jueves, 30 de abril de 2020

Día do libro 23 de Abril

Bos días con enerxía!
Hoxe toca un clásico, un cono de eses que a pesar dos anos é o que máis nos segue gustando... ademáis está contado dun xeito moi particular, a dúas voves, quenes serán?.....
TACHÁN, TACHÁN....Raúl de cuarto e Marta de quinto, achégannos esta versión dos TRES PORQUIÑOS!
GRAZAS MARTA E RAÚL!


miércoles, 29 de abril de 2020

Día do libro 23 de Abril

ARRIBA!!!!
E segue avanzando a semana, e nós seguimos tendo a sorte de que os nenos e nenas nos envían contiños, tan ben narrados e dende lugares tan bonitos...
Hoxe tócalle a CRIS de 6º, mirai qu elindo conto e que sorte de paraíso...
GRAZAS CRIS!
LIBRO: Chocolata.
AUTORA:VVAA
EDITORIAL: OQO

martes, 28 de abril de 2020

UNHA HEROÍNA DE CONTO

Hoxe JIMENA de primeiro, tráenos o seu super contiño de "Heroína", personalizado e pintado por ela!
Aqui queda o vídeo para que vos animedes a facelo!
GRAZAS ARTISTA! 

Día do Libro 23 de Abril



Bos días!!!
Non deixamos de recibir contos e máis contos, sodes xeniais, moitas grazas por facer que este confinamento sexa máis levadeiro grazas as vosas historietas!
Hoxe temos dúas contacontos moi especiais, dúas mamis que nos fan chegar os seus contos, MOITAS GRAZAS!

LIBRO: Las princesas también se tiran pedos
AUTORES: Illan Brenman,  Ionit Zilberman.
EDITORIAL: Algar
GRAZAS CRISTINA!

E agora BELÉN vainos a contar un conto dun xeito moi especial...agudizai os oidos, porque este é outro xeito de "ESCOITAR" contiños...GRAZAS BELÉN!


https://drive.google.com/open?id=140HDz3qz7lRKtPyx1-TzxD_b40ihcnSZ

RETO DÍA DO LIBRO

Este ano para celebrar o DÍA DO LIBRO, as mestras e mestres retaron ó alumnado para recrear unha portada dun libro ou conto, axudados de disfraces, novas teconoloxías, creatividade, ...
Aqui vos deixamos o video e as fotos que nos enviaron dende as casiñas!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR SEMPRE FAMILIAS!













lunes, 27 de abril de 2020

Día del libro 23 de Abril

Bos días!
Hoxe tócalle o turno a nosa profe Cris, que nos trae este conto tan fermoso e tan coñecido, que nos recorda a importancia do EQUIPO, do traballo en grupo, e da importancia de contar con todos e con todas para chegar máis alto!
GRAZAS PROFE CRIS!

LIBRO: A que sabe a lúa?
AUTORES.Michael Grejniec
EDITORIAL: Kalandraka.

domingo, 26 de abril de 2020

Día do Libro 23 de Abril

Hoxe preparaivos porque ven un conto cheo de emocións dentro de cada unha das súas páxinas con imaxes en pop-up, contado por Candela de quinto e a súa irmá Jimena de primeiro, que libro tan bonito, que cousas tan lindas nos explican...
MOITAS GRAZAS JIMENA E CANDELA!

LIBRO: Te quiero (casi siempre)
AUTORA: Anna Llenas.
EDITORIAL: Espasa.

sábado, 25 de abril de 2020

TRABALLOS PLÁSTICOS

Esta semana celebramos o Día da Terra, e o noso alumnado, sempre comprometido co planeta e co coidado do noso entorno, está facer uns traballos plásticos moi pero que moi especiais...
Utilizando material de refugallo e convertíndoo e estas obras de arte!!
GRAZAS FAMILIAS!

Día do libro 23 de Abril

Boa fin de semana!
Seguimos recibindo contos cada día! Hoxe toca doblete!
 Dende a súa casiña de maneira moi particular cóntannos os seus contos Adriana e Daniela, estas dúas irmás estannos facendo este tempo moi levadeiro, coas súas manualidades, retos, bailes etc...
MOITAS GRAZAS ADRIANA E DANIELA!
LIBRO: Cuentos de buenas noches para todo el año.
AUTOR: VVAA


LIBRO: Topito terremoto.
AUTORA: Anna Llenas
EDITORIAL: Beascoa

viernes, 24 de abril de 2020

Día do Libro 23 de Abril

Bós días de novo!
Aqui seguen chegando moitos contos dos nosos alumnos e alumnas, que bonito vervos e que alegría da escoitarvos contar tan ben!
Hoxe achéganos Curtis de cuarto unha historia marabillosa...contada con moito agarimo e xeito.
GRAZAS CURTIS!
LIBRO: Los zapatos mágicos.

jueves, 23 de abril de 2020

Día da Terra

Onte 22 de Abril celebrouse o día da Terra, do respecto e coidado que debemos ter cara o noso planeta, nesta data tan especial, os nosos cativos e cativas fixeron varias actividades propostas dende o cole, aqui vos deixamos unha mostra.
A seguir coidando a nosa terriña, valentes!🌈🌍🌏🌎


DÍa do libro 23 de Abril

Bos días!
Seguimos cos nosos e nosas contacontos tan particulares!
Para hoxe temos...a nosa compañeira Mencía de segundo, que dende a súa casiña fainos chegar esta hisotria tan bonita, e un reto para cando voltemos ao cole...escoitai con atención!!!
GRAZAS MENCÍA!
LIBRO: A árbore da escola.
AUTORES: Antonio Sandoval e Emilio Urberuaga.
EDITORIAL: Kalandraka.

miércoles, 22 de abril de 2020

Día do libro 23 de abril

Lerín, a nosa mascota propuxolle ás nosas familias que para celebrar o día do libro podíamos encher o noso blog de contos e historias contadas desde as nosas casiñas..e asi foi, comezaron a chegar unha chea de contos, tan bonitos e tan ben contados, que da gusto!
Moitas grazas pola vosa participación, ÁNIMO VALENTES, xa queda un día menos!
Hoxe para comezar, a nosa compi Blanca de sexto, trénos esta historia tan especial e IMPORTANTE, para aprender que cada cousa...ten o seu tempo!
GRAZAS BLANCA!
LIBRO: Pequeño oso quieres ser mayor.
AUTORES: David Bedford e Jane Chapman
EITORIAL: Beascom

martes, 21 de abril de 2020

DREAM

Hoxe deixámosvos unha curta moi, moi especial...para pensar, reflexionar e sobretodo SOÑAR!
Un día menos familias!

sábado, 18 de abril de 2020

Actividades nas casiñas

Bo fin de semana!
Aqui vos deixamos un montón de actividades que as familias, os cativos e cativas e as nosas mestras fan nas súas casiñas, é un non parar!
Moitas grazas!
🌈🌈🌈🌈

viernes, 17 de abril de 2020

A OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Bos días!!
Para esta fin de semana deixámosvos un xogo de movemento que nos aporta a profe Laura, para que fagades en familia e pasedes unha tarde divertida!
Moitas apertas e xa....queda un día menos!!!



jueves, 16 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril celébrase o Día do libro!
Este ano dende o equipo de Biblio-Baliño, animámosvos a encher o blog de contos, que vós parece?
Cada neno, nena, familia...como queirades, que queira, poderá enviarnos un video, un audio, ou un conto escrito, para que despois teñamos unha "Super biblio en rede" e que cada un e unha dende a súa casiña poida disfrutar dun conto que nos leve a lugares marabillosos e fantásticos!
Aqui vós deixamos o primeiro contado pola nosa Profe Laura!
MARILUNA
De Ana Torttosa e Nicoletta Tomás.
Editorial: REPÚBLICA KUKUDRULU.
Música: Yann Tiersen

MI CASA ES UN CASTILLO

Bos días!
Hoxe traemo sunha proposta da nosa orientadora Silvia, que nos deixa este conto tan chuli para organizarnos nos nosos particulares castelos, durantes estes días!
Desexamos que vos guste!

martes, 14 de abril de 2020

RETOS

Queridas familias!!!
Voltamos de vacacións con moitas enerxías renovadas e con moitas ganiñas de vervos!
Pero...sabades que cada vez queda menos?
Aqui vos deixamos un super RETO que nos enviou unha familia!
Moitísimas grazas familias polos vosos videos tan chachis!

Estes foron os resultados...ANIMÁDESVOS??



Manualidades

E volta de vacacións...agora toca volver un pouquiño a rutina!
Sabedes ben que na Biblio-Baliño sempre hai actividades creativas e talleres de manualidades, asi que aqui vos deixamos para ir empezando...algunhas ideas para facer con material de refugallo, neste caso Plástico!
Esperamos que vos guste!!!🌈🌈🌈🌈🌈

viernes, 10 de abril de 2020

Mandalas

Hoxe toca creatividade e expresión plástica!!! Como nos gustan as mandalas...pois Lerín atopou estas tan chulas que vos quere facer chegar!
A pintar!
Mandalas

miércoles, 8 de abril de 2020

Misiòn espacial

Bos días!
Hoxe toca sair o espazo a facer unha misiòn estelar!
Aqui vos deixamos un enlace no que podedes pasar un bo rato investigando e montando unha verdadeira historia de aventureir@s!
Unha apertiña!!
MISIÒN ESPACIAL

martes, 7 de abril de 2020

Còmics

Seguimos coas propostas de Lerín para estas vacaciòns!!!
Aqui quedan uns còmics que nos poden axudar a seguir viaxando a mundos icreibles sin sair da casa!
Capitán América

Spiderman

Avengers

Tin Tin

lunes, 6 de abril de 2020

Biblio Baliño online

Hoxe a nosa orientadora Silvia, fainos chegar esta colecciòn de contos online que a fundaciòn ONCE abre con total gratuidade!
A gozar do pracer da lectura!
Grazas Silvia!
BIBLIOTECA INFANTIL

domingo, 5 de abril de 2020

Crea Mùsica

Bos días!!
Que tal van esas vacaciòns? Pois aqui seguimos en BiblioBaliño propoñendo cousiñas para pasar estes días!
Hoxe tócalle o turno a mùsica, neste enlace poderedes crear e xogar cos sons canto queirades!
A compoñer artistas!

viernes, 3 de abril de 2020

O circo do sol

O Circo do sol é un espectáculo cheo de maxia e de moita imaxinación, fannos viaxar a través de mundos marabillosos e fantásticos...hoxe abren o seu portal para deixarnos entrar gratis a unha función, isto é un privilexio!
Lerín, recoméndanos que o vexamos, e mercou butacas de primeira fila nas nosas casiñas, ás 15:00!
APERTAS ESTRUJANTES!
CIRCO DEL SOL

jueves, 2 de abril de 2020

El cazo de Lorenzo


Hoxe día 2 de Abril, celébrase o día do Autismo. A nosa profe Cris quixo deixarnos un agasallo contándonos este conto tan bonito, no que Lorenzo nos explica un poquiño como pensa e como se sinte.
A desfrutalo!

Día mundial do Autismo

Hoxe 2 de abril, queremos visibilizar e axudar a conmemorar o día mundial para a concienciación do Autismo.
Aqui vos deixamos un pequeno video que dende as nosas casiñas, fomos montando coa axuda de todas as familias e alumnado que nos fixeron chegar as súas fotiños.
Unha aperta e a deixar voar globos azuis!🌈🌈🌈🌈


miércoles, 1 de abril de 2020

Misterio en el botánico

Aqui vos deixamos un super xogo para poder pasar a tarde de mércores!
Unha aperta para tod@s!
Pronto nos vemos!
MISTERIO EN EL BOTÁNICO

Curta

Bos días!
Como imos familias? xa nos falta ben pouquiño para vacacións!!!!
Hoxe deixámosvos unha curta moi bonita que explica un pouco o mundo dunha persoa con espectro autista, Lorenzo vainos a ensinar a súa marbaillosa historia!
Desexamos que vos guste!
Bicos dende a fraga!

Semana do libro!

  Dentro desta semana teremos diversas propostas relacionadas co 23 de Abril día do libro. Unha delas son as lecturas familiares, que nos en...