martes, 18 de febrero de 2020

De que cor é un bico?

En infantil, polo día do amor e a amizade, lemos o libro de que cor é un bico?. Estampamos corazóns de Cores no mural de Mínimoni e decoramos as letras do título con pegatinas de Cores. Agora xa saben que os bicos son multicolores... E ti, sabes de que cor é un bico?? 😘

lunes, 17 de febrero de 2020

COMPADRES E COMADRES

Seguimos coas celebracións de Entroido! Hoxe voltamos visitar o centro de día que tanto nos gusta! Ali pasamos un rato estupendo o alumnado de quinto e sexto facendo as nosas comadres e compadres, convivimos, rimos e ao final todos e todas xuntas cantamos!
Viva o ENTROIDO!

O Entroido de Xinzo de Limia

O Venres día 14 a nosa profe Laura, achegounos un pouquiño do sentimento e da tradición do seu pobo, do do Entroido e do seu traxe tradicional de Pantalla.

Segredos de Pantón

O venres foi un día no que aprendemos moitas cousas, Lucas, membro da Asociación Cultura Segredos de Pantón, ensinounos moita información e curiosidades da nosa localidade, e contounos moitas hitorias interesantes que descoñeciamos.
Moitas grazas Lucas!




Entrega de material escolar

O pasado 30 de Xaneiro con motivo do día da paz e da non violencia, fixemos unha carreira solidaria.
o alumnado recolleu moito material escolar que donou desinteresadamente para unha asociación local, en concreto Cáritas de Monforte.
O xoves día 13, achegáronse dous representantes para recoller as doazóns e explicarnos como se organizaban e como chegaban a aqueles fogares que máis o precisaban.
Foi un pracer poder colaborar!

lunes, 10 de febrero de 2020

Obradoiro de Banda de desañada

Esta semana o alumando de 3º-6º recibiron unha visita moi especial...seguindo o noso proxecto de Biblio para este año relacionado coa Banda deseñada e o mundo dos comics, tivemos uns invitados de luxo, Dani e Iria que nos ensinaro moitas cousas sobre este mundo descoñecido e tan interesante, que eles coñecen de primeira man.
Moitas grazas, pasámolo xenial e aprendimos moito!

sábado, 1 de febrero de 2020

Reporteir@s!

@s nos@s biblioaxudantes crearon estas entrevistas espontáneas dos compañeiros e compañeiras, no día da Paz, no que lles plantexan diferentes cuestións sobre este tema!

Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...