Mostrando entradas con la etiqueta Croma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Croma. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de junio de 2019

De paseo polo noso Concello!


Durante este último mes, o alumnado de 1º e 2º de primaria, estivo a investigar cales son os recunchos do noso Concello máis interesantes para podelos visitar durante estas vacacións.

Eles mesmos, colleron as rendas da investigación a través das tablets e do ordenador da aula.

Despois, foron quen de gravar as súas propias anotacións na radio, coidando moito a súa pronunciación e os contidos a tratar.

E por último...divertíronse moitísimo xogando coas posibilidades que o croma lles ofrece...


Toda unha experiencia que podedes visitar premendo no seguinte enlace:


martes, 21 de mayo de 2019

Sopa Verde - Ed. Infantil




Os nosos nenos e nenas de Educación Infantil, levaban semanas traballando arreo sobre o conto "Sopa Verde", da escritora Angela Madeira.

Un conto fermosísimo que narra a historia dun coello que sólo quere comer alimentos de cor verde...

leitugas verdes,
brócolis verdes,
coles verdes,
chícharos verdes,
espinacas verdes,
alcachofas verdes, 
pementos verdes...


Ata que os seus amig@s, preocupados pola súa alimentación...

Decidiron prepararlle unha rica sopa que aínda que levaba alimentos de tódalas cores....
semellaba que era de cor verde!!



O noso alumnado estivo a investigar como funciona isto da grabación da voz na RADIO e aproveitaron a deleitarnos coas súas grandes poses artísticas diante do Chroma.

Aquí vos deixamos o vídeo que conseguimos montar, despois de moitos esforzos.

Desexamos que o disfrutedes moito!!




viernes, 17 de mayo de 2019

Zapeando no Monte Baliño




Víchedes que way nos quedou o noso programa de televisión?? 

O alumnado de 4º de Primaria a 6º de Primaria estiveron preparando un divertidísimo programa de televisión "Zapeando no Monte Baliño", dende o cal, cun guión moi traballado, conseguiron sacarnos unha sonrisa a todos os presentes.

Eles mesmos participaron no proceso de redacción do guión así como tamén na grabación dos diferentes contidos a través do Chroma.

E o resultado...non podía sermellor...

AQUÍ VOLO DEIXAMOS!! 

ESPERAMOS QUE O DISFRUTEDES TANTO COMO NÓS, FACÉNDOO!!






martes, 2 de abril de 2019

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Resultado de imaxes para 2 abril 2019 día libro infantil
Dende o ano 1967, o día 2 de abril, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Nesta data, búscase promocionar os bos libros infantís e xuvenís así como promocionar a lectura entre os máis novos e novas.


Co fin de seguir espertando emocións a través dos contos, durante as semanas previas, os máis pequeniños do noso cole, estivéronnos a organizar unha bonita sorpresa relacionada co conto de Elmer, de David McKee.

Aquí vola deixamos! Que a disfrutedes moito!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...