viernes, 19 de junio de 2020

Semana de despedidas

Bos días!
Hoxe o alumnado de primeiro e segundo fainos chegar este traballo tan creativo, que fixeron coa profe Mar, durante o terceiro trimestre.
Grazas chicos e chicas!

Semana de despedidas!

Boas amiguiños e amiguiñas!
Ala se remata un curso de novo...este un tanto especial e diferente por esta situación que nos tocou vivir, pero sempre hai algo positivo e de aprendizaxe nela....

Eu Lerín, e os mestres e as mestras do Monte Baliño queriamos felicitarvos por ter sido uns auténticos e autenticas VALENTES! 

Este tempo como dicía, ensinounos a mirar cara nós, a desfrutar da casiña e da nosa familia, a escoitar e a pararnos a pensar, a mirar cara arriba e ver pouqiño a pouco como voltaba sair o sol, e a cargarnos de enerxía para voltar "che@s de vida" o vindeiro curso.

Agora toca gozar das esperadas e tan merecidas VACACIÓNS, dos paseos e das piscinas, do aire e do sol, dos bailes e das risas, dos amigos e das amigas...da VIDA!

Nós marchamos tamén para desfrutar de todo iso, imos a botarvos moito de menos, pero en nada estaremos escoitando os berros no cole, as risas, o timbre, os autobuses, os pratos e as pelotas...

FAMILIAS E ALUMNADO PASAI UN VERÁN MARABILLOSO E CHEO DE COUSAS BONITAS, VÉMONOS EN SETEMBRO!

jueves, 18 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN

Boas!
Como xa sabedes, marchamos de vacacións!
É un tempo moi bo para gozar dun bo libro, de xogos en familia, de escoitra música, así que aqui vos deixamos unhas cantas recomendacións para este perido estival.
Vémonos á volta!
FELIZ VERÁN!


martes, 16 de junio de 2020

Semana de despedidas

Bos días!
E seguimos  con máis traballiños que  nos fagan chegar os alumnos e alumnas de quinto e sexto, feitos en plástica coa profe Mar.
Moitas grazas Artistas!🎨🎨🎨🎨🎨🎈

lunes, 15 de junio de 2020

Semana de despedidas!

BOAS AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!
Comezamos a semana con un traballiño que nos fan chegar os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto, adícannos estas poesías a tod@s e ensínanos o funcionamento dunha roda hidráulica!
Canto traballan este cativ@s!
MOITAS GRAZAS!




viernes, 5 de junio de 2020

O PAPAGAIO

Hoxe chega un novo número do nsos xornal máis tolo e divertido, cheo de noticias e información interesante, contada para nós!
A GOZAR DO DÍA🌈🌈🌈


martes, 2 de junio de 2020

Curtas con mensaxe

Bos días!
Nestas ùltimas semaniñas de curso, nas que o ànimo e as enerxías flaquean, compre lembrar que importante è o traballiño e o esforzo diario para seguir crecendo e mellorando!
Aqui vos deixamos unha pequena historia que o dí moi claramente...
Ànimo pequen@s que xa non queda nada!🌈🌈🌈🌈

TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...