miércoles, 27 de abril de 2022

Os retos de Lerín

 Hoxe Lerín sorprendeunos con un novo reto…

Serán capaces as nosas alumnas e alumnos de dar coas pistas necesarias para chegar a atopar o agasallo que garda Lerín entre os libros…



martes, 26 de abril de 2022

Biblioxogos!

 Co gallo da semana na que celebramos ou conmemoramos o Día do libro, o noso alumnado de quinto e sexto, quixo lembrarlle a todos os compañeiros e compañeiras que na nosa biblio tamén hai moitas máis cousas, xogos, recunchos, etc…

Aqui vos deixamos un documento moi gráfico coa mairoía dos xogos de Biblio Baliño, e a explicación rápida e moi clara do noso equipo de BIBLIOAXUDANTES!👏🏻👏🏻👏🏻



sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro

 Que pasará o luns cando os alumnos e alumnas cheguen ó cole?

Lerín leva tramando algo dende a semana pasada…

Deixounos esta pista…


cita a cegas cun libro... de CEIP Monte Baliño

martes, 19 de abril de 2022

Por que ler mola?

 Lerín, a mascota fedella da nosa biblio, proponvos un concurso para celebrar con todas as familias o 23 de Abril, día do libro!

A idea sería grabar un vídeo cortiño no que expliquedes de maneira orixinal e creativa, porque vos gusta ler, que atopades de máxico na lectura, etc…

Candoo teñades, antes do 25 de Abril, podedes envialo a mail da biblio que aparece no video promocional aue vos deixamos aqui abaixo!

Animaivos, haberá premio para as máis imaxinativas e divertidas! Grazas👏🏻👏🏻


POR QUE LER MOLA? de CEIP Monte Baliño

lunes, 4 de abril de 2022

Día do libro infantil!

 No noso cole encántanos viaxar a través de mundos descoñecidos grazas aos libros que podemos atopar na nosa biblio, ou os que temos nas casiñas!

O día 2 de marzo conmemórase o día do libro infantil, asi que saimos a facer unha pequena enquisa, para ver cales eran os títulos favoritos de todos os nenos e nenas e os mestres e mestras do noso cole!

Que cantidade de opcións, de diversidade e de historias!

Collede papel e lápis e apuntai o título dalgún que non coñezades!



Mochilas viaxeiras

 Hoxe Samu de 5º de Infantil achéganos este documento tan chachi sobre a mochila viaxeira que chegou ao seu fogar!

Escoitai, escoita, xa veredes que ben se explica!

Moitas grazas Samu e familia!



Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...