miércoles, 20 de noviembre de 2024

Fomos de granxa!

 Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán!

Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeiro chegamos a granxa e recibíronos con moita ledicia!

Leváranos a ver as crias e as vaquiñas de sete meses, estivemos acariñando e vendo como lle daban de comer ós becerriños!

Despois leváronnos a onde as vaquiñas máis maiores e aquelas que estaban de parto, puidemos ver dous xatiños moi bonitos que acababan de nacer!

Ensináronos os silos e como limpan as "casiñas" das vacas, estivemos amoreando palla e divertíndonos!

A xente de Puluán deunos de almorzar leitiño rico, bica da casa e un queixo que..mmmmm, puxémonos as botas!

Logo estivemos visitando o lugar onde fan os queixos e explicáronnos todo o proceso!

Para rematar, depois de todo o que nos ensinar e nos deran de comer, ainda nos deron uns lápis chulísimos de agasallo!

Non podemos máis que dar as GRAZAS á familia de Puluán polo seu bo facer, por coidarnos tan ben e por ensinarnos tantas cousas do mundo da gandeiría e das vacas!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Club de lectura Lerín Lerán

 Arrancamos motores! Este venres repartimos as primeiras obras que se lerán no noso club de lectura, fixemos dous grupos diferentes, de tal ...