Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemos a nosa Biblio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemos a nosa Biblio. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de septiembre de 2024

Coñecendo a nosa biblio.

 Os nosos e as nosas biblioaxudantes non paran! Teñen tantas ganas de abrir a biblio que aqui voa deixaron un vídeo creado por el@s onde vos explican como facer o préstamo de libro, como coidalos, os xogos e o seu mantemento, as mochilas viaxeiras, etc…

Aqui vos deixo a súa creación!




jueves, 28 de septiembre de 2023

Bibliobaliño abre as súas portas!

 E un ano máis…un clásico! Os nosos e as nosas biblioaxundantes  explícannos como utilizar a biblioteca, como coller os libros, onde están os aue nos correposnden por idade, etc…

Grazas un ano máis porque sen elas nin eles, non sería posible xestionar todos os recursos que temos neste recuncho tan especial!

Adiante vídeo!



miércoles, 20 de septiembre de 2023

Arrancamos en 3, 2, 1...

 Benvidas e benvidos a un nove curso cheo de sorpresas e páxinas por descubrir!

En breve a nosa biblio e Lerín estarán encantados de recivirvos!



Iremos descubrindo máis cada día...ATENT@S!!!!!

 

BIBLIOBALIÑO de CEIP Monte Baliño

miércoles, 28 de octubre de 2020

24 de Outubro. Día das bibliotecas

 Así, seguindo coa temática do noso proxecto de centro, a nosa biblio transformouse nun lugar cheo de pistas que seguir, libros que atopar, títulos que recolectar, para chegar ao final do xogo, colaborando e traballando en equipo, sempre seguindo as normas de hixiene, evitando tocar os libros, con encargad@s para cada labor...aínda así, pasámolo xenial!

Celebramos, un ano máis, un día tan especial como o 24 de Outubro, lembrando a sorte que temos de contar con esta biblio chea de vida!




domingo, 25 de octubre de 2020

Día das bibliotecas

 Hoxe 24 de outubro celébrase o "Día das bibliotecas", e nós non podemos estar máis orgullosos e orgullosas da nosa Biblio Baliño, onde atopamos sempre unha chea de libros e hitorias, de xogos e de recunchos creativos, onde se atopan os nosos xornais e revistas, e onde pasamos sempre moi bos momentos grazas as actividades e visitas que enchen as súas paredes.

Este ano é un pouquiño máis complicado realizar  moitas das actividades e xogos que sempre se facían, pero pouco a pouco imos adaptándonos aos novos tempos, e imos plantexando varias tarefas que nos achegan ao mrabilloso mundo da literatura e da cultura. 

O mércores celebraremos este día tan especial, con un xogo de pistas por "Grupos de convivencia" baseada nas "Xeografías dos contos populares" posto que ese é o noso PDI de curso, sempre respectando as normas de hixiene e o protocolo da biblioteca, sen perder o obxectivo principal, coñecer e gozar da nosa Biblio Baliño.



sábado, 10 de octubre de 2020

ESTAMOS EN MARCHA!

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Comezamos a andadura das nosas lectura, por fin! Volta a mergullarnos nas lindas historias que nos brindan os libros!



Hoxe repartimos as nosas lecturas para este trimestre, grandes “Beste sellers” para cada curso, axeitado as súas preferencias e gustos, ademáis de que en cada un se esconden moitos aprendizaxes relacionadas coa amizade, o respecto, a curiosidade, a familia....



Lerín preparou para o alumnado uns marcapáxinas personalizables para utilizar nas nosas lecturas de aula, facendo uso dos mandalas que tantos nos gustan neste cole!



Tamén empezamos a encher o noso panel de novidades, imos con enerxía literaria!


viernes, 2 de octubre de 2020

FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

 Os nosos e as nosas Biblioaxudantes de quinto e sexto, fixeronnos esta curta tan especial, para explicarnos como debemos utilizar a biblioteca este novo curso!

Aqui vos deixamos a estes marabillosos actores e fantásticas actrices!





PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA

 Este ano, temos que ter moi presentes unhas cantas cousas para poder utilizar a Biblioteca e os espazos que nela hai.

Xa sabedes, moito coidadiño e asi gozaremos máis!

PROTOCOLO DA BIBLIOTECA CURSO 2020-2021

jueves, 1 de octubre de 2020

NOVOS CARNETS

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Xa fixemos entrega dos carnets ós novos alumnos e alumnas, ultimando detalles para que moi pronto poidamos empezar coa visita á biblio e o préstamo de libros, sempre tendo en conta as NORMAS DE HIXIENE!

Estade atentas e atentos que pronto desvelaremos máis novas!

Saudiños!



viernes, 18 de septiembre de 2020

BENVIDXS AO CURSO 2020-2021

 Benvidxs de novo, amiguiñas e amiguiños!!!!

Este curso tan curioso e especial que imos a comezar, estará cargado de novidades na nosa Biblio Baliño!

A nosa maquinaria xa está poñéndose en marcha para poder ter todo a punto e comzar canto antes co empréstito de libro e goce da nosa Biblio.

A primeira novidade que xa sabes, é que temos que vir ó cole co noso tapabocas, igual que Lerín!


Tamén preparamos unha serie de espazos moi importantes para poder seguir viaxando a través das historias que nos agardan nos libros...







Como xa sabedes tamén, este ano dividimos a nosa Biblio para aproveitar o seu espazo en dúas tarefas diferentes: estudo e biblioteca; de xeito que NUNCA se poderán utilizar ao mesmo tempo.

Pronto teremos máis novas, para explicarvos como funcionaremos este novo curso, sempre con moita hixiene, coidado e limpeza, e sen esquecer as nosas máscaras, e o máis importante: "Gozar da aventura de ler"

Saudiños!!!!

miércoles, 15 de enero de 2020

LERÍN

Remataron as vacacións, pero no cole agardaba unha sorpresa...
Algún duende ou fada deixou na nosa Biblio a Lerín, e viña cargado de agasallos, os NOVOS CARNETS de lectura!
É moi pillín e cada día aparece nunha parte nova da biblio, animaivos a vir a buscalo!!

jueves, 24 de octubre de 2019

Que é biblioteca?

Hoxe 24 de Outubro, celébrase o "Día da biblioteca", por iso durante a xornada de hoxe tivemos algunhas actividades relacionadas coa nosa BIBLIO-BALIÑO!
Queredes ver que é para nós a biblioteca?



miércoles, 23 de enero de 2019

Día do usuario da Biblioteca

Así de ben o pasamos celebrando o Día do usuario da Biblioteca.

Con esta especial "caza do tesouro" ás agochadas puidemos recordar como se emprega o Meiga, como se chama a etiqueta que lle poñemos na biblioteca aos libros, a CDU, os distintos recunchos que hai na nosa Biblioteca...

Pasámolo en grande!





jueves, 20 de diciembre de 2018

Amigo invisible


Nestas datas tan especiais cheas de ledicia, bos desexos e agasallos... Lanzamos dende a Biblioteca a proposta do "Amigo Invisble", onde cada un dos nenos e nenas da escola, deben recomendar un libro para o Nadal ao seu amigo Invisible.

Unha boa forma de coñecer un pouquiño máis da organización da Biblioteca e tamén aos nosos compañeiros.




🔖🔖 Novo sistema de organización 🔖🔖

Ás veces, non sempre é doado para os máis pequenos coñecer a orde alfabética para poder colocar o libro no lugar que lle corresponde. 

É por iso que, deseñamos estas tarxetas para poder facelo un pouquiño máis sinxelo ao poder clasificar os libros segundo o nivel de lectura (azul, vermello, verde e amarelo) e tamén pola inicial do autor/a do libro.










domingo, 9 de diciembre de 2018

🎄☃️Obradoiro Decoración Navideña ☃️🎄


Quen dixo que a Biblioteca era solo para a lectura?

Este ano queremos impulsar a Biblioteca como espazo creativo, onde pintaremos, crearemos manualidades, faremos papiroflexia, escribiremos....e todo aquelo que se nos ocurra!!



jueves, 22 de noviembre de 2018

📖📖 DÍA DA BIBLIOTECA 📖📖

O 24 de Outubro de 2018 celebramos o día da biblioteca no C.E.I.P. Monte Baliño.

Os de Infantil fixeron unha obra de teatro coas personaxes de diferentes contos.

Os nenos-as de 4º  narraron un conto mentres facían uns barquiños de papel.
O conto titulábase "O capitán pirata".
O
s nenos e a nena de 6º fixeron unha obra de teatro sobre dous xemelgos que se chamaba "Alex e Axel"

Os nenos-as de 5º e 6º gravamos unha recomendación lectora (BOOKTUBERS de Outubro) para ensinarlle aos nosos compañeiros.

Tamén organizamos o apadriñamento lector que consiste en que un maior se sente  cun pequeno na hora de ler para que mellore a súa lectura. E repartimos os carnets da  biblioteca aos nenos novos.

Editado por: Blanca González  e Rubén Pedrido. (5°EP)

Mochilas viaxeiras!

 As nosas mochilas viaxeiras xa comezaron a visitar as casas das crianzas do Monte Baliño! Cheas de sorpresas coma sempre! Van completiñas d...