viernes, 26 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 As nosas mochilas viaxan e viaxan dunha casa a outra, levando mundos divertidos e fantásticos ó noso alumnado.

Emma de infantil, está moi contenta con todos os libros que puido ler e mirar!

Grazas Emma e familia!🎒🌈




jueves, 25 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🌈🎒

 E para hoxe....Xavi de infantil!

Canto conta, conta tanto...como nós gusta a súa maneira de explicar cada libro, tan contento coa mochila, contando en inlgés, ensinándonos todo paso a paso, que xenial!

Grazas Xavi e familia!🎒🌈



sábado, 20 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🌈🎒

 Ana de segundo, cóntanos hoxe que recibiu a visita da mochila viaxeira, desta vez os libros xa eran outros, a ver, aver que lle pareceron...

Moitas grazas Ana e familia!🎒🌈



O noso venres de Entroido

Que non pare a festa!
Dentro de todas as nosas actividades de Entroido, o venres puxemos punto final a unha semana chea de ledicia e colorido no Monte Baliño.
Cada neno e nena, trouxo o seu disfraz libre, todas e todos contentos pasamos un día moi divertido, con moito coidado e seguindo as medidas hixiéncias coma sempre, despois de comer realizáronse talleres e actividades creativas, despois de enchernos ben de forzas con un menús especial de Entroido feito pola nosa cociñeira, Bea, grazas por alimentarnos tan ben!
Pero como calquera festividade que se precie, primeiro houbo que pasar polo noso particular fondo de fotografías!
Aqui están os nosos peques e as nosas peques tan ben caracterizados!
Viva o Entroido e de hoxe nun ano!👹👺🤡👻🤖🧙‍♂️



jueves, 18 de febrero de 2021

Mochilas Viaxeiras🎒🌈

 O descanso de Entroido deu para descansar, pero as nosas mochilas non pararon!

Lila de terceiro, explica todos os libros que atopou dentro delas, o que máis lle gustou e o que menos, tamén nos conta unha imaxe que lle deu un pouco de “grima”, 😂😂😂

Moitas grazas Lila e familia!⭐️🎒🌈




Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Hoxe temos un super lector de mochila viaxeira, o noso compi Ían de infatil xunto coa súa logopeda Tati, lenos o que máis lle gustou!

Moitas grazas Ían, familia e inestimable colaboración de Tati!💜🎒🌈



miércoles, 17 de febrero de 2021

Actividade máxica

 Como unha boa maga máxica, a nosa profe Cris fixo co alumnado de infantil unha actividade moi divertida, crearon, traballaron a motricidade fina, a creatividade e a imaxinación, e sobretodo gozaron da maxia do paso da oscuridade á luz!

Aqui queda unha mostra, da ledicia dos pequenos e pequenas cando descubren os seus debuxos e creacións!

Grazas por estas cousiñas tan divertidas Profe Cris!🥰🥳



sábado, 13 de febrero de 2021

Entroido 2021🥳🥳

 Neste Entroido, ou Non Entroido, 2021, o noso cole converteuse nun recuncho de festa, denledicia, sorpresas, xogos, bailes e cores!

Con moito coidadiño, coma sempre, e con moito agarimo, cada día cumprimos os mandados de Lerín, adaptamos as comadres e os compadres e o venres celebramos por todo o alto, con talleres e actividades despois dunha boa comida de cocido e orellas de Entroido, que máis se pode pedir?

Aqui vos deixamos un anaquiño de toda a nosa semana entroideira, grazas familias por participar en todo o que se propón, o ano que ven, celebraremos como se merece!

👹🤡🥳🌈⭐️🧙‍♂️👺




jueves, 11 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Os pequenos e pequenas de primeiro e segundo, xa comezan a segunda volta da súa mochila viaxeira...pero aínda quedan Thiago e Assur que nos contan que foi o que máis lle gustou de estes primeiros libros!

Moitas grazas Thiago e Assur e familias!!🎒📚🌈





Mandados do Meco

 E xa chegamos ó gran día...que pasará o VENRES?

Música: Os amigos dos músicos. Non pare a festa.👺👻👹🧙‍♂️🤡



miércoles, 10 de febrero de 2021

martes, 9 de febrero de 2021

Mandados do Meco

 ...e para o MÉRCORES que sorpesa nos espera...👏🏻👏🏻🧙‍♂️🤡👺👹

Música: Os amigos dos músicos. Non pare a festa.



lunes, 8 de febrero de 2021

Eu tamèn uso gorro💜


 Hoxe è un día especial, Día Internacional da Epilepsia, moitos e moitas son os guerreir@s púrpura que cada día nos ensinan que as barreiras estàn para superalas💪🏻💜

Dende o Ceip Monte Baliño poñèmonos os nosos gorros para despois sacalos ante eses pequenos e pequenas que nos demostran que a vida è cuestión de actitude!

#yotambienusogorro


Mandados do Meco

 Que teremos que traer para o MARTES...👻🧙🏼‍♀️🤖🥳

Música: Os amigos dos músicos. Non pare a festa.



domingo, 7 de febrero de 2021

Contos para durmir!📚⭐️

 Hoxe comezamos unha nova iniciativa que nos chega dende a casa de Martín, un dos nosos pequenos que antes de durmir, colle un conto e desfruta lendoo e contándollo a súa familia!

Moitas grazas oor facernos chegar esta xoia!👏🏻👏🏻




viernes, 5 de febrero de 2021

A Paz

Este ano no cole Monte Baliño, celebramos e conmemoramos a semana da paz, con diferentes actividades, sempre gardando as distancias pero compartindo momentos ùnicos que nos encanta compartir!
Sen esquecer nunca que...”A paz comeza cun sorriso”


Como ves a paz?

 Dende a biblioteca lanzouse un reto para que o alumnado enviase unha imaxe que para el@s significase PAZ, a verdade é que cada quen temos os nosos recunchos especiais, compañeir@s, lugares... que fan que estemos en calma, con todo o que nos rodea e con nòs...

Queredes descubrir esas imaxes especiais que nos chegaron? Aquí tedes o resultado!

Moitas grazas!⭐️



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Mateo de segundo está moi contento de ter a mochila viaxeira, ten un libro preferido, e explícanos moi ben cal é...

Grazas Mateo e familia!🌈🎒



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Esta semana a mochila viaxeira non parou, dun lado para outro! Hoxe tócalle a Ana de segundo, que nos relata que libros lle gustaron màis e o que lle gustou un pouquiño menos!

Grazas Ana e familia!🎒⭐️



Un conto de Paz

 Conmemorando o día 30 de xaneiro, os pequenos e pequenas do Monte Baliño, fixeron este conto tan bonito, utilizando a súa tenrura e a linguaxe de signos.

Que bonito conto de Paz!🥰🤩🌈



Mandados do Meco

Seguimos cos noso particular Entroido,  asi que para non perder tradición, Lerín deixanos os seus mandadiños coma sempre!

VIVA O ENROIDO no MONTE BALIÑO!

Música: Os amigos dos músicos. Non pare a festa.


jueves, 4 de febrero de 2021

Xoves de compadres










 Comeza o Entroido!

Hoxe os nenos e nenas do Monte Baliño atopàronse cuns compadres ben simpàticos!!!!🥁🎺🤡👹👻


Estimulación da linguaxe












 Nas últimas sesións de estimulación da LINGUAXE e a colación do Pdi dos contos do noso cole, fixemos unha actividade relacionada co conto da Carapuchiña.

Primeira sesión, vimos, escoitamos e interactuamos na pizarra dixital o conto da Carapuchiña da web pictocuentos. Foi moi sinxelo entendelo cos apoios visuais dos pictogramas! Despois contamos o conto de As manoplas de Carapuchiña. Ao rematar, fixemos o debuxo do conto 

Segunda sesión, comparamos traballando en equipo os dous contos da sesión anterior. Tiñan os mesmos protagonistas pero eran moi diferentes! Traballamos así a reflexión, comprensión e a expresión oral. Ademáis veunos moi ben para traballar na semana da paz, xa que no conto das manoplas, todas as personaxes son amigos e se respectan. Finalmente, rematamos a sesión cunha manualidade dun Lobo... Parécevos medorento e malvado o noso lobo?? Nos vos deixedes levar polas primeiras impresións! 👀😉

Grazas profe Cris por estas actividades tan chulis!!!🐺



miércoles, 3 de febrero de 2021

Concurso de tapabocas de Entroido

 Este Entroido, tamén será diferente, pero non por iso menos divertido, asi que...empezamos con algunha entroidada que mañá vos espera no cole...

Coma sempre dende Biblio Baliño, propoñemos un concurso para que fagades na casiña, e pasedes un ratiño divertido e compartindo en familia!

Dende hai un ano os tapabocas axúdannos a cuidarnos, a poder seguir vindo ao cole, e todas e todos entendemos o importante que é o seu uso e a súa hixiene, sempre limpos e listos para protexernos!

Este ano poñemos a vosa creatividade en xogo coma sempre, así que, trátase de deseñar un tapabocas de Entroido o máis orixinal posible, purpurinas, plumas, material de refugallo, pintado nun folio, de cartulina, de cartón, etc...

Despois os utilizaremos para decorar o cole!!!

Veña, creatividade, que sempre os traedes  tan bonitos!!!!

 

 


Gran concurSo de entroido 2021 de Moyla Pekena

martes, 2 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Da gusto propoñer actividades, porque as familias sempre estades dispostas a participar, moitas grazas, porque senon sería imposible...

Así pasa coas mochilas viaxeiras, seguen chegando vídeos todas as semanas, cos pequenos e pequenas expresándose de xeito oral a con moi bo saber, diante da cámara, para facernos chegar estas xoias...

Hoxe toculle a Alexandra de terceiro, grazas Alexandra e familia!🎒💜🌈



lunes, 1 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Hoxe Jesún de infantil explicanos que libros había dentro da súa mochila viaxeira, algún non lle gustou, e con moito xeito cóntanos o porqué

Moitas grazas Jesús e familia!🎒⭐️


TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...