miércoles, 30 de noviembre de 2022

SAÍDA CANGAS "TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

O pasado martes 29 de novembro, realizamos unha saída a Cangas, actividade enmarcada dentro do proxecta Aliméntate ben e a modalidade Ti si que es un bo peixe. Esta actividade quedara pendente de facer dende o curso pasado polas limitacións xeradas tras a Covid. 

Por fin, este curso puidemos sair do cole, respirar e estar en contacto coa natureza, neste caso co mundo mariño.

A organización por parte dos responsables da modalidade, foi impecable e adaptouse perfectamente a todo o alumnado que gozou de todas as actividades propostas: visitar ao porto e a lonxa e o mercado. Ate fixemos un simulacro de poxa. Tocamos, ulimos, vimos, escoitamos as explicacións dadas con agarimo e claridade. Agradecemos moitísimo a dedicación destas persoas e o trato que recibimos pola súa parte.... e por suposto, ao final tamén DEGUSTAMOS unha comida deliciosa preparada a base de produtos do mar: empanadiña de polbo, croquetas de algas e unha sobremesa de compota de mazá deliciosa.

Foi un sopro de aire fresco estar preto do mar e collemos forzas para rematar o trimestre coma campións e campioas!

Aquí vos deixamos un video con momentos para lembrar este precioso día no que o tempo tamén nos acompañou!!




jueves, 24 de noviembre de 2022

O Courel

 Esta semana os nenos  e nenas de primaria tivemos a sorte de coller o bus e irnos de excursión ao Courel!!!

Que sitio tan bonito, e que mágoa dar ver esa serra queimada...todos e todas nos demos conta de que aquela cor negra, nos enchía de pena...

Estivemos na compaña de Dani, membro de Caurelor, unha pequena empresa que se encarga de elaborar productos alimenticios a partides dunha marabillosa materia prima, como son as castañas, ademais de outros froitos!

Explicounos cousas moi interesantes sobre a contorna, o proceso de traballo e elaboración dos productos.

Ao final convidáronnos a unha degustación riquísima, moitas grazas por todo!!!



lunes, 21 de noviembre de 2022

Mes da ciencia!

 E aqui están os nosos científicos e científicas expoñendo os seus traballos e descubrimentos, na nosa xornada de ciencia!

Que ben o pasamos!



miércoles, 16 de noviembre de 2022

Mes da ciencia🔬🦠🧬


 No noso cole non se para! Este mes temos unha exposición xenial, con moitos libros e artiluxios adicados á ciencia, xa que o mes de novembro celebrámolo con diversas actividades…

Algo se está cocendo…



martes, 15 de noviembre de 2022

Cumplimos medio século!

Bos días dende o Monte Baliño:

É o aniversario do noso cole,celebramos 50 anos !
Por iso gustaríanos facervos unha  entrevista, anímaste?
Se vos apetece e estiveche no cole nalgún momento neses 50 anos ,escríbenos: ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal
Tedes de prazo ata o 20 de decembro.
Moitas grazas, pola vosa colaboracion. 
Un saudo🦊🌈🐲💋

O Monte Baliño celebra 50 anos

Bos días dende o Monte Baliño:

O noso cole cumple medio século, para celebralo imos a facer unhas actividades moi especiais.
Unha delas será unha viaxe no tempo a través de fotografías, por iso necesitamos a vosa colaboración.

Envía algún documento gráfico do cole ao seguinte mail:ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal, con asunto “fotografía 50 anos“, tamén podes achegarte ao cole para cedelas,por suposto 
despois devolverémolas.
Tedes de prazo ata o 22 de decembro.

Gustaríanos que xunto coas fotos aparecese a seguinte información: Ano,persoas que aparecen e o nome de quen a cede.
Moitas grazas por aportar o voso gran de area!

O alumnado do Ceip Monte Baliño

lunes, 14 de noviembre de 2022

Magosto 2022!

Viva o magosto!

O 11 de novembro celebramos por todo o alto o San Martiño, castañas, chourizos, risas, música e xogos, e tamén nos tiznamos!

Por fin puidemos celebrar o magosto todxs xuntxs coma antes, día de convivencia e día de festa!



Camiño de inverno!

 Esta semana pasada, despois de ter que adiar a saída varias veces por mor da climatoloxía, por fin puidemos desfrutar da V Andaina escolar, xunto cos outros coles da contorna, paseamos ao longo de 4 kms entre carballos e natureza, que bonito é o outono!



Gañadores!

 Xa temos os nosos monstros galegos máis votados! Aqui están as monstrosas creacións gañadoras de este ano!

Noraboa aos artistas, Leia, Miro, Jimena e Manuel!



miércoles, 2 de noviembre de 2022

Mochilas viaxeiras!🎒📚🌈

 Empezamos! Aqui chegan os nosos xeniais videos sobre as mochilas viaxeiras!

Hoxe é o rurno de Martín, dos maiores de infantil, que nos conta que o mellora da mochila foi….

Grazas Martín e familia!



O noso Samaín🧙‍♂️👻💀

 No noso cole por estas datas pasámolo terroificamente xenial!

Decoramos todo o cole con manualidades que se fan dende as aulas, dende aula madrugada, e ademáis este ano fixemos un concurso de monstros da nosa cultura galega, con material de refugallo.

Tamén desfrutamos dunha semana chea de contos de medo na biblio a cargo do alumnado de quinto e sexto que son os artífices de que a biblio funcione e de que todo esté colocadiño no seu lugar!

O día de Samaín o cole encheuse de personaxes aterradoras, que bailaron, cantaron, xogar e degustaron unhas merendas terroríficas que se fixeron nas titorías, primando ingredientes saudables, e como base, a nosa amiga froita!

As últimas horas do día como xa è de costume, o alumnado participou en diferentes xogos e obradoiros, organizados polas mestras e mestres do cole, con bailes horripilantes, xogos mortíferos, maquillaxe aterredaor e como non, de trick or treat!

Samaín, volve pronto!!




Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...