viernes, 22 de marzo de 2024

Gañadora!

 Pois xa temos gañadora do noso pack saúde, Toña desexamos que o desfrutes moito!

Moitas grazas ao club de futbol de Ferreira por cedernos este premio dun ciecuíto no balneario!

Grazas tamèn a todas as persoas que colaborastes con esta iniciativa que ten como fin axudar a nosa rapazada de quinto e sexto na recadación para a súa excursión de fin de curso!


NÚMERO GAÑADOR: de CEIP Monte Baliño

lunes, 18 de marzo de 2024

IMPRESIÓN 3D: Chaveiros Uvas e Copas para a "Feira do Viño"

Os nosos compis de 5º e 6º seguen moi atarefados no proxecto de recaudación de cartiños para a súa excursión final. 

Volven a empregar a IMPRESORA 3D, para elaborar uns chaveiros de uvas. botellas e copas de viño para a próxima Feira do Viño, celebrada nas proximidades do Baliño. Mesturamos así varios dos proxectos que levamos a cabo na nosa escoliña: Biblioteca creativa, POlos Creativos, o noso PDi "Coñecendo Lucus Augusti".

Como vos dixemos da outra vez... 

Se vedes os nosos nenos e nenas por aí, botádelle unha man... 

NON PERDADES AS CHAVEs! Mercade uns chaveiros!

PRÓXIMAMENTE Á VENTA : AVISAREMOS DA UBICACIÓN!!! Estade atent@s







sábado, 16 de marzo de 2024

Maquetas da nosa provincia!

 O alumnado de quinto e sexto na programación deste ano do Proxecto competencial, levaron a cabo unha labor de investigación sobre os concellos e comarcas de Lugo, relacionando o noso PDI, coñecendo a provincia de Lucus Augusti.

Primeiramente fixeron unha labor de busca e análise xeográfico da provincia, despois buscamor a maneira de levalo a unha maqueta, moldearon, elaboraron os carteles, imprimimos, plastificamos e aqui tedes o resultado!




Charla ciberacoso!


 Dentro do Plan Director, contamos ca posibilidade de ter formacións e charlas sobre temáticas moi interesantes e importantes para o noso alumnado e as familias, igual que para todo o profesarado.

Desta volta tivemo unha extensa conversa sobre ciberacoso e bulling, aspecto moi destacable e a ter en conta hoxe en día, posto que se torna nun problame real e moi frecuente nas nosas aulas e sociedade.

Moitas grazas pola información e o bo saber a hora de transmitila!




martes, 12 de marzo de 2024

Club de lectura!

 Hoxe martes tivemos o segundo encontro do club de lectura Lerinlerán!

Desta volta e recollendo as suxerencias do alimnado escolleuse un libro de aventuras, que certamen encantoulles, “O misterio de Portomarín”, de Antía Yañez, unha novela de misterio que dende o minuto un fíxose moi doada de ler!

Para “baixar” as nosas conversas do club, e relacionado co noso programa de Aliméntate ben e Eco-saúde, elaboramos unha limonada e degustamos unha tarta de Santiago, especialidade de Portomarín, alimentos dos que se fala no libro, menuda experiencia tan chula para o padal e para as nosas  aprendizaxes literarias!






Visita de Taborililás!



 Para conmemorar o 8 de marzo esta vez tivemos unha visita moi especial, Sela, Mara e Virginia, compoñentes de Tamborililás achegáronse ao noso cole para ensinarnos como se cambian as cousas  a través da forza de equipo, da música, da enerxía e da loita activa na defensa do que se cre.

Como din “ reapropiámonos da música e da alegría como ferramentas de loita porque cremos no seu potencial de cambio, empregando materiais de refugallo para os nosos batukes na procura dun espazo que facilite a participación de todes de xeito horizontal”.

Tamborililás Compostela son unha colectiva transfeminista que traballan para xerar un espazo de coidados, onde compartir, dende o respecto e o acollemento das diversidades,  como ben explican.

As crianzas e profesorado estivemos elaborando os batukes  nos días previos con material de refugallo que facilitaron as familias.

Despois baixo as directrices e indicacións de Sela, Virginia e Mara, convertemos o noso centro nun espazo cheo de música reivindicativa e enerxía!

Moitas grazas polas vosas voces, ritmos e loita!💜🥁




viernes, 8 de marzo de 2024

8M: DÍA DA MULLER

 Hoxe no cole fixemos diferentes actividades de conmemoración desta data sinalada: DÍA DA MULLER 8M.
Rapaces e rapazas unidos en diferentes actos: mural colectivo con adxectivos positivos sobre as mulleres (bravas, loitadoras, valentes, agarimosas, traballadoras, nais e porqué non, sexys); colgado de cinchas na natureza cos nomes das nosas mulleres "fetiche" (nais, avoas, tías, irmáns...); decorado de banderíns feminismo; bibliopatio violeta cos lecturas de e por mulleres e ata un programa de radio que podedes escoitar neste enlace.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmontebalinho/node/565

MULLERES A VOSA VOZ IMPORTA.

SOMOS VÁLIDAS, SUFICIENTES E PODEROSAS.

HOXE E SEMPRE!


 

miércoles, 6 de marzo de 2024

Asentos dinámicos!

Este curso 2023-2024 estamos a participar dentro dos programas da consellería contratos Programa Innova, un deles “Edu-saúde” enfocámolo cara a postura corporal do noso alumnado, correción das mesmas nos momentos de traballo en mesa, a posibilidade de movemento e canalización de enerxía daquel alumnado que lle costa máis pasar tempos prolongados nunha postura sentada, etc…

En base a todo esto propuxemos a utilización dos chamados “asentos dinámicos”, enfocados precisamente a solventar as dificultades das que falamos anteriormente.

Hoxe por fin chegaron as nosas novas adquisicións destinadas a mellorar a postura do alumnado durante a práctica educativa!

Irémolas implementando pouco a pouco a partir do terceiro trimestre en diferentes clases segundo as necesidades de cada aula, en concreto poremos en marcha o traballo en cadeiras de “fitball” na aula de quinto e sexto, aínda que o alumnado poderá utilizar a cadeira tradicional sempre que o desexe.

Aquí vos deixamos un pequeno bosquexo deste proxecto para nós e o noso alumnado!







martes, 5 de marzo de 2024

Plan director!

 Este ano dentro do Plan director temos a sorte de poder recibir unha serie de charlas informativas sobre os riscos de internet e a adiación aos videoxogos!

O outro día tivenos unha formación moi valiosa na que o alumnado de quinto e sexto e algunhas que se puideron acercar, recibiron sobre os videoxogos, uso e abuso dos mesmos, riscos, etc…

Moi agradecid@s por contar ca posibilidade de acceder a esta información dun xeito máis seguro e san!




Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...