Mostrando entradas con la etiqueta 20 novembro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 20 novembro. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de noviembre de 2020

Dani e Iria






 O 20 de Novembro foi o día dos Dereitos d@s Nen@s, coma todos os días, @s nos@s cativ@s precisan do amor, coidados e alimentos que precisen, aínda que somos conscientes de que existen realidades nas que isto non existe...

Nós escollemos ese día tan especial para lembrarlle ó alumnado a importancia e privilexio dunha alimentación saudable e equilibrada, e tivemos uns excelentes “mestres de ceremonias” para isto, Dani e Iria.

A través do seu libro “Grandes receitas. O raposo Rufo”, no que ademáis de coñecer a Rufo, achéganos dunha forma moi divertida receitas para toda a familia, de doada elaboración e moi pero que moi saudables.

Despois analizamos diferentes productos en función da súa cantidade de azúcres e graxas, para pasar a analizar diferentes anuncios publicitarios, dun xeito crítico, sobre alimentos non moi saudables.

Por último cada quen realizou o seu “prato saudable personalizado”!

Foi unha actividade moi enriquecedora e divertida, coma sempre, que sorte temos de telos tan cerquiña, unha vez máis GRAZAS Iria e Dani!!!



martes, 20 de noviembre de 2018

👦👧20 N Día mundial da infancia👧👦

Como cada ano, o 20 de novembro celébrase o Día Universal do Nen@, un día para recordar non só is nosos Dereitos, tamén os nosos Deberes.
No día de hoxe, reflexionamos sobre as situacións dos nenos e nenas máis desfavorecidos.

Mochilas viaxeiras!

 As nosas mochilas viaxeiras xa comezaron a visitar as casas das crianzas do Monte Baliño! Cheas de sorpresas coma sempre! Van completiñas d...