martes, 20 de octubre de 2026

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa!

Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu fogar!

Grazas Iago e familia!



Día das esritoras!

 Este ano co motivo da celebración do día das Escritoras, que se conmemora o 19 de Outubro, elaboramos unha proposta moi "exquisita" en torno a figura de Susana Valverde e a súa obra "Espigas negras"!

Este traballazo fixémolo en conxunto con todas as biblios  e centros da contorna que pertencemos ao Colectivo Lemos Le, dentro de pouco teredes máis novas...


 

viernes, 16 de octubre de 2026

Mochilas viaxeiras!

 As nosas mochilas viaxeiras xa comezaron a visitar as casas das crianzas do Monte Baliño! Cheas de sorpresas coma sempre!

Van completiñas de aventuras, dende libros en castelán, galego e inlgés, ata libros de adultos e xornais e revistas escolares, sen esquecernos do xogo para gozar en familia!

Non esquezades contarnos o que vos pareceu, incluso achegarnos recomendacións lectoras ou lúdicas de calquera tipo, que vos gustaría atopar nas nosas mochilas viaxeiras!



miércoles, 7 de octubre de 2026

Samaín que te vin!

 Aqui volve Lerín á carga con un dos seus encargos!

Como xa sabedes chega o Samaín, festa que ás nosas crianzas lles encanta!

Desta volta e relacionado co noso proxecto de curso, “Fedellando coa ciencia”, propoñemos a creación du animal ou criatura monstrosa, a que lle podedes inventar nome e ata unha historia!

Sempre utlizaremos máterial de refugallo ou da natureza para as nosas creacións, non esquezades isto!

Moitas grazas por participar e por axudarnos sempre nas nosas propostas de biblioteca!


Poster Halloween Tenebroso Azul de CEIP Monte Baliño

jueves, 1 de octubre de 2026

Benvid@s a un novo curso de lecturas e aventuras na nosa biblio!

Arrancamos unha nova andaina na nosa biblio favorita, chea de recunchos, de libros e aventuras, robots, a nosa radio e o noso croma, legos, xeoplanos, enciclopedias famtásticas, mesa de luz, espazo de manualidades, xogos, materiais de xogo simbólico…

Aqui vos deixamos un pequeno resumo dun vídeo feito polos biblioaxudantes, onde nos explican os espazos da biblio e como movernos por ela!

Estade atent@s que o día 6 de outubro, si o 6, escoitastes ben, abrimos as nosas portas para comezar a aventura!


 



miércoles, 9 de septiembre de 2026

Comezamos un novo curso!

Benvidas e benvidos a un novo curso, hoxe traemos as nosas mochilas cargadiñas de ilusións, agarimos, respecto e sobretodo de moitas ganas de aprender nesta gran familia do Monte Baliño!

Este curso 2026-2027 guiaranos un proxecto centrado nas alfebetizacióna multiples que inundan a nosa realidade actual!

Asi que baixo o lema "Fedellando coa ciencia" realizaremos unha morea de actividades e propostas das que, coma sempre, as familias seredes parte fundamental!

Arrancando motores e ala imos, un ano más comezamos o cole en 3, 2, 1....





sábado, 20 de junio de 2026

Misión Galicia

 Marlene é a mamá de Hugo, un dos nosos compañeiros de infantil!

Esta última semana preparou unha super actividade basesda na fauna de Galicia, converténdonos en detectives tivemos que buscar as pezas mediante pistas, que estaban agochadas en diferentes recunchos do cole!

Aorendemos moito sobre 5 animais da nosa contorna, que comen, onde viven, como son as súas pegadas…

Moitísimas  Marlene por este traballazo e esforzo, pasámolo en grande e agora…esperámoste para as seguintes!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...