e máis un baile rexional.
Así como tamén o alumnado de 5º e 6º interpretou un trap "Fala galego, fala" que reivindica a nosas orixes lingüísticas.
O que deu paso a interpretación do alumnado de 3º e 4º de primaria da obra "Non me contes, contos"; recollendo dun xeito moi gracioso os problemas que teñen os protagonistas dos contos populares no seu día a día.
E xa por último, o alumnado de 5º e 6º fíxonos rir á esgalla co seu número de Natación Sincronizada, aínda que previamente nos estiveron a deleitar coas súas dotes ximnásticas durante unha exhibición de Acrosport.
Este festival coas familias, serviunos para mostrar os distintos traballados realizados no segundo e terceiro trimestre coas novas tecnoloxías:
- Grabamos o programa de "Zapeando no Monte Baliño"
- Contamos o conto de "Sopa Verde" coa axuda do croma.
- Pasamos un diaporama con fotografías de todo o curso.
- E ademáis....aproveitamos un chisquiño para "despedir" ao alumnado de 6º de Primaria a través dunha bonita presentación de fotografías dende que chegaron á escola.
Xa para rematar esta intensa mañá, agasallamos a dous dos nosos alumnos (Alejandro e Cristina) cunhas fotos que meses atrás foran premiadas no concurso de fotografía da Ribeira Sacra.
" Son este tipo de vivencias o que fai que a nosa escola teña vida e que todo o traballado pague a pena".
Aproveitando que Jamaica, a nosa auxiliar de conversa, aínda está no cole con nós... Fixemos un clásico xogo nestas datas... "A búsqueda dos ovos de Pascua" ou como se coñece nos países de fala inglesa "Egg Hunter".
Por equipos, cada un dos alumnos e alumnas do cole tivo que ir na busca dos seus ovos de Pascua, axudados por un mapa...
Coa axuda de todos, conseguiron achar tódolos ovos sen que antes se derretisen!!
Seguimos co noso proxecto de enviarnos cartas co CEIP San Clodio.
Desta vez, aproveitando as datas nas que estamos, o noso alumnado elaborou unhas bonitas postais de Pascua en inglés, ademáis da carta escrita en galego onde os comentarios que máis se podían ler eran do tipo....
"Cando nos imos coñecer?"
Quedamos á espera de recibir as súas respostas de novo!
Non podedes imaxinar a ilusión que lles fixo recibir un sobre cheo de cartas para cada un deles.
Dende o mes de Marzo, o alumnado de 5º e 6º do noso cole, estase a cartear co alumnado do CEIP San Clodio .
Cartas escritas tanto en galego coma en inglés, para fomentar o uso de ámbalas linguas e as boas prácticas da escritura.
Para moitos deles, está a supoñer unha nova experiencia o feito de ter que esperar a recibir respostas non tan inmediatas así como traballar a estructura que deben ter as cartas.
Unha moi boa iniciativa por parte de ámbolos centros para conseguir tender pontes entre o alumnado.
Aquí vos deixamos un pequeno podcast onde se recolle o traballo realizado polo alumnado de 5º e 6º de educación, destacando a distintas mulleres da nosa historia.